A comezos do século XVI a Fonsagrada era unha parroquia pequena ocupada por unha ducia e media de veciños (casas, non habitantes totais). A casa de Altamira, que Administra o Concello de Burón durante máis de 300 anos, mantivo a capitalidade na Proba e, aínda que houbo algún intento dos Buroneses de rebelarse contra os Condes de Altamira e trasladar a capitalidade á Fonsagrada, isto non ocorre ata o ano 1834.
As feiras tiveron moito que ver co traslado da capitalidade. A principios do século XVIII eran coñecidas por toda Galicia, Asturias e León e, dende ese século o comercio convírtese no gran dinamizador económico da Fonsagrada. Ao ser declarada capital do municipio, pasa a ser tamén centro de servizos e a poboación aumenta, chegando a 769 habitantes en 1888. Na segunda metade do século XIX convértese na vila máis importante da montaña luguesa e arredores.
Se queres saber máis detalles sobre isto, descarga o artigo de Pegerto Saavedra.
