No seguinte gráfico podes ver a evolución histórica da Proba de Burón explicada polo miudo no texto de Pegerto Saavedra. Se te animas a lelo descubrirás que comparado coa Idade Media, os impostos hoxe en día poden parecer unha carga levadeira.
A casa de Altamira e a Proba de Burón
A historia deste concello está marcada, como a de tantos lugares, polo dominio de reis e nobres, pero tamén é unha historia de resistencia do pobo frente aos abusos de poder, ademais de un longo percorrido de desenvolvemento e progreso, onde a agricultura e o comercio terán un protagonismo destacado.
A historia do concello
Corría o ano 1255 cando a Proba de Burón foi declarada cabeza de concello polo rei Alfonso X o sábio, pero pouco máis dun século máis tarde, deixa de ser territorio reguengo (real) e pasa a estar baixo o dominio sucesivo de diferentes señores da nobreza, ata que en 1464 pasa a D Pedro Osorio, casado con Dna Urraca de Moscoso da casa de Altamira. Os Buroneses rexeitan este dominio e loitan por volver ser territorio reguengo.
O enfrontamento cos Buroneses resólvese coa sentenza an favor da casa de Altamira e, aínda que houbo outros intentos de acabar con ese domino, este seguirá ata o decreto de abolición dos señoríos de 1811. No 1834, grazas á puxanza económica da Fonsagrada por mor das súas feiras, esta pasará a ser capital do concello.
O territorio actual queda configurado trala perda en 1965 da Parroquia dos Vaos que pasa a pertencer á Ribeira de Piquín. Previamente xa perdera Negueira de Muñiz (1925) e varias parroquias que pasaran á Ribeira en 1935.
Todo isto explícao detalladamente Pegerto Saavedra no artigo que podes descargar premendo no botón situado máis abaixo.


Autoría:
Dos textos:
-Da introdución: Responsables da páxina
-Do artigo anexo: Pegerto Saavedra
Das fotos: Alejandro Ocampo, Laura Fernández