Os sucesos do Acevo
Na noite do 29 ao 30 de outubro de 1937 un grupo de integrantes do Batallón Galicia que tentaba volver á súa terra trala caída do frente de Asturias, pedíu pousada no Acevo. Os mesmos donos da casa que lles deron pousada denunciáronos aos falanxistas da Fonsagrada, que mataron alí mesmo á maioría deles. Algúns conseguiron escapar, entre eles o Comandante Moreno, pero detivérono aos poucos días e volveron traelo ao Acevo, onde o torturaron e asasinaron. Preto de alí, foron enterrados nunha fosa común. Outros dous foron detidos e executados na Fonsagrada.
Desa fosa foron exhumados en 2007 e 2008, pola ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e persoas voluntarias da zona, 13 corpos que foron enterrados no cemiterio da Fonsagrada, onde unha lápida os recorda. Deles 7 foron identificados polas familias, pero os outros 6 permanecen aínda sen identificar.
No lugar do Acevo construíuse un memorial na súa honra que nos serve de recordatorio de algo que nunca debeu ocorrer e nos axuda a conxurar para que nunca máis ocorra.
A profesora da Universidade de Oviedo Noelia Bueno Gómez, orixinaria da Fonsagrada e o profesor Salvador Beato Bergua, fan este traballo de investigación que, por iniciativa do Museo, se presenta como exposición na Fonsagrada no ano 2024. Nesta exposición preséntannos diferentes versións das coplas, explícanas e relatas as indagacións ata chegar ao 1º autor das mesmas, que non se pode dicir que sexa autor exclusivo, porque a transmisión oral trae consigo a autoría colectiva. Ao mesmo tempo que explican os feitos, invítannos á reflexión sobre a importancia da recuperación da nosa memoria democrática.
Preme no botón para ver o traballo.
