MENÚ

Agrupamos aquí actividades divulgativas que tiveron lugar entre o ano 1983 no que se pon en marcha o Museo, ata o 2025 no que empeza a funcionar esta páxina web. Non pretendemos detallalas todas aquí, simplemente unha pequena mostra, e o que é máis importante; destacar o obxectivo social e de fomento da cultura e da indentidade desta comarca da Montaña de Lugo

Dende sempre, o Museo desenvolveu actividades con un marcado carácter social como as exposicións e ciclos de charlas sobre os
soutos de A Fonsagrada 1985-2024-2025 e as construcións populares (2002-2021), en colaboración co Servicio de Extensión Agraria e a Asociación de Gandeiros de A Fonsagrada. Tamén ca celebración de exposicións que, con unha media de tres anuais mostran aspectos agrarios, sociais ou artísticos como “A vaca e nós”,”O porco é un tesouro”,”O porco é un icono”, “Ferreiros de A Fonsagrada”, “A publicidade en galego”, unha ducia de artistas locais, demostracións de serrado tradicional…, etc. Máis abaixo pódense ver unha mostra de carteis de algunhas delas.

Estes obxectivos e estas actividades continuarán e a partir de agora, dende esta páxina, daremos puntualmente conta delas.

 

 

ANT. SEG.