MENÚ

Arquivo de palabras en risco

Palabra
Significado
Exemplo
Concello
Parroquia
Lugar
Abaladoira

Acción molesta de abalar.

Para con esa abaladoira que o vas tirar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abalar

Mover algo sen desprazalo do sitio.

Hai que abalar o neno para que durma.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abalingar

Sacudir un obxecto ou empuxar repetidamente a unha persoa.

Para espertar ao home abalingueino.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Abalocada

Que tiña balocos, pequenos agregados ou grumos.

Esta fariña non vale, está abalocada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Abarinto

Barullo grande.

Para iso non facía falta tanto abarinto!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abatanar

Amazocar, endurecer a teas de la. Ruído de portas ou ventás mazando co aire.

Pecha esa porta, que non para de abatanar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abeirar

Protexer dos rigores do tempo (chuvia), dun perigo etc.

Abéirame co teu paraugas que chove moito.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Abeiro

Cuberto, pendello, cabano.

Fixo un abeiro para a leña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abellar

Dise cando as abellas están moi activas ou, en xeral, cando os insectos nos molestan.

Oa mosquitos non paran de abellar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abentestate

Ter as cousas en estado de abandono

Os veciños levaban tempo sen velo e tiña as cousas abentestate.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Abesourar

Insistir moito en algo, poñéndose pesado.

Para de abesourar, xa che dixen que non ía facer iso!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aboiar

Facer que avancen as vacas xoncidas, coa aguillada e con voces de ánimo.

Hai que aboiar as vacas senón non saímos do paso.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abondar

Chegar, ser ou ter bastante, suficiente.

Abonda, non me botes máis!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abondo

Bastante. Suficiente.

Teño abondos traxes, non quero máis.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abordelar

Poñer unha parella de vacas a maiores para tirar polo carro.

Nesta costa sempre hai que abordelar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Abracar

Berro das vacas cando teñen medo.

Algo pasa na corte, a Marela está abracando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aburrueirar

Queimar en montóns (burrueiras) os terróns de herba que se arrancaban ao cavar no monte.

Despois de cavar hai que aburrueirar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Abutullar

Aparecer os butullos da flor.

Empezan a abutullar os mazaneiros.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acamelar

Colocar obxectos por parellas, medias, carpíns etc.

Leva toda a mañá acamelando carpíns!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acanigarse

Balancearse ou moverse compasadamente, por exemplo nun asento colgado dunha cana por unha corda.

Os nenos estaban acanigándose na figueira.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Acanillar

Beber á espita.

Non me gusta beber pola bota porque hai que acanillar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acantaciar

Tirar pedras ou obxectos contra unha persoa ou animal.

Acantaciouno o veciño cando lle foi roubar peras.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Acebolado (ser)

Ser achaparrado, pequeno e gordecho.

Fulano é acebolado, non foi de moitas medras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acernar

Facer unha ferida no toro dunha árbore que dará lugar a unha cicatriz.

Non vaias acernar o castiñeiro!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Achaiar

Levar algo de un sitio costo para un chan ou para aplanar un terreo.

Achaiei herba toda a mañá.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Achegar (os cultivos)

Traballar a terra dun cultivo, achegándoa ás plantas, cando son pequenas, co arado (tirado por un burro).

Xa están nacidas as patacas. Hai que achegalas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Acheite

Neno pequeno.

Ninguén deste centro é un acheite.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Achizo

Neno ou nena pequena e traste.

Esa nena é un achizo, non para de facer trasnadas.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Acicalar

Preparar algo ou prepararse, coidadosamente.

Non te acicales tanto que non te vai ver ninguén.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acigarrado (tar)

Dise das follas enroscadas de forma tubular pola seca.

Con esta seca, as follas das cerdeiras quedaron acigarradas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acigarrar

Envolverse as follas das plantas para reducir a evaporación en situacións de seca.

Xa está acigarrado o millo, se non chove perderase todo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aciriscar

Facer que saia un líquido con forza, por un burato estreito, do lugar onde está contido.

Eu acirisquei auga ao can.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Acocorar

Voz de cochos, bestas..., como de chamada de atención

A cocha non para de acocorar, hai un rancho atalado na cancela.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aconsellarse

Pedir consello, asesoramento a alguén.

Non sei que facer, voume aconsellar contigo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acontecer

Suceder algo.

Aconteceume un caso moi curioso.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Acoquinarse

Encuruxarse, encollerse xuntando os membros do corpo para protexerse do frío, esconderse.

Co frío que ía, Amancio acoquinouse dentro daqueles soportais.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acorripar

Meter os ourizos na corripa. Xenericamente, ás veces, acurrullar algo.

Despois de varexar e apañar hai que acorripar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acortellar

Arrecunchar a unha persoa ou animal. Meter no cortello.

O xato saíu saltando, menos mal que conseguimos acortellalo nunha esquina e volvelo para a corte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acovardar

Perder a coraxe ou o ánimo para realizar algo.

Onte o porteiro da discoteca acovardou ao grupo de pequenos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Acubilarse

Meterse no cubil (os cochos, algún animal silvestre). Tamén ás veces, recollerse, acurrucarse para durmir

Os cochos xa se acubilaron, non lles dou a cea.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Acurrullar

Xuntar algo, concentralo nun pequeno espazo

Estanse acurrullando as ovellas, vén o lobo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Adival

Corda para atar a carga que se leva nos carros.

Rompeu o adival e caeu todo o que había no carro.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Adrales

Partes laterais do carro e dos remolques, e, nalgúns, tamén a parte traseira.

Rebentou o pasador do adral dereito do remolque e caeron todas as alpacas.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Afisoirar

Facer algo cunha rapidez excesiva, atropeladamente.

Tanto afisoirar, acabará facendo algo mal...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Afugueirar

Facer moito lume, excesivo. Facer algo a un ritmo moi excesivo.

Non fai falta afugueirar tanto, aínda che ha marchar o lume.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Afuracar

Facer un furado.

Vou afuracar o prado.

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Agamado/a (tar)

Estar aplanado algo, moi igualado.

A tronada de onte deixou o trigo ben agamado. Non estará doado de segar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Agamar

Aplanar, alisar de forma regular, mui igualado.

A ver se me podes agamar algo o pelo, sempre vai de punta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Agarrarse

Pelexarse.

Agarráronse a Marela e a Pinta no prado. Hai que ter coidado con elas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Agarrucha

Ferro curvado cun furado para poñerlle un mango largo.

Collín a agarrucha para subir ao castiñeiro e varear as castañas.

A fonsagrada

A Allonca

O Relaio

Agora vella non chores

Expresión para dicirlle a alguén que xa é demasiado tarde, que non serve de nada lamentarse.

Xa che dixen o que ía pasar, agora vella non chores.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Agorrobellado (tar)

Persoa, animal ou planta que non ten as medras normais.

Este xato está agorrobellado, estará ben?

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aguantar

Apurar. Facer rápido unha tarefa.

Aguanta moito a segar.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Agucioso (estar)

Estar facendo algo con moita atención, concentración.

Non te quería molestar....estabas tan agucioso!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aguillada

Vara cunha punta afiada para afalar as vacas.

Pasa vaca ou non ves a aguillada!

A Fonsagrada

Pacios

Mourisco

Aguixar

Acción de escarvar cunha vara ou obxecto punzante.

Vou aguixar na terra.

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Agulletos

Os furados para os cordóns dos zapatos.

Mete os amallois polos agulletos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aixada

Ferramenta de labranza que consta dunha prancha de ferro, máis ancha na punta e máis estreita na base, con un mango ou rabizo.

Colleu a aixada para ir cavar ao monte.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Alampar

Acción de arder rápido a leña.

Non abras o tiro, que a leña alampa e non quenta.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Alasar

Respirar de forma axitada e entrecortada por causa da fatiga, da calor ou dunha emoción.

O can chegou alasando despois da carreira.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Albeite

Persoa que cura as enfermidades do gando sen ter o título de veterinario.

Ramón é o albeite da Fonsagrada, sabe como curar o gando de calquera enfermidade.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Aldo

Gran cantidade de insectos formando como unha pequena nubre arredor de algo. Especialmente abellas

Hai moito aldo, debe ser un enxame!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Alfaias

Nome que se lle dá aos utensilios da cociña.

Pon a mesa e non te esquezas das alfaias!

A Fonsagrada

Paradavella

Chaín

Alfaremes

Pertenzas ou cousa sen valor que, habitualmente, se levaban colgando.

Colle os alfaremes que marchamos!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Alferga

Punteira metálica para empuxar a agulla ao coser.

A auga que caeu cabe nunha alferga. Esta é unha expresión que se usa cando choveu pouco e hai escaseza de auga.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Alfúfaro

Persoa ou animal alegre, contento, vivaz.

Ese home está moi alfúfaro, ten remedio para todo.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Algariar

Andar dun sitio para outro.

Quen anda algariando na rúa?

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Algueiro

Corpo estraño que se che mete nun ollo. Argueiro.

Estiven na herba seca e metéuseme un algueiro nun ollo.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Alindar

Levar as vacas pacer polo lindeiro, ou sexa, polas beiras do cultivo.

Vou alindar as vacas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Alindar o cabrito

Marchar enfadado.

Onde vai o neno? Rifeille e marchou alindar o cabrito ao cuarto.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Almada

Almofada.

Dáme unha almada que vou facer a cama.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Almanaque

Folla ou caderno que recolle os días do ano agrupados por meses. Calendario.

Mira no almanaque a ver que día é.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Veiga de Arroxo

Almotruada

Vurullo informe de algo que transportas.

A onde irás con esa almotruada!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Alombar

Deformar ou deformarse algo en curva.

Esa táboa está alombada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Alorias

Leria, lendias. Afirmacións pouco serias.

Non me veñas con alorias que non che creo nada do que dis.

Grandas de Salime

Grandas

Robledo

Aloumiñar

Tratar con cariño ou afago a alguén para producirlle agrado. Acariñar.

Cando te aloumiña dese xeito é que algo quere.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Aluxar

Aparecer algunha clarencia cando o ceo está moi anubrado.

Que pezurga! A ver se aluxa algo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amadeixar

Facer madeixas.

Despois de fiar hai que amadeixar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amallois

Cordóns para amarrar os zapatos.

Ata os amallois que vas caer.

Navia de Suarna

Mosteiro

Signada

Amallolos

Corda utilizada para amarrar os zapatos.

Amarra os amallolos, que vas caer!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Amañar

Preparar ou solucionar unha cousa.

Teño que amañar o coche.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Amaragollar

Facer algo de calquera xeito

Meteu a roupa no armario toda amaragollada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amaragullar

Facer algo atropeladamente e sen coidado.

Amaragullachs todo e quedou feito un espantallo.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Amarguras (ter)

Ter ardores de estómago.

Non me sentou ben o cocido, teño amarguras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amaroufar

Acto de abrigarse, especialmente na zona do pescozo.

Amaróufate ben para saír á neve.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Mazaeda

Amarrallo

Cordón de atar os zapatos ou outro calzado.

Ata ben os amarrallos que vas caer

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amarrar

Suxeitar algo ou a alguén cunha corda.

Amarra o burro á estaca.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Amatigado

Estar escondido na maleza. Aplícase aos bichos do monte.

Saíunos un xabaril que estaba amatigado á beira do camiño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amecedallo

É un engadido en tea, arquitectura etc.

Ese amecedallo que lle puxeches á saia píntalle moi ben!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amecer

Engadir unha cousa a outra para que aumente o tamaño.

Miña nai ameceulle auga á masa para que non estivese tan dura.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Amedigar

Medir algo

Hai que amedigar a mesa para comprar o mantel.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ameter

Aumentar o caudal de algo, non dun río ou regueiro. Aplícase especialmente ás fontes cando se enchen os acuíferos que as nutren.

Ten que chover máis para que ametan as fontes.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amodín

Engorde e con coidado.

Vaite amodín que te vas mancar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Amolar

Facerlle o fío a [unha ferramenta]. / Causar molestia ou fastío. / Sufrir molestia ou fastío.

Amolou os fouciños na moa. / Amólame ter que marchar cedo. / Agora que se amole, non merece outra cousa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Amolecer

Abrandar. En sentido figurado: dar un baixón en saúde, flexibilizar o carácter....

De novo tiña moito carácter, pero de vello amoleceu.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amomiado

Estar algo pasmado.

Esperta! ou estás amomiado!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amontuar

Amorear algo de calquera xeito, sen forma precisa.

Está amontuando as canas para poder queimalas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amorear

Facer moreas de herba seca no prado para que non se molle antes de facer a palleira na casa.

Acabei de amorear e empezou a chover.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amorgallar

Estragar ou abrandar unha cousa ao apalpala, sobala ou apertala coa man.

Non amorgalles as peras.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Amorodos

Froito das amorodeiras. Froito pequeno e vermello. Morotes.

Este ano os amorodos viñeron moi cedo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amorriñado

Dise de alguén que está baixo de ánimo.

Mario anda amorriñado desde que o deixou a moza.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amortoriado

Estar moi apagado (persoa ou animal).

Debeulle pasar algo, está moi amortoirado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Amosar

Pór [algo] de xeito que alguén o poida ver / Facer patente, deixar ver [algo abstracto].

Amosounos a casa. / Ten amosado a súa intelixencia.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Amozcado

Cando lle falta un pedazo a algo, xa sexa alimento ou non.

Esta maza está amozcada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Amozcar

Quitar un cacho, ás castañas antes de asalas por exemplo, para que non estoupen.

Hai que amozcar as castañas antes de asalas, para que non rebenten.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Andancia

Algo que se vai estendendo, ten connotacións negativas. Epidemia, contaxio.

Este ano hai andancia de gripe A.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Andolía

Paxaro migrante presente nos meses de primavera e verán.

Coa chegada da primavera están a vir as andolías.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Andoliar

Ir dun lado a outro, sen xeito nin obxectivo

Para xa de andoliar e asenta a cabeza!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Angarellas

Armazón de madeira que se lle poñía aos animais de carga ou de tiro, coma os burros ou as mulas, para transportar herba ou outra carga.

Ponlle as angarellas á burra que imos cargar a herba.

A Fonsagrada

Fonfría

Maderne

Angazo

Ferramenta de labranza, normalmente de madeira, como un gran peite de madeira con mango ou rabizo

Colleu o angazo para xuntar os restos de herba que quedaban no prado.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Angorde

Amodo

Vaite angorde, non te vaias mancar.

A Fonsagrada

Fonfría

Veiga de Arroxo

Angorde (ir)

Ir amodo e con coidado.

Vaite angorde por aí.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Aniar

Facer o niño, (as aves).

Viñeron as anduriñas aniar á corte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Anoutar

Caer a noite sen darse conta.

Anoitei segando na herba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Anoxar

Collerlle noxo a algo. Aplícase ao abandono do niño por un paxaro cando alguén o manipulou.

Anoxoume o olor das cabras.

A Fonsagrada

Monteseiro

Monteseiro

Ansia (ter/dar)

Ter preocupación por algo ou ter gana de facer algo.

Ten moita ansia por chegar á casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Antaruxa

Meiga.

Á noite saen as antaruxas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Antoxar

Desexar algo con intensidade.

Antoxóuselle comer figos en xaneiro...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Antoxo

Desexo non razoable e pasaxeiro por unha cousa innecesaria ou extravagante.

Teño antollos dunha tableta de chocolate e comela enteira!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Anubratado (estar o ceo)

Dise do ceo cando non está totalmente cuberto, con nubes pequenas, brancas e altas.

Co bo día que estaba e xa se vai anubratando!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Anuoutarse

Dicíase das ovellas, cando, ao escurecer, non querían andar.

Hai que choer cedo as ovellas, senón anoutanse e non hai quen as traia para a casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Anxomiada

Obra ou proxecto sen xeito. Enxamiada.

Xa vés coas túas anxomiadas!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Anxonia

Dito ou feito sen importancia, sen valor.

Anda sempre con anxonias na cabeza.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Aollo (Ter)

Presentir que algo bo vai ocorrer ou desexar que algo bo ocorra.

Teño aollo de que os reis me van traer algo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Apaiolado

Dise da persoa que queda parva, que non reacciona.

Quedou apaiolado logo de lle daren a noticia.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Apalluzado

Estar algo pasmado.

Esperta!...ou estás apazullado!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apalominado (tar)

Estar en Babia. Con moito despiste.

Non se pode con el, está apalominado!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apalpadas (ás)

Andar ás escuras.

Non hai luz, terás que andar pola casa ás apalpadas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Aparar

Aplícase especialmente aos ósos, raspar, deixar sen carne

Ese óso vai ben aparado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aparellar

Poñer os aparellos ás bestas. Con ironía: facer algo sen xeito.

Non se lle aparella cousa ao xeito, nunca tal se viu.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apaxinar

Abrigarse, achegar ben a roupa ou as mantas ao corpo para non coller frío

Apaxina as mantas da cama.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apazpallar

Aparvar coa calor.

Facía unha calor que apazpallaban os paxaros.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apazpallar (2)

Non entender o que di alguén.

Isidro, cando fala, apazpalla: non se lle entende o que di!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Apazugar

Quedarse quieto. Reducir o ritmo dun movemento. Acougar.

Este neno non apazuga, ten o azogue!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apedrar

Desperdiciar algo.

Os plátanos apedráronse por non comelos a tempo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Apelourido

Voces emitidas por un grupo de persoas en ton moi alto, todo embarullado.

Que apelourido, que estará pasando?

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apercibirse

Facerse con cousas; prepararse para algo.

Debemos apercibirnos de comida para a fin de semana.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Apinougado (tar)

Dise das pitas que están enfermas , tamén cando perden as plumas

As pitas están apinougando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apiteirado

Dise de algo que está distribuído como a manchas, a corros [cultivo, humidade, cor etc].

Os nabos naceron apiteirados. Corréuselle a cor e quedou todo apiteirado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apodrentar

Facer que algo podreza por contacto con algo podre.

Hai que tirar as mazás podres, senón apodrentan ás outras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apoñer

Enganchar a parella de tiro ao carro.

Vai apoñendo as vacas que é hora de volver para a casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aposiado

Terreo moi transitable e cómodo para cultivar

Esa leira querían traballala todos, era moi aposiada

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apreciar/se

Convidarse. Tratar ben alguén, ofrecéndolle comida ou bebida

Ímonos apreciar nesta taberna, teñen uns callos moi bos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Apreixar

Cinguir ou apertar algo cun arame, cinta, etc.

Apreixei as zocas para que non fendan.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apreixo

Cinta, corda,arame... utilizada para apreixar.

Con este apreixo, aguantará unha temporada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apurrir

Achegar algo a alguén para que o colla ou o coma. Se é animal, para que o coma.

Apúrrialle a herba á Marela que non está comendo nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Apuxar

Facer forza de xeito continuado, non por impulsos.

Apuxa a ver se podemos mover ese armario.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aquendar

Repartir as quendas de auga de rego entre os veciños.

Repartide as quendas da auga.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Arar unha leira a Toledo (ir)

Facer algo que non ten remedio.

Isto non ten volta atrás, fuches arar unha leira a Toledo

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arbellos

Legume verde, redonda e pequena.

Miña mai fixo pote de arbellos

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Arcuño

Forma de chamarlle a unha persoa, sen ser o seu nome propio nin ter relación con este. Alcume.

Chámase Pepe pero puxéronlle o arcuño de Lobeto porque era da casa do Lobo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Ardís

Astucia, maña.

Esa muller non ten ardís.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Louxas

Ardís/ ardises

Habilidades propias de cada un. (úsase especialmente en negativo).

Está aterecido, non ten ardises para nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ardixes

Habilidades, mañas.

Non tes ardixes de nada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arela (tar ca)

Desexar algo con moita intensidade

Estaba coa arela de vernos xuntos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Argabucio

Algo moi pequeno, argueiro. En sentido figurado persoa moi nova (neno/a).

Metéuseme un argabucio nun ollo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Argadel

Aparello de madeira para facer as madeixas de la.

Teño un argadel da miña avoa na casa.

A Fonsagrada

Maderne

Liñares de Maderne

Argallada

Algo de pouco proveito.

Todo argalladas! A ver cando fas algo de proveito!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Argallar

Facer cousas sen xeito. O xogar dos nenos manipulando obxectos.

Para que argallas tanto, se o fas non ten xeito ningún!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Argalleiro/a

Neno ao que lle gusta moito enredar. Persoa que fai as cousas con pouco xeito

Vaia argalleiro es! En vez de axudar aos teus pais na casa...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Argallu

Desprendemento de terra.

Un argallu cortou la carretera.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Argana

Filamento ríxido que se prolonga da casca do gran de trigo e doutros cereais. / Espiña de peixe.

Mancábanme as arganas por riba dos calcetíns. / Cravóuseme unha argana na gorxa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Argola

Aro metálico de tamaño, grosor e usos moi diversos.

Atou o burro a unha argola.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Argueiro

Corpo estraño que se che mete nun ollo (mouta de po ou outras cousas). En sentido figurado, dise de alguén moi pequeno.

Facía moito vento e metéuseme un argueiro no ollo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Aricar

Facer un rego non moi profundo cun arado.

Hai que aricar as patacas que teñen moita herba.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Armar

Preparar algo cun obxectivo concreto(cazar, recoller.....)

Armar o caldeiro á goteira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arna

Casca seca do castañeiro que se utilizaba como fachos, entre outros usos.

Gardábamos as arnas no faiado para dar aos camiñantes que nos pedían un facho.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arrabuñar

Rascar coas unllas, rabuñar.

O meu gato arrabuñoume.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arramplar

Levar todo o que se pode dunha cousa.

Arramplou con todos os libros da casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arrancadeira

Ultima ronda de consumicións, dise cando se vai marchar dun sitio.

Imos tomar a arrancadeira.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Arrapañar

Apañar os restos de algo procurando non deixar nada.

Arrapañou con toda a comida que quedaba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arrastro

Dise do que está tirado no chan.

Andaba arrastro polo souto apañando castañas.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Arrear

Carrexar.

Hai que arrear as patacas para a casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arrebolar

Lanzar algo.

Arrebolou unha pedra e deulle na testa.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Arreboullar

Dar voltas sobre si mesmo polo chan.

Os cochos arreboullábanse na lama.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Arreboullón

Desprazarte polo chan dando voltas co corpo, a rolos.

Vas caer pola costa a reboullón!

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

San Pedro de Neiro

Arrebullar

Facer rodar algo.

Arrebullou o feixe polo prado abaixo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arredar

Separar algo ou alguén á distancia conveniente.

Viña un coche moi rápido pola rúa e tiven que arredarme.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arreminarse

Decidir facer algo que pode ser perigoso. Armarse de valor.

Arreminouse a saltar en paracaídas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arremollar

Medrarlle o remollo a un animal cando vai parir porque ten moito leite. Pode usarse para as nubes de tormenta cando engordan moi axiña.

A Marela logo vai parir que arremollou moito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arrendar

Achegar a terra á planta.

Teño que poñerlle a grade ao cabalo para arrendar as patacas

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Arrendar (2)

Alugar

Arrendoulle a casa a un veciño

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arrepuxa Maripepa

Empuxar para que pase.

Arrepuxa Maripepa, ou non cargaras tanto

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Arrequicho

Levar a alguén ao lombo.

Pesas moito, non te levo ás carabeilolas, lévote arrequicho

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arrimarse algo

Botar unha sesta ou soneca.

Despois de comer gústalle arrimarse algo

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arriminarse

Atreverse a facer ou dicir algo que resulta difícil.

Arriminouse e díxolle que o deixaba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arringadoiro

Bambán, carriola. Baldón cruzado nun canceleiro ou nun carro. Cana baixa dunha árbore.

O Concello da Fonsagrada puxo uns novos arringadoiros para que as crianzas poidan bambearse.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arringar

Bambearse, carriolarse.

As crianzas están arringándose no canceleiro da horta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arrogañar

Morder.

O burro tiña tanta fame que arrogañaba as mazás do pumar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Arroiar

Acción de chover moito e sen parar.

Arroiou muito a choiva.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Arromendar

Imitar algo ou a alguén. Xeralmente para facer burla.

A Maruxa moito lle gusta arromendar á veciñanza da aldea...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arroutada

Arrebato. Axitación súbita e violenta do ánimo durante a que un perde o control de si mesmo.

Cada vez que lle dá unha arroutada a Manolo, ponse tan violento que non o recoñecemos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arrutiada

Impulso. Arrebato.

Deulle unha arrutiada e tirou os cacharros ao chan.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Arteiro (ser)

Ser habilidoso.

É moi arteiro facendo cestos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Artesa

Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, no que se amasa o pan.

Encargoulle unha artesa ao carpinteiro.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Artimañada

Trapallada. Cousa sen xeito que fixo alguén

Iso que fixeches é unha artimañada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Arto

Arbusto silvestre da familia das rosácea. Silva.

Estiven arrincando artos na beira da finca.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira/ Sanzo /Santa María

As dos cais

Rifar con moita agresividade, insultando.

Chamoulle as dos cais.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Asadura

Fígado do cocho.

Non me gusta nada a asadura.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Asapagueirado

Dise de alguén que posúe manchas irregulares na pel. Estampado a base de manchas irregulares.

Aquela muller é asapagueirada! Ten unhas manchas irregulares na pel...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aseñoriar

Tratar de vostede a unha persoa.

Sentín que me estaba aseñoriando dende que me chamou señor Adrián.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Asestado/a

Sazonada. Adubada.

Esta comida quedou ben asestada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Asinar

Facer unha marca na orella dun animal, especialmente unha ovella, para recoñecelo.

Estas ovellas asinadas son do noso rabaño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Asoballar

Facer a unha persoa sentirse inferior a outra.

Meu primo sempre me asoballa. É un asoballón.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Asoprar

Facer saír aire a presión pola boca, tendo os labios apertados e dirixilo cara a unha cousa.

Asópralle o lume que se vai apagar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Asouriar

Sufrir as plantas un forte estrés pola calor do sol ou aire moi seco e quente.

Con esta calor asourian todas as plantas que teño na solaina!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Astora

Arestora.

Astora non é tempo de podar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Asurriar

Cubrir total ou parcialmente un lugar de auga ou doutro líquido.

Choveu sobre o trigo e quedou asurriado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atabantar

Posibilidade de que a enfermidade leve a alguén por diante.

Desta, non sei se o atabantará.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atabasar

Pechar unha porta coa tabasa.

Hai que atabasar a porta antes de deitarse.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atafegar

Algo externo a nós que non nos deixa respirar.

Había tanto fume que atafegaba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atagallido

Situación na que se producen moitos sons que en conxunto xeran un ruído desagradable. Tamén ter moitas cousas para facer.

Os cochos estaban famentos, amañaban un atagallido que se escoitaba lonxe. Déixame traballar, que teño moito atagallido.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Atalar

Rodear un obxecto fráxil con outros, de maneira que non se mova.

Esa caixa contén louza, mira de atalala ben no maleteiro.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Atamañado

Axeitado/a. Do tamaño correcto.

As portas están ben atamañadas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Atanigadoira

Abanear provocando molestia

Para con esa atanigadoira!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atanigar

Abanear a alguén ou algo.

Deixa xa de atanigarme!

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Atanigar (2)

Sacudir un obxecto ou persoa.

Ataniguei o frasco para abrilo mellor.

A Fonsagrada

Sto André de Logares

A Graña de Chao de Fornos

Atapuxar

Facer forza, como a golpes.

Atapuxou a porta ata que caeu.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ateixar

Facer algo con moita ansia.

Hai que ver como Manolo ateixa no seu labor de gandeiro!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atenudo

Dise de alguén que realiza unha acción con moita dedicación.

Non tardará en rematar o traballo de xardinaría, está moi atenuda con el!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aterecer

Coller moito frío

Estou aterecida, acende o lume.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aterentar

Coller frío, non pola temperatura atmosférica senón por contacto ou inxestión.

Non bebas iso tan frío que te vai aterentar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aterrecer

Dar moita preguiza facer algo.

Aterrezo a madrugar no inverno.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

A Graña de Chao de Fornos

Aterrillar

Insistir moito para entraren ou saíren dalgún sitio.

Non paran de aterrillar na cancela, acabarán saíndo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atertelar

Quedar nalgún sitio apresado sen poder saír.

Pasei medo cando quedei atertelado entre as dúas paredes.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Atixo

Atadura que non está moi elaborada, de pouca calidade.

Que chafallada fixeches! Con este atixo que fixeches, non hai unha atadura segura...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atollado

Dise dun oco, unha abertura, un conduto que está atoado de trollo.

Da choiva que cae, están os canos atollados.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atollar

Quedar sepultado pola auga.

A tormenta foi tan forte que atollou os garavanzos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Atoutigar

Afiar algo.

Paco estaba atoutigando o coitelo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atoutiñar

Ir ás apalpadas.

Tivemos que ir atoutiñando dado que era noite pecha.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atouzar

Ladrar forte o can cando atopa unha presa que en vez de fuxir, enfróntase a el.

Os cans atouzaban cando atoparon os xabaríns

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Atrameixado (ser)

Atolondrado, trexugado, bruto que fai cousas sen xeito.

É un atrameixado!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atrancado

Dise de algo que impide o paso por un espazo.

Non podo entrar no baño! A porta está atrancada!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atrollar

Preparar para o cultivo un terreo bravo (baldío).

Imos atrollar no horto para botar as patacas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Atrousar

Acumularse algo facendo trousos, montóns.

O vento forte fixo atrousar a neve.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Atuar

Utilizar o tratamento de familiaridade con alguén.

Somos parentes, pódesme atuar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aturullado

Dise de alguén que está atordado, algo pasmado.

Quedou aturullado desde que tivo o accidente coa moto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aturuñado

Aterecido, encollido co frío ou coa timidez.

Chegou á casa aturuñado co frío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Augueiro

Abertura que se deixa no muro dun prado, por onde entra a auga da chuvia que recollen os camiños.

Houbo que desatoar os augueiros para que correse a auga.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Avantar

Andar irregular dunha persoa, normalmente por efecto da bebida.

Marchou da taberna avantando

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Avesío

Ladeira dun monte ao que lle dá pouco o sol. Ladeira norte.

Alí non se dan ben os hortos, é moi avesío.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Avezar

Acostumar.

Non hai que avezar o can a entrar na casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Aviarse

Vestirse, amañarse para saír da casa.

Avíate, que vas chegar tarde á escola!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Avilar

Traer o gando do monte para a corte.

Vai ser noite hai que ir avilando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Avolo

Avó. Pai do pai ou da nai de alguén.

Foi avolo de moi novo

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Ávrago

Aire moi quente, abrasador.

Este aire é ávrago! Non se respira, queima todo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Axada

Ferramenta de labranza que se utilizaba para cavar no monte para despois botar o centeo.

Fai falta forza para cavar no monte. Se non a tes non podes nin coa axada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Axina

Rápido. Axiña

Vai axina que temos pouco tempo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Axinetarse

Estar fatigado por un esforzo físico grande.

Chegou moi axinetada, veu correndo sen parar...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Axo!

Palabra (interxección) que acompaña a acción de abrigarse cando se sente frío.

Axo! Que frío vai!

Negueira de Muñiz

San Salvador de Negueira

Bustelo de Murias

Axola

Utensilio para manipular madeira e darlle forma.

Non hai bo carpinteiro sen axola.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Azarandar

Agarrar a alguén e movelo violentamente.

Amañouse unha pelexa porque Luis o azarandou.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Azoballar

Acción de desaproveitar algo bo, pisándoo ou derramándoo..

As vacas azoballaban a herba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Azocañar

Quitarlle un chisco a algo como se fose roído, non como un corte limpo.

Non deixes o pan todo azocañado, parece que o comeron os ratos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Azufrar

Esparexer un líquido cun pulverizador

Azufroume a colonia nun ollo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Bacañada

Cantidade pequena de comida.

Vaia bacañada de pan me puxeches!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Badana

Algo que descolga en onda no medio. A badana das vacas (dobre pel da parte inferior do pescozo).

Tes a bastilla descosida, vaia badana que fai.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Badanas

Referido a unha persoa que non lle gusta traballar.

Ponte a facer algo, badanas!

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Badiar

Ir dun lado a outro sen obxectivo ou rumbo.

Se che gustase traballar tanto como badiar...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Badoxa

Persoa de pouco sentido.

Es un badoxa!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Baixar o beixelo

Arrepentirse de algo.

Se queres beber nesa fonte, vas ter que baixar o beixelo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Baldón

Táboa sen traballar e irregular, con nós que se usaba nos canceleiros

Caeulle un baldón ao canceleiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Baldragas

Persoa que non traballa e que vai vestido de calquera maneira.

Estás feito un baldragas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Baloco

Bloque de terra que ao ser apertada moi mollada, ao enxugar queda duro e compacto.

Fun desfacer os balocos que quedaron ao labrar as patacas.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

A Pruida do Vale

Baluga

Peza case cilíndrica de manteiga.

Compra unha baluga de manteiga que se acabou.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bandallos

Trapos vellos que non serven para moito.

Dicía que tiña moita roupa, pero non eran máis que bandallos.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Bandexar

Mover a auga dentro dun recipiente que pode botar fóra.

Ten coidado, non te molles que vas bandexando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bandexuada

Certa cantidade de auga que, ao bandexar, cae dun recipiente ou se tira con intención.

Bótalle unha bandexuada á maseira, hai que lavala.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bandola

Pode referirse á armazón dun barco ou a persoa moi variable e de pouco asento.

Es un Bandola!

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Bandouga

Barriga. Ventre. Bandullo.

Vaia bandouga estou botando.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Bandougada

Acción de caer encima da barriga.

Caín e levei unha boa bandougada.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Banzado

Encoro. Masa de auga retida por un muro construído artificialmente.

Desfíxose o banzado do muíño.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Barandois (a)

Ir dando bandazos, basicamente un carro ou outro vehículo, por pedras ou fochancas.

O carro ía a barandois.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Barandón (a)

Facer algo, rápido e con pouco coidado

Non sei como vai, fíxeno a barandón!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Barazo

Corda delgada coa que se ata algo.

Atei o saco cun barazo.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Barbadela

Parte da cabeza que está entre a cara e o pescozo.

Ese home ten unha barbadela moi grande.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Barbarote

Parte da cara onde se xuntan os dous lados da mandíbula.

Din sen querer un golpe no barbarote.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende e Brancio

Barcal

Bebedoiro grande para o gando. Lavadoiro de roupa.

Están as vacas bebendo auga no barcal.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Barollas (ser un/unha)

Dise de quen fala muito, sen fundamento. Falabarato.

Non lle fagas caso, é un barollas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Barquín

Fol grande usado na forxa para avivar o lume.

Na ferraría hai un barquín.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Barrallar

Caer choiva miúda.

Cando estabamos comendo comezou a barrallar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Barrañada (unha)

Porcallada líquida.

O neno deixou unha barreñada no chan.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Barrancada

Masa de pedras, terra ou outros materiais, que se desprende da ladeira dunha montaña, monte, etc

Caeu unha barrancada para o camiño.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Barrila

Recipiente de barro que se usaba para a auga e que se enterraba na terra para que estivera fresca.

A pesar da calor, moi fresca estaba a auga da barrila.

A Fonsagrada

Suarna

Llencias

Barrolento

Que ten balor (mofo). Balorento.

As ferramentas están barrolentas pola humidade.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Barruzar

Chover, pero moi pouca cantidade e con pingas pequenas.

Está empezando a barruzar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Barulleiro

Persoa moi faladora.

Meu pai é un barulleiro, non cala un segundo!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Bastriado (tar)

Estar moi canso.

Hoxe non traballo máis, estou bastriado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bastriar

Mazar unha manta mollada para lavala. Chover moito e con moito aire.

Como bastrea! Dá medo saír.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Batalouza

Barullo intenso por abatanar, mover, tirar algo. Poden sumarse sons de animais ou persoas.

Non sei que estará pasando, vaia batalouza están armando...

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Batán

Artefacto hidráulico composto por un mazo e un cilindro arredor do que vai pasando a tea de la para endurecela e darlle resistencia á auga.

Oían o forte ruído do batán.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bataquiado

Movido con brusquidade

A estrada estaba moi mal, veño ben bataquiado da viaxe.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Batifundio

Barullo grande

Os nenos amañaban un batifundio que non se paraba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Baxado (ser)

Facer tarefas de pouca consideración e que non che corresponden

A xefa facía traballos dos empregados, era moi baxada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Baxase

Conxunto de follas atadas a un pau que se utiliza para limpar o forno ao cocer o pan.

O meu baxase rompeu onte cocendo pan.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Beixelo

Parte baixa da cara. Bico.

Hai que baixar o beixelo para beber nesa fonte.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Belardo

La que se obtén ao rapar unha ovella.

Trae un saco para meter este belardo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Beligo

Cicatriz arredondada que teñen os mamíferos no medio do ventre, como resto do cordón umbilical.

Teño cóxegas no beligo.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Belizcar

Apertar cos dedos unha porción de pel ou de carne

Deume un belizco e mancoume.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Ben deitar

Virme ben algo.

Ben deitei de ti para facer iso.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Ben e tamén

Forma de saudarse.

Ben e tamén, Avelino!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Berbesa

Pequeno fío dunha tea que se sae algo ao ser enganchado, quedando preso polos dous lados.

Enganchei nunha punta e saqueille unha berbesa ao xersei.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Besa

Verme que consume a carne podre.

Tira con esa carne que ten besa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Biligo

Cicatriz que queda no ventre como resto do cordón umbilical.

Ten o biligo algo avultado.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Biouteiro

Sabugueiro. Binteiro.

Facía xipros co biouteiro.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Birlo

Pau pequeno do xogo da billarda. Persoas que van moi tesas.

Vai coma un birlo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Birollo

Dise daquela persoa que non consigue dirixir á vez os ollos para un mesmo punto.

María é birolla, non sei para onde está mirando.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Bixaire

Prenda de vestir indefinida, excesivamente lixeira.

Como non vas ter frío con ese bixaire que levas?

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Blanquiato (un)

Algo branco, indefinido, lonxe.

Vexo un blanquiato aló lonxe.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bocañada

Comer un bocado de algo.

Vou darlle unha bocañada ao pan.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Bocarón (un)

Oco, boca ou furado feito sen intención..

Hai que tapar ese bocarón que escapa a calor.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bocoi

Barril do viño.

Ten moitos bocois na bodega

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bogada

Roupa que se lava nunha soa sesión.

É bo día para enxugar a bogada!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bordelo

A parella extra para abordelar.

Nesta costa fai falta bordelo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bordiar

Voz de ameaza dos bovinos, especialmente touros

Téñolle medo ao touro , non para de bordiar

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Borra/s

Os pousos do café. Residuos descontables que se separan da cera ao cocer.

Esta cera case non tiña borra.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bortelar

Limpar o cereal co bortel (cribo de forma alongada).

Hai que bortelar o trigo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Botar curiscos

Facerlle a rosca a alguén.

Fixo o que lle pediches, pero botando curiscos

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Boureo

Acción de bouriar.

Con este boureo non se escoita nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bouriar

Facer barullo falando de mala maneira.

Esa muller pasa o día bouriando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Boutizo

Bautizo

Boutizaron o neno o outro día.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Bouza

Terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, uces etc.

Na primavera, a flor da xesta pinta as bouzas de amarelo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Bouzallón

Persoa torpe, pouco espelida.

Non dá unha, é un bouzallón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bradar

Son dos bóvidos ameazando.

O touro bradaba cando nos achegamos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bragado

Dise dunha persoa valente.

Era unha muller moi bragada, non lle poñía medo nada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Bramar

Berrar moito, moi forte, con medo ou pedindo auxilio.

Ouviu bramar e correu cara aló.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Brazado (un)

O que se pode abarcar cos brazos, aproximadamente (leña, herba...).

