MENÚ

A casa Dabade de Arroxo

A esta casa Dabade(Casa do abade) de Arroxo, A Fonsagrada (Lugo) venlle o nome de cando viviu nela un cura que fora castigado a desterro polas señoras do Pazo de San Martín de Arroxo.

As señoras tíñano avisado de que non empezase a misar antes de chegaren elas á igrexa. Pero un día, parece que o retraso das mulleres era moito e o cura empezou a misa sen elas. O atrevemento valeulle irse vivir a » onde non oíse can ladrar, gato miar ou galo cantar». Ou sexa, á casa Dabade.

Fonte: Galicia encantada (https://galiciaencantada.com)

 

Lenda da morte do cura de Arroxo

Contan que unha das prebendas que tiña a fidalguía do Pazo de San Martín de Arroxo  era que ata que non chegaban á igrexa, o cura non podía empezar a dicir misa.

Pero un día, vendo que a dona do pazo tardaba en chegar, o cura empezou a misa. Nunca tal fixera!… No momento no que a fidalga entrou na igrexa e viu que a misa empezara, volveuse e ordenou a un dos seus gardas que lle disparase. O garda obedeceu e o cura caeu morto alí mesmo.

Recollida de Generosa López, “Generosa do Rego” do Vilarón

ANT. SEG.