Pestana «Novas»
Como o seu nome indica, nesta pestana iremos dando conta de todas as novas relacionadas co Museo, dende actividades que se organicen ata, noticias relacionadas, avisos ou comunicados, etc.
Quen somos as persoas responsables da páxina?... Como se elaboraron os contidos de cada un dos apartados?... Aquí respondemos a estas preguntas
| Tara Rego Niño | Responsable técnica | Tara da Fonsagrada |
| Isabel Fernández Fernández | Responsable de contidos | Isabel de Rieiro |
| Helena Arango Linares | Responsable de contidos | Helena de Eirexín |
| M. Trinidad Fernández Fernández | Responsable de contidos | Trini de Ferreirous |
| Laura Fernández López | Responsable de contidos | Laura de Vilagocende |
Como o seu nome indica, nesta pestana iremos dando conta de todas as novas relacionadas co Museo, dende actividades que se organicen ata, noticias relacionadas, avisos ou comunicados, etc.
Nesta pestana da páxina, Xoan Xosé Molina, o Presidente do Padroado e principal impulsor do Museo, escribe sobre as orixes, obxectivo, historia e actividade desenvolvida ao longo destes 32 anos de existencia.
Tamén se poderá consultar dende esta pestana o Histórico de actividades onde irá quedando unha breve reseña de todas as que se vaian facendo, así como o histórico de noticias de prensa referidas ao Museo.
Tamén figuran os datos de Administración e contidos que estás a ver e o plano do Museo, así como información sobre as vistas, horario, contacto, etc
Neste apartado informamos sobre a colección que hai exposta no Museo. Non pretendemos, nin é o obxecto desta páxina, facer unha enumeración e descrición exahustiva de todas as pezas. O que queremos é darlles ás persoas que nos visiten unha información básica de cada sección. Agás nas seccións de Prehistoria, Arquitectura popular e Arte contemporánea que, pola súa temática, están claramente diferenciadas do resto, o que facemos é poñer en contexto as pezas no momento en que eran utilizadas, a maior parte delas no século XX ata a década dos 70. Somos conscientes do cambio social que houbo a partir desa década e do caudal enorme de saberes dos nosos antepasados que corre o risco de desaparecer por mor dese cambio. Desde aquí queremos facer a nosa humilde contribución para que iso non suceda.
Para iso tiramos, sobre todo, do fío da nosa memoria e da de persoas achegadas que nos contaron e/ou revisaron o que escribimos. A excepción son aquelas seccións, como a do liño, onde non queda xente viva que nos puidese contar e nas que recorremos á bibliografía. Nós falamos, sobre todo, das cousas como as recordamos nos lugares onde nos criamos, pero xa sabemos da fraxilidade e parcialidade da memoria. Seguramente haberá fonsagradinos/as que nos lean e que recorden outras cousas e outros detalles. Convidámolas a facernos chegar os seus recordos a través do correo electrónico que figura na pestana “Participa” desta mesma páxina.
Este é un espazo para artigos sobre temas concretos relacionados coa historia, tanto social como natural desta comarca, tratados dunha maneira máis extensa que a dos artigos habituais da páxina. Neste caso, vai exposta unha breve introdución e o artigo vai anexo en formato pdf.
O autoría pode ser de algunha das responsables da páxina, pero na maioría dos casos será de persoas colaboradoras, como o Catedrático de historia moderna, orixinario de Freixo, Pegerto Saavedra.
As fontes de información neste caso poden ser á investigación, como no caso de Pegerto, a consulta bibliográfica e webgráfica ou, cando se trata de acontecementos que tiveron lugar ao longo do século XX dos que non hai aínda investigación profunda, a fonte principal son as recollidas orais da memoria das persoas que viviron nesa época.
Esta pestana dá acceso a outras tres:
A fala, onde contamos coa colaboración de Antón Santamarina, Catedrático de Filoloxía, orixinario de San Martín de Suarna, que diserta sobre as particularidades da fala da Fonsagrada. Tamén se explica o proxecto de recollida de palabras que comezou no IESP Fontem Albei e que continuará dende esta páxina, onde se expón o arquivo de palabras en risco. Dende aquí abrímonos á colaboración cidadá non só para continuar a recollida de palabras, senón tamén de contos, lendas, rfráns, ditames, adiviñas…
A música e o baile, onde contamos tamén coa colaboración de persoas expertas en música e baile tradicional que nos dan a súa visión das particularidades destas dúas artes na Fonsagrada así como de persoas que fixeron recollidas musicais nos anos 70, 80 e 90 do pasado século. Tamén abrimos un arquivo de personaxes singulares relacionados coa música que, como o de palabras en risco, se irá completando pouco a pouco coa colaboración cidadá. Colaboración que solicitamos tamén para a elaboración de un arquivo de coplas ou cántigas, pezas musicais e de baile.
As celebracións: aquí volvemos tirar do fío da nosa memoria e da de persoas que se prestaron a compartir os seus recordos para contar como eran esas celebracións tan frecuentes nun territorio tan habitado e tan afeito a vivir en colectivo como era a Fonsagrada dos primeiros 70 anos do século XX.
Cando botamos a ollada para atrás, vemos que en moitos casos era moi difícil separar o traballo da celebración. Sempre que se xuntase xente e o esforzo da tarefa non o impedise, celebrábase. E se o esforzo o impedía, a festa viña despois. Tamén había espazo para a socialización por moito apuro que se tivese. Sempre facían tempo para parárense a falar cun veciño ou veciña, para contaren un conto, faceren unha broma, preguntar polas persoas vellas e enfermas da familia… e visitalas. A vida facíase en colectivo.
Referímonos neste capítulo a eses días nos que se rompe a rutina diaria e a xente se xunta para o traballo e a celebración colectiva, ou ás veces única e exclusivamente para a celebración. Moitas veces van asociadas á música con instrumentistas e baile e cantos, pero tamén aos contos, risos e xogos… E ás veces tamén había celebracións lutuosas. Os velorios e enterros congregaban moita xente e tiñan a súa dinámica particular.
Esta pestana é específica para a colaboración cidadá da que falmos no caso anterior.
Ademais da recollida de palabras en risco, lendas, refráns, coplas, pezas musicais, datos biográficos de personaxes singulares, etc, dende aquí poderás facerte socio/a ou mandarnos a información para a páxina que consideres a través do noso correo electrónico.