Co obxectivo de modernizar a súa presenza en liña e facilitar o acceso ao seu patrimonio, o Museo da Fonsagrada presenta a súa nova imaxe dixital. A renovación inclúe unha identidade gráfica contemporánea baseada en formas sinxelas inspiradas en elementos emblemáticos da comarca —como a mamoa, o hórreo e a roda de carro—, así como unha páxina web máis clara, navegable e adaptada a todos os dispositivos.
O novo sitio web permite acceder á colección, consultar contidos audiovisuais sobre o patrimonio inmaterial, coñecer a historia do museo e participar activamente mediante formularios abertos de recollida de memoria. Tamén incorpora seccións dinámicas de novas, axenda e actividades.
Con este cambio, o museo dá un paso máis no seu compromiso coa divulgación do patrimonio da Fonsagrada e da súa contorna.