Tráeme un brazado de leña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Brea (a)

Chuvia forte con moito vento

Pon o paraugas para onde vén a brea.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Brincar

Pasar o tempo facendo cousas que entreteñen e divirten, tal como fan os nenos.

Cando chega do traballo ponse a brincar cos fillos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Bringa

Vara de vimbio ou castiñeiro delgada e flexible. Brenga.

Onte fun ao río buscar un feixe de bringas para facer uns cestos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bróchega

Erupción da pel. Exantema.

As ortigas fixéronlle bróchegas nas maus.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Bróchiga

Pequena erupción cutánea branca ou avermellada, producida pola picadura dun insecto, por unha enfermidade etc., que xeralmente causa proído.

Onte fun ao monte, píqueime cunha ortiga e saíronme bróchigas na pel.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bródio

Capa grosa de porcallada do chan.

Hai que barrer a cociña.Que brodio!....

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Brollo

Partículas pequenas de herba, leña...

Hai moito brollo, pero nada de fundicio.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Brosa

Instrumento para cortar formado por unha folla grosa, polo xeral en forma de trapecio, con gume por un lado, unida a un mango de pau.

Piquei a leña coa brosa.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Brosiar

Facer algún labor coa brosa.

Broseou unhas pólas de mimosas para facer unhas estacas para atar as vides.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Broso

Brosa pequena.

Dáme o broso para partir o pito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Broza

Residuos de plantas arbustivas

Bota na corte toda esa broza, vale para estrar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bruar

É un dicir para indicar un crecemento moi rápido das platas

Con esta auguiña, a ferraña brúa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Budueira

Bidueira

As budueiras chegan moi arriba nos montes.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Bugarela

Xoguete que consiste nunha peza de madeira que se fai rodar. Buxaina. Peón.

Os nenos estaban xogando coas bugarelas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Buleira

Buleira. Excrementos da vaca.

As vacas deixaron todo perdido de boleira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Buliceira

Persoa ou animal que non paran de moverse.

María é moi buliceira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Burgo

Larva que ataca as verzas.

As verzas non valen nada, están cheas de burgo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Burrueira

Borroeira. Morea de pólas, herbas, matas etc, para queimar. Facíanse despois das cavadas.

Despois de cavar facían unha burrueira cos torrois.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Butullo

Botón da flor antes de abrir.

Está o prado cheo de butullos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cabano

Caseto.

Gardaba algunhas ferramentas nun cabano que tiña ao lado da casa.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Paradiñas

Cabanón

Caseto de chapa de tamaño mediano ou pequeno. Pode ter paredes pero só acostuma a ter a traseira.

Gardaba os ferros no cabanón que tiña ao lado da casa.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

A Reigada

Cabeceiro

Algo parecido á cabezada, pero máis simple e feito cunha corda.

Hai que poñerlle o cabeceiro ao burro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cabezada

Golpe na ou coa cabeza. Armazón de correas que se lles pon ás bestas na cabeza.

Hai que poñer a cabezada ao burro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cabezualla

Madeiro forte que vai no centro do carro de diante cara atrás.

Engancharon as vacas á cabezualla e comezaron a tirar do carro.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Cabras

Manchas vermellas que se forman nas pernas cando un se achega moito ao lume.

Non te achegues tanto ao lume que che van saír cabras.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Cachapelo

Persoa que non pensa antes de falar, está metido en leas ou fai monadas.

Andrés é un cachapelo, non pensa o que di.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Cachapo

Pedazo informe de algo que rompeu

Aparta ese cachapo que estorba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cachifro

Alpendre ou habitáculo de pequeno tamaño.

Ten as ferramentas gardadas nun cachifro.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

A Graña de Chao de Fornos

Cacho en poleiro (andar de)

Andar de un lado para outro, sen ton nin son.

Anda de cacho en poleiro, non acouga en ningún sitio.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Cachoada

Azoute no cu coa man.

Unha boa cachoada é o que o que che vou dar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cachos

Cachelos. Pedazos de pataca cocidos.

Ceaban cachos e carne todos os días.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Cachumeiro

Un caseto cun único espazo dentro, mal paredado.

Eran tan pobres que vivían nun cachumeiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cadorneira

Espazo que queda no interior dunha árbore despois de podrecer.

O gato meteuse na cadorneira do carballo da fonte.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Caella

Rúa ou camiño de carro entre paredes altas, estreito.

Oe nenín, vai tornar as ovellas que van pola caella.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Caello

É algo máis estreito ca a caella.

Por ese caello non cabe o carro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caganaescaleira

Dise de alguén moi medorento ou tímido.

Es un caganaescaleira, asustácheste cos raios.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Xegunde

Cagarrio

Envoltura externa do froito da noz.

Bota os cagarrios no caldeiro cando escagarries as noces.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cagoxo

Fungo que ten un pé ou talo rematado nunha especie de sombreiro. Cogomelo.

No outono hai moita xente que vai aos cagoxos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Caínza

Enramado vexetal plano usado sobre a lareira, para facer tabiques, sombrallos...

Estes tabiques son de caínza con masas de area e cal.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caínzo

Teito da cociña de arrastro, onde se curaba o mondongo da matanza.

Este unto estivo tempo demais no caínzo, está moi afumado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baixo

Cainzón

Dise dunha persoa moi alta.

Ese neno é moi alto, é un cainzón

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Cais

Cans

Os cais ladraron toda a noite.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cal é a túa graza?

Cal é o teu nome?

Cal é a túa graza? Nunca te vin por aquí.

A Fonsagrada

Freixo

Vilanova

Calamoucho

Cabeza dunha persoa.

Non lle cabían máis cousas no calamoucho.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de baxo

Calcaño

Talón. Parte traseira do pé.

Dóeme o calcaño de pé dereito.

A Fonsagrada

Brancio

San Martín de Arroxo

Calcar

Pisar ou facer presión sobre unha superficie.

Calca o botón para abrir.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caldulleiro

Camiño de herba que rodea unha horta ou terreo de labranza.

Estou alindando as vacas no caldulleiro.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Calella

Camiño ou rúa en mal estado.

Hai dez anos isto era unha calella.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Calente

Quente.

Non está o tempo moi quente.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Calexa

Pasadizo estreito.

Non leves as vacas pola calexa que é moi estreita.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín

Calexón

Paso estreito entre paredes.

Había un calexón tras da casa para pasar para o horto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caltrir

Queimar algo en vivo, p ex: para marcar o gando.

Caltríronlle a orella ao cabalo para marcalo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caluga

Parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza. Sobremesa feita de doce de leite.

O outro día déronme un golpe na caluga. Comín unha caluga.

A Fonsagrada.

Lamas de Campos.

Vilarmean.

Calzón de Cuco

Flor violeta que sae entre abril e maio en forma de calzóns.

Andando polo prado había muitos calzóns de cuco.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Camándula

Persoa ou grupo con pouco sentido

Es un camándula!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cambo

Pau longo con un gancho na punta que se usaba para subir aos castiñeiros.

Colleu o cambo e a vara e marchou varexar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Camburio

Precipitación de auga que cae xa conxelada, diferente á neve e á saraiba.

Estes días de frío hai camburio polas noites.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Cana

Cada unha das prolongacións que nacen do toro das árbores ou do talo das plantas e arbustos nas que abrochan, polo xeral, as follas, flores e froitos.

Na cana daquela árbore hai un paxaro.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Canada

Medida de capacidade para líquidos. Recipiente utilizado para muxir as vacas.

Comprou unha canada de viño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Canarear

Andar dun lado para outro,non parar en ningún sitio, moverse seguido.

Non está ao que toca, non para de canarear.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Canastro

Cesta grande de vimbio con dúas asas.

Tes o canastro cheo de mazás.

Sanantolín de Ibias

Santa Comba

Santa Comba

Canaveiras

Plantas herbáceas da familia das umbelíferas, moi abundante en sitios encharcados.

Ese prado non dá nada, está cheo de canaveiras.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Llencias

Canceleiro

Porta estreita, de entrada e saída a unha finca.

Pecha o canceleiro para que non saian as vacas.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira

Cancelo

Cancela pequena.

Pecha o cancelo do horto para que non entren as pitas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Candea

Obxecto de cera en forma de cilindro longo que serve para alumar.

Utilizaron a candea cando marchou a luz.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Candea (2)

Rama das plantas gabeadoras. Tamén o conxunto de flores dos castiñeiros.

Estes ervellos teñen moita candea.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Candulleiro

Camiño de herba que rodea unha horta ou terreo de labranza.

Estou alindando as vacas no candulleiro.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Cáneba

Persoa que che pide que lle fagas algo, cobrando ou sen cobrar.

Era moi boa costureira, tiña moitas cánebas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Canela

Parte da perna que vai desde o xeonllo ata o nocello.

Deume un golpe nas canelas.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Canelas, en (ir, estar, andar)

Ir sen medias, carpíns ou calcetíns.

Non tiña frío, ía en canelas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cañeta

Recipiente cilíndrico con asa e pizpiñeiro, de folla de lata. Usábase para moncer.

Trae a cañeta chea de leite.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cangado

Dise de calquera persoa ou obxecto grande e aparatoso.

Non cabía pola porta era moi cangado.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Cangos

Trastos.

Aparta estes cangos que non nos revolvemos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cansa

Apeiro para xunguir as vacas polo pescozo.

Ponlle a cansa ás vacas.

A Fonsagrada

Maderne

Maderne

Cantaleta

Frase repetida con insistencia.

Para xa con esa cantaleta!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Canteiro (dente)

Dentes que están entre os incisivos e os molares.

Caeulle un dos canteiros.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Cantelo

Pan feito con azucre e ovos que se repartía nas vodas, non só no banquete senón entre os veciños do lugar.

Casou o fillo onte e hoxe anda repartindo o cantelo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Canto

Recanto.

Non poñas iso no canto da mesa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cantrela

Tara nun tecido, ao quedar un punto solto no medio do labor, especialmente nun tecido de punto.

Vaia cantrela deixei neste xersei! Debería volver a el!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cantusada

Golpe que se dá coa cabeza.

Coidado co estante, non vaias levar unha cantusada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Canzada

Mala resposta que se lle dá a alguén.

Pregunteille se viña á festa e respondeume cunha canzada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Capelo

Carrapucho para poñer por riba da cabeza, dunha construción etc.

Pon un capelo pola cabeza que está chovendo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caporal

Persoa que manda nun grupo.

O caporal ordenou rematar o traballo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Carabeilolas (ás)

Levar a alguén montado ou sentado coas pernas abertas encol dos ombreiros doutra persoa.

O pai levaba o neno ás carabeilolas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Carambos

Conos de xeo formados onde hai humidade e baixas temperaturas (lousado...).

Xeou moito onte, había uns carambos ben grandes.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caranquín (un)

Un capricho.

Non lle fagas caso, só é un caranquín, non lle fai falta esa chaqueta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caravana

Nordés forte que sopra con tempo seco e nubrado.

A caravana de marzo é mala para os catarros.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Caravillo

Sistema de cerradura que consiste nunha barra metálica longa e delgada, colocada en horizontal, cun gancho en cada extremo, que pecha por dentro as portas ou as ventás de dúas follas.

Tira para dentro por unha folla da porta e péchaa co caravillo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Carbesía

Frío intenso e seco, en tempos de xeadas.

Como está o tempo na Fonsagrada? Vai unha carbesía que non se para na rúa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Carda

Instrumento de madeira con pinchos que se utilizaba para cardar, limpar e peitear a la.

Antes de fiar hai que cardar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Carneirada

Golpe que che dan coa cabeza ou na cabeza.

Din unha boa carneirada contra o armario.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Carpiños

Carpíns. Prendas de roupa que se poñen nos pés por dentro do zapato.

Levaba uns carpiños de la

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Carpola

Tecido duro que se forma despois dunha ferida.

Xa che caeu a carpola do xeonllo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Carqueixa

Arbusto moi duro e fibroso. Usábase para facer freganzos.

As cabras comen as carqueixas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Carranqueira

Talo moi ramificado, xeralmente de pataca.

Arrincou unha carranqueira para ver se tiña moitas patacas

A Fonsagrada

Fonfría

A Fonsagrada

Carrapucho

Pucho pequeno.

Pon o carrapucho que vai moito frío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Carrexar

Carrear. Carretar.

Hai que carrexar os nabos da horta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Carrieira

Pasos para carros dentro de fincas ou estivos.

Esa carrieira é de carro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Carriozo

Camiño fondo formado pola erosión da auga.

Marcháronme as vacas polo carriozo abaixo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Carvés/carveses

Planta do xénero Rumex, considerada mala herba.

Temos a horta con moitos carveses.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira

Casarada

Conxunto grande de persoas que viven nunha mesma casa.

Tiveron moitos fillos, facían unha boa casarada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Casarío

Conxunto de casa con todas as súas dependencias e a totalidade de terras.

Vendeuse o casarío de ...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cascallada

Terra con moitas pedriñas miúdas, de moi mala calidade.

Nesa cascacallada non vai medrar o millo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cascallo

Xogo típico. En galego estándar: mariola.

Nel recreo saltamos al cascallo.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Cascallo (2)

Pedras moi miúdas mesturadas con algo de terra.

Esa fochanca enchémola con cascallo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Casería

As terras de labranza dunha casa.

A casería é corta pero labran moito no monte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Casqueiro

Táboas extremas dunha rolla que levan algo de casca.

Eses casqueiros non valen para facer a mesa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Castañeiro

Castiñeiro.

Hai que varexar os castañeiros.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cata

Chamada de atención para que teñas coidado con algo.

Cata que te queimes.

A Fonsagrada

Freixo

Carballoguidín

Catar

Salvo, excepto. Sacar as patacas

Eu non vou contigo; a herba queda no prado, catar se vas ti soa por ela.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Catar (as patacas)

Sacar da terra os tubérculos da pataca.

En setembro hai que catar as patacas.

A Fonsagrada

Vieiro

Vieiro

Caxigo

Árbore pequena, normalmente non é de chegar a gran tamaño.

Son caxigos, só valen para leña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Caxirolo

Recipiente de cartón ou metal, moi pequeno e de escaso uso.

Nese caxirolo non cabe nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cazapeliar

Andar meténdose en cousas onde ninguén chama.

Quita de aí! xa está ben de cazapeliar. Estás estorbándome.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cazapelo

Pau para remexer as papas.

Colle o cazapelo que hai que mecer as papas.

A Fonsagrada

Fonfría

Bustavedelle

Cazapelo (2)

Persoa que aparenta traballar moito e con moito afán, sen facer nada de proveito.

Este rapaz é un cazapelo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cazcana

Bolos de boleira das vacas que colgan das cachas.

Esa vaca ten moita cazcana.

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Cazcarras

Bolos que se fan no pelo das cachas das vacas ao deitarse na buleira.

Esa vaca ten moitas cazcarras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ceboliza

Aplícase á madeira non compacta, que se separa en capas como as cebolas.

Esa madeira é moi ceboliza, non vale para o torno.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ceibar

Soltar un animal que está preso.

Ceiba as vacas que xa acabamos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cepo

Raíz avultada da uz.

O chan está cheo de cepos de uz.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Cereixal

Árbore que produce as cereixas.

Subín á cereixal e collín unha farta de cereixas.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Cerna

Parte interior dunha árbore.

O carballo aquel tiña moita cerna.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cerril (ser)

Ser forte,recio. Tamén, ás veces, aplicado a algún xeito de obstinación.

Fulano é moi cerril. No serve que lle digas, non che fai caso.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chafallada

Chapuza, algo que está mal feito.

Vaia chafallada que fixeches.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Chafalleiro

Persoa que fai as cousas mal ou ao revés.

Mira como deixaches todo, es un chafalleiro!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Chafulleiro

Persoa mentireira.

Es un chafulleiro.

A Fonsagrada

San Martin de Suarna

Rozabragada

Chagozo

Terreo enlamado (pedazo de camiño, prado ou unha corte). Tamén se usa en feminino.

Non hai quen pase por aí, eso é unha chagoza.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chambaril

Pau do que se colga o porco despois de matalo.

Colgan o porco do chambaril para abrilo e deixalo a arrefriar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chambra

Blusa, camisa de muller.

Tráeme a chambra que vai frío.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Chamurras

Arbustos secos, principalmente uz, que se utiliza para acender o lume.

Acendín a cociña cunhas chamurras.

A Fonsagrada

Vieiro

Pedrouzos

Chamuza

Rama fina e seca de uz, úsase pra acender o lume.

Acendín a cociña cunhas chamuzas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chanfaino

Gas expulsado polo corpo humano a través da boca.

Porca! Non tires máis chanfainos!

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Chanteira (unha)

Unha planta ou conxunto delas, tan xuntas que non se poden separar, as raíces forman un torrón.

Arrinquei unha chanteira para ver se tiña boas patacas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chanto

Pedras planas que se cravaban verticalmente para pechar unha leira.

Caeu un chanto do horto hai que volver poñelo para que non entren alí as ovellas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Aldomán

Chanza

Broma, burla.

Non me veñas con esas chanzas que non me fai graza.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Chao da miola

Parte de máis arriba da cabeza.

Din un golpe no chao da miola cun garabullo.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Chapo

Tipo de sacho que ten a parte de ferro con forma rectangular e lixeiramente alongada.

Cavei co chapo na horta.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Charriar

Son emitido polas pitas pedindo comida.

Ao sentirme as pitas empezaron a charriar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chavasqueiro

Terreo moi, moi costo, difícil de andar nel.

Non se dá nada alí, é un chavasqueiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chavicar

Cortar cun fouzo en pedazos pequenos millo, nabos, etc para dar ao gando.

Non chaviques que te vas cortar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chavilla (do carro)

Peza do carro que se poñía para enganchalo ao xugo por medio da dobra.

Pon a chavilla e engancha o carro.

A Fonsagrada

Xestoso

Xestoso de Riba

Chegar as gavelas

Resultar difícil, supoñer esforzo ou molestia.

Subir, subín ao monte, pero chegáronme as gavelas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cheirar

Olor desagradable. Non se pode aplicar a algo que ule ben.

A corte dos cochos cheira moitísimo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cheirume

Mal olor.

Hai un cheirume a esterco que non se para.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chichos

Fabas.

A avoa estaba debullando chichos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chincheirada

(Dar unha chincheirada) dar un golpe no corpo contra algo.

Non viu a porta aberta e deu unha boa chincheirada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chinela

Forma de calzarse na que se dobra a parte de atrás do calzado.

Puxen as zapatillas de chinela.

A Fonsagrada

Logares

San Andrés de Logares

Chinero

Moble de dous corpos, o superior con portas de cristal, onde se garda a louza e os demais utensilios para o servizo da mesa.

Vai ao comedor e cólleme uns pratos do chineiro.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Chirlar

Emitir un son agudo.

Os ratos chirlaban onte á noite no faiado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chiscar

Acender un chisqueiro accionando a pedra.

Chisca o mecheiro e dáme lume

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chisco

Un pouco.

Dáme un chisco de pan.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Choer

Cerrar, gardar o gando na corte.

Vai choer as vacas que están fóra do prado.

A Fonsagrada

Cuíñas

Castro de Cuiñas

Chosco

Quedarse medio cego ou birollo por facer un esforzo coa vista.

A el quedoulle o ollo chosco por facer o parvo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Choucrera

Estar incubando un catarro.

Non sei se poderá ir, ten unha choucrera...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Choupada (unha)

Cantidade moi grande de auga, xeralmente de chuvia.

Caeu unha choupada que non deixa entrar no horto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chuchos

Bicos

Deulle un chucho á nena ao marchar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chufar

Falar positivamente acerca de alguén ou algo.

Chufou á profesora aproveitando que estaba presente.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Chufón

Presumir de algo propio ou alleo, moi a miúdo esaxerando, deformando a realidade.

Non se lle pode crer nada, é un chufón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Chuír

Choer. Gardar o gando na corte.

Vai chuír as pitas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Chula

Boliñas de masa frita, feitas con ovos, auga e fariña.

Vamos facer unhas chulas con miña avoa.

A Fonsagrada

Monteseiro

Monteseiro

Chusmiñar

Pequena saída dun líquido (fontela que pinga, avaría dun tubo, secreción dunha ferida).

O tubo leva toda a noite chusmiñando, así non hai auga que chegue.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cicalada (unha)

Unha moi pequena cantidade de algo.

Dáme só unha cicalada de queixo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cigallada (unha)

Conxunto de cousas miúdas, de pouco valor.

Toda esa cigallada non vale para nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cileiro

Conxunto de casa e propiedades pequenas e de pouco valor que tiñan as persoas pobres.

O seu tío era pobre, deixoulle namais un cileiro

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cimbrar

Lanzar algo con moita forza.

Cimbroulle unha pedra que se chega a darlle, rómpelle a cabeza.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cimos

Grelos. Brotes tenros do nabo.

Gústame o caldo de cimos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cinasco

Parte moi pequena de algo.

Rompeu o prato en cinascos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ciriscón

Chorro, de non moito caudal, que sae con forza, con presión.

Que ciriscón! así logo se baleira o depósito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ciscado

Dise daquilo que quedou tirado polo chan

Deixou a roupa ciscada polo chan.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Ciscar

Cortar algo moi miúdo. Esfarelar algo. Espallar cousas miúdas polo chan.

Recolle o teu cuarto! Sempre deixas todo ciscado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cisco

Residuos finísimos da leña

Debaixo do horro hai moito cisco de picar alí a leña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cismar

Provocar enfrontamentos falando mal de alguén.

Púxose a mal co vecín porque veu a outra cismar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Clamiar

Pedir algo de forma insistente.

Para xa de clamiar ! Non cho dou!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Clarencia (unha)

Un espazo entre nubres, sen chegar a dar o sol, neses días moi escuros.

Por fin, unha clarencia neste tempo tan escuro!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Clareo (ao)

Colocar a roupa enxaboada sobre a herba nun campo para que branquee.

O mantel tiña moitas manchas, houbo que poñelo ao clareo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Coa alma no papo

Estar moi canso. Moi fatigado.

O camiño era moi costo, cheguei arriba coa alma no papo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cobertoira

Tapa de pota.

Pásame a cobertoira para fregala.

A Fonsagrada

Freixo

Ferreira de abaixo

Cocada

Vasilla que ten un golpe.

Esta pota está cocada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Coco

Animal alongado formado por aneis que come as raíces das plantas. Verme.

O coco comeulle as raíces á remolacha.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Codelo

Pedazo de pan con codia.

Non tiña un codelo que levar á boca.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Codia

Parte exterior dunha árbore.

O carballo aquel tiña a codia toda podre.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cofar

Rascar, fretar a un animal con cariño

Á Marela moito lle gusta que a cofen

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cofarse

Rascarse, fregarse contra algo ou alguén

O can cofouse contra a parede. O namorados cófanse.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Coitado

Díselle a alguén que é moi inxenuo e ademais ten mala sorte.

Coitado!Levou as culpas de todo e non fixera nada.

A Fonsagrada

Pacios

Mourisco

Colledura

Herba verde que se collía cada día.

Levou o burro para traer a colledura.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Coller o galo unha amora

Lograr algo nun eido no que non se adoita conseguir nada.

Despois de moito xogar ao dominó gañou unha partida, colleu o galo unha amora.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Colmo

Palla seca que se utilizaba para teitar casas e hórreos.

Hai que cambiar o colmo que pasa a auga.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Colo

Especie de asento, á altura do peito, formado polas mans e os brazos, ou ben entre a cintura e os xeonllos, cando se está sentado.

Colle ao neno no colo.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Colobra

Cobra.

Nese prado hai moitas colobras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Comedeiro (tar/ser)

Dise de algo que apetece, que está bo.

Estache ben comedeiro este guiso!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Comicio

Pruído. Escozor.

Tiña comicio no brazo escaiolado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Comparanza

Comparación

Non hai comparanza entre os invernos de antes e os de agora.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Condómina

Un grupo de xente de pouco fundamento, de pouco fiar. Algo pexorativo. Moitas veces con retranca e en exclamativo.

Vaia condómina! (Que xentiña!)

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Congoxa

Sensación dunha persoa cando cre que está en perigo ou ten molestias físicas difusas. Ansiedade. Angustia.

O rapaz sentía moita congoxa cando quedaba só na casa polas noites.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarmeán

Congoxento (tar)

Estar inquieto. Ansioso.

Está moi congoxento. Non sei se esperará a mañá para facelo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Consia (unha)

Pequena cantidade de fío ou la envolto nos dedos para empezar un nobelo.

Case non queda fío , a penas unha consia.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Contrapiar

Cambiar a orde lóxica de algo

Contrapiei un punto e teño que desfacer parte do labor.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Contrito (tar)

Estar intranquilo. Aflito.

Escapáronlle as vacas, estaba contrito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Contruada

Dar un golpe contra algo ríxido. Darlle un golpe a alguén con un obxecto.

Levou unha boa contruada, pero non se queixou.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Coraxe

Sentimento de emoción.

Chorei de coraxe ao verte no xornal.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Coriar

Berrar ou falar moito máis alto do que é preciso.

Non paran de coriar, vou tolear.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Corozo

Interior dalgúns froitos, p. ex: espigas de millo, mazás etc.

Segundo lles vaias sacando os graos vai metendo os corozos no lume.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Corozudo (ser)

Ter valor para asumir algo difícil.

É moi corozudo, superará ese problema.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Corra

Mulido cun burato no medio que poñían as mulleres na cabeza para transportar pesos enriba dela.

As avoas cando eran nenas ían buscar a auga a fonte e traíana na cabeza cunha corra.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Xestoso de Neiro

Corrada

Espazo anterior á entrada da casa, que pode estar tellado, e que se emprega para múltiples usos (gardar ferramentas, maquinaria...).

Deixou o tractor na corrada.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Córrago

Rego con moi pouco caudal, seco no verán.

Levei as vacas beber ao córrago.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Correla

Pano enroscado que as mulleres levan na cabeza para soportar pesos.

O outro día encontrei a correla que usaba miña avoa para levar comida na cabeza.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Corripa

Construción onde se colocan os ourizos para que vaian podrecendo as castañas. Así consérvanse mellor.

O rapaz gardou as castañas que recolleran na corripa.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Xestoso de Neiro

Cortezo

Parte externa do pan.

O cortezo do pan estaba queimado.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cortín

Construción de pedra arredor das colmeas para protexelas dos osos e outros animais.

Seus avós construíron un cortín arredor das colmeas para telas ben protexidas.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Cortiña

Prado situado debaixo da casa.

Están as vacas pacendo na cortiña.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Costa arriba/abaxo

Subir e baixar.

Costa abaxo corre o carro sen bois, pero costa arriba chéganme as gavelas!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cotomelos

Cotobelos

Tocou na porta cos cotomelos.

A Fonsagrada

A Pobra de Burón

Pobra de Burón

Couce

Patada dun animal e por extensión tamén dunha persoa.

Deulle un couce o burro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Coutarse

Parar en seco e non querer moverse. Dáse en animais, máis no mular

A mula coutábase, non quería pasar o río.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Covachada

Dar un golpe coa man na covacha.

Xan acaba de levar unha covachada.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira

Cóxegas

Sensación dunha persoa cando lle tocan partes do corpo sensibles e acaba rindo ou sorrindo

Ese rapaz ten moitas cóxegas no pescozo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cóxigas

Cóxegas

Ten moitas cóxigas cando lle tocas os pés.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Coxigón

Referente aos animais: zanco ou pernil

Ese can rompeu o coxigón.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Coxillo

Feridas ou erupcións que saen nos beizos.

Saíulle un coxillo e agora non pode dar bicos porque é contaxioso.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Crabios

Peza dun carro, xeralmente de coiro, que vai de fumeiro a fumeiro e serve para suxeitar a carga.

Vaia bos crabios ten o meu carro.

A Fonsagrada

Pacios

Mourisco

Cramiar

Pedir insistentemente unha cousa.

Non parou de cramiar ata que lle compraron os caramelos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cravuñar

Preparar a folla da gadaña para gadañar, petándolle no gume cun martelo sobre a incre.

Estaba cravuñando a gadaña para empezar a sega da herba.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarchao

Crismar

Pegarlle a alguén.

Anda con ollo que te vou crismar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cuadrís

Refírese a parte baixa do lombo, máis arriba da cadeira.

Á miña avoa dóenlle moito os cuadrís.

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Cuañar

Varrer os cuaños ou espigos de enriba do montón de gra na mallega .

As mulleres cuañaban a gra.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cuaños

Envoltura que rodea os grans de trigo ou centeo.

Os nenos tiñamos que arrear os cuaños na mallega.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Cuartillo

Medida de capacidade (1/2 L.)

Dáme un cuartillo de viño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cuartos

Cartos, diñeiro.

Custoume moitos cuartos.

A Fonsagrada

Allonca

Pántaras

Cuasemente

Casemente. Case.

Cuasemente non levas nada nese cesto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cubeto

Cuba pequena.

Comprou un cubeto de viño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cubiciar

Apetecer. Pode ser unha lixeira envexa. Cobizar.

Non se me cubiciaba nada ese traballo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cubil

Lugar no que se refuxia ou vive un animal.

Os cochos metéronse no cubil.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Cubilón

Tipo de carpaza.

Hai moito cubilón nese monte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cueiro

Talo longo das verzas.

Fun apañar cueiros á horta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cuitelo

Coitelo. Instrumento de cociña que se utiliza para cortar.

Preciso un cuitelo para cortar a verdura.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cuito

Esterco

O cuito dos cochos é un bo abono.

A Fonsagrada

Allonca

Pántaras

Cullarapos

Cría das ras.

Hai cullarapos na poza.

A Fonsagrada

Proba de Burón

Pobra de Burón

Cumias

Pragas de ratos ou doutros animais que comen o froito.

Non me quedou nada de trigo, levárono as cumias.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Cunqueiro

Persoa que fai ou vende cuncas. Especie de armario onde se garda a louza.

