MENÚ

Unha señora mui aseñorada
cun traxe cheo de mendos
sen ningunha puntada

(A pita)

 

Unha señora mui aseñorada
que sempre vai en coche
e sempre vai mollada

( A língua)

 

Alto me vexo no meu lugarexo
Véxote vir e non podo fuxir

(Os ourizos que ven vir a vara de varexar)

 

Que cousa é que cabe nun puño
e non cabe nun hórreo?

(A vara de varexar)

ANT. SEG.