O ferro na Fonsagrada
Historicamente en Galicia, e máis concretaménte na parte oriental, déronse as condicións necesarias para o desenvolvemento dunha siderurxia pre industrial (mineral de ferro, combustible, vento e auga) que foi evolucionado desde as primeiras ferrerías de monte ás grandes ferrerías hidráulicas.
Pobos como a Fornaza e o Vilar da Cuíña están asociados na nosa memoria a minería. Hai oficios que resultan familiares para a maioría da xente: ferreiro, carreteiro, arrieiro, pero sabemos pouco do que foi o traballo dos ferróns ou dos venaqueiros. A Ferrería do Vilar da Cuíña tamén nos evoca un pasado non tan lonxano.
Seguramente coñecemos algún ferreiro que sigue creando artesanía e patrimonio. Temos o Mazo da Porteliña, as forxas e tantas outras pegadas que nos desvelan o pasado do ferro na Fonsagrada, pero se queres saber máis desta apaixoante historia do noso territorio podes ler o texto, de M, Trinidad Fernández, que achegamos premendo no botón.