En cada xeración da súa familia hai un cunqueiro. Colle a cunca do cunqueiro.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Curiosa

Persoa ordenada, que lle gustan as cousas ben feitas.

É unha nena moi curiosa, sempre deixa todo colocado no seu sitio.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Curioto

Curoto.

Non subas ao curioto que podes caer.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Currullo

Conxunto moi apertado de individuos, tanto animais como plantas ou persoas..

Os nabos non naceron ben repartidos, están a currullos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cuspir

Lanzar pola boca saliva ou outra substancia

Cuspiu nas mans antes de coller a axada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cutielo

Coitelo. Instrumento de cociña que se utiliza para cortar.

Colleu o cutielo de matar os cochos.

A Fonsagrada

Maderne

Liñares de Maderne

Cuxigón

Referente aos animais: zanco ou pernil.

O que máis me gusta cando como polo asado é o cuxigón!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cuxillo

Erupción granular cutánea que se produce polo contacto co veleno de certos animais e insectos.

Teño cuxillo nesta mau, a algún bicho molestei e defendeuse.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Cuza

Animal. Femia do can. Cadela.

Esta cuza ladra moito, pero é moi boa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Dafeito

Dise de algo feito de seguido, sen deixar nada atrás.

Ela sempre leva as cousas dafeito.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Danzar a cagalla

Saltar, brincar.

Os nenos estaban esperando ao domingo para ir pola aldea danzar a cagalla.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Danzarela

Persoa que non para de moverse.

É unha danzarela. Non para en todo o día.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Dar cos calcaños no cu

Correr moito.

Vai boa que marcharon, xa podes dar cos calcaños no cu.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Dar pena

Causar molestia, fastidio.

Gústame máis o inverno que o verán; dáme moita pena a calor

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Debanar

Facer o dicir parvadas ou tolemias.

Deixa de debanar neno, faime o favor.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Debanón

Persoa que fai parvadas ou tolemias.

O meu sobriño está feito todo un debanón.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Debouzar

Ir polo monte rompendo arbustos, facendo moita ruxida. Propio dos bichos do monte.

Os xabaríns ían debouzando polo monte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Debrocado

Planta encollida por falta de auga ou persoas baixas de saúde.

Non ten boa cara, anda algo debrocado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Debrollo

Restos sen aproveitar.

Os repolos non dan para moito, teñen moito debrollo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Debullar

Sacar os legumes (fabas/feixóns/ervellos/garavanzos) do gaxo ou as castañas do ourizo.

A vella estaba debullando fabas

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Decatar

Percibir certos estímulos a través dos sentidos.

Decateime dos problemas veciñais pola carta que recibín.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Decotar

Acción de cortar pólas dunha árbore.

Debemos decotar ás árbores antes de que sexa inverno, non queremos que rompan co peso da neve.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Decote

Acotío. De xeito continuado.

Decote vai polo horto antes de entrar na casa.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Decurrir

Escorrer

Pon os pratos a decurrir.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Degrumar

Apertar moito, como refregando, retorcendo, esmagando.

Hai que facelo con xeito, tu degrumas todo

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Degrutir

Son agudo emitido en situacións de moito apuro.

Tanto degrutir para esto......

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Degüello

Acción de maltratar ou deteriorar algo.

As ovellas fixeron un degüello tremendo no horto.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Demoucar

Facer moito estrondo.

O trono pasou toda a noite demoucando.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Denegrido

Mancha morada provocada por un golpe.

Levei un golpe no brazo e quedoume denegrido.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Dentón

Fungo que parasita a planta do centeo. Cornecho. Corno.

Antigamente o dentón usábase como droga.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Deporondar

Colgar, caer cara abaixo dun xeito incorrecto. En persoas, estar decaído.

Leva días deporondado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Derramar

Avariarse algo. Deixar de funcionar ou atoparse en mal estado.

A chuvia derramou as flores.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Derrangado

Derrengado. Esgotado

Non podo máis. Tou derrangado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Derregar

Trazar os lindes dun terreo. Facer un suco para separar o cabelo para os dous lados da cara.

Arou mesmo ata o derrego da leira.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Derrego

Límite de terreo/propiedade.

Non quero que me movas os marcos. Están no derrego.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Derrota

Camiño aberto entre a neve.

Nevou tanto que tiveron que abrirlle a derrota ata a súa casa

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Desabolar

Mover un vexetal de raíz, non necesariamente arrincándoo.

Desabolou a cereixal, non sei se secará.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desacuanto que…

Hai tempo, outrora.

Desacuanto que non te vía...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desahoi que….

Tardanza, pero dentro do mesmo día.

Desahoi que marchaches...Eras bo para ir buscar a morte!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desamecer

Interromper unha tarefa. Soltar algo que está atado.

Aínda ben non chegou, xa desameceu todo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Desamendar

Desafacer a persoa ou animal dun sitio

Hai que desamendar as cabras desa leira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desapacenciado

Alguén con pouca paciencia.

Non lle pidas moito, é un desapacienciado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desaparisado

Que non pensa moito as cousas, que actúa de xeito precipitado.

Fulana é desaparisada e logo arrepíntese.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desarrendado

Que non segue o camiño na vida que lle aconsellan ou ten marcado.

Empezou coa droga de adolescente e toda a vida foi un desarrendado. Agora ten 40 e nunca traballou

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Desatoutigada

Persoa que anda ao tolo, con movementos sen xeito, sen sentido.

Non para de dar voltas, é un desatoutigado!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desatremiñada

Dise da persoa atrevida, que non ten medo a nada.

Non hai quen a pare, é moi desatremiñada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Descaer

Minguar algo: a calor dun forno, do día...

Cando descaia o sol sacamos as vacas para o prado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Descampuzar

Nevar miúdo.

Está descampuzando un pouco.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Descongoxar

Contar os problemas, liberándote da tensión que che causan.

Estaba moi enfadada, menos mal que descongoxou comigo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Descontrillar

Saírse do seu sitio algunha peza por accidente ou falta de precaución.

Descontrillaches todo, non haberá xeito de armalo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Descontrillarse

Sensación de que algo se descolocou no corpo.

Caín e descontrilleime toda.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desdeixada

Desleixada. Con pouca vontade.

Ela quere facer, pero é moi desdeixada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desdeixado

Dise de alguén que non ten coidado de si mesmo ou das súas obrigas, que non se ocupa de algo por preguiza.

Non sexas tan desleixado e anda máis arranxado!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Deshora

Fóra de hora, tarde.

Non esperes, sempre chega á deshora.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desinciar

Erradicar algo, normalmente aplicado ás malas herbas.

Este ano non botamos horto aí, hai que desincialo desa herba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Desingrir

Acción de separar a graxa das tripas na matanza.

Todos os anos lle axudo a miña nai a desingrir as tripas.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Deslegar

Sacar adiante o traballo.

É moi disposta: deslega moito no traballo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Despenarse

Precipitarse por unha pena ou por un barranco.

Despenouse o coche polo barranco.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Despida

Dise cando unha persoa está espida.

Non andes despida por aí.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Muiña

Desprecatado

Desprevido. Sorprendido con algo que non contaba.

Pilloume desprecatado e tapoume os ollos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Destelos

Son as castañas que, ó varexar, caen sen ourizo,

Fixo moito vento e caeron moitos destelos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Destrempar

Quentar un chisco algo que está frío.

Destrempa un pouco o leite, está moi frío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Destupizar

Quitar as bólas da roupa de la.

Leva todo o día destupizando a chaqueta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Devecer

Desexar intensamente algo. Decrecer da lúa.

Devecía por ir á festa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Dexobar

Acto de ensuciar, manchar.

A noiva dexobou o vestido antes de casar.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Dexoso (tar)

Estar sucio.

Teño este mantelo dexoso.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Día de garabullos

É día laborable e/ou lectivo.

Hai que deitarse cedo, que mañá é día de garabullos.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Dibullar

Debullar.

Estivo toda a tarde dibullando fabas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Dicipar

Esmorecer, murchar a froita que perde frescura e zume.

Hai que comer pronto eses amorodos. Algún xa comeza a diciparse.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Louxas

Dios da porta nova

Dise cando non se coñece o autor de algo.

Quen fixo ese armario? Dios da porta nova.

A Fonsagrada

S martin de suarna

S martin de suarna

Díxome-díxome

Rumor que non ten por que ser certo. Tamén se utiliza para a persoa que difunde rumores.

Anda sempre díxome-díxomes. É de pouca fundanza.

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Do trocado

Cambiado, p ex: zapato esquerdo no pé dereito etc.

Puxo o calzado do trocado.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Doado

Fácil. Que carece de dificultade.

O exame foi tan doado que todos levaron máis dun 9.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Dobra

Corda de coiro trenzado que, unida polas puntas e dobrada servía para enganchar o arado ou cabezualla do carro ao xugo

Trae a dobra que imos apoñer as vacas ó carro.

A Fonsagrada

San martin de suarna

San Martín de Suarna

Dolo

Pena, mágoa por algo ou alguén.

Eu sinto dolo por el.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Duela

Materiais que se necesitan para facer algo.

Para facer un bo caldo fai falta botarlle moita duela.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Embarruntar

Enzoufar

Hai que embarruntar ben as botas de graxa para que non pasen a auga.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Embeleñar

Enredar o fío ou a la.

Este fío está todo embeleñado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Embizcar

Incitar a algunha persoa ou animal contra outra.

Embizcou o can contra o veciño

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Emboscar

Meterse ou meter algunha res nun sitio difícil de ver ou saír del.

A cabra emboscouse nas penas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Embotelar

Poñerse mal do estómago por comer en exceso.

Non comas tanto, que vas embotelar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Embouzar

Meter os cans no monte grande [bouza]

Hai que embouzar os cans para poder cazar.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Embute (a)

En gran cantidade

Colleu figos a embute.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Empalleirar

Facer palleiros/as. Amontoar a herba seca, ou a palla, de xeito ordenado para que non entre a auga no montón e se conserve.

Houbo que empalleirar a herba seca porque ameazaba tormenta.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Empanado (estar) (ver)

Estar o ceo toldado. O cristal embazado. Non ver con nitidