Para sermos donos do noso presente, é preciso coñecer de onde vimos.
Pegerto Saavedra contanos neste traballo a evolución da poboación do noso territorio, cando houbo un número máis elevado de habitantes e cales son as causas do despoboamento paulatino. Sorprende ver que fomos un dos concellos con máis habitantes de Galicia.
Tamén nos fala das actividades económicas nas que se fundamentou a supervivencia da nosa xente. Esas actividades, normalmente pertencen ao sector primario: agricultura, gandería e minería, sen desdeñar o papel que desenvolveu o comercio.
Se queres saber máis pulsa no botón de aquí abaixo:





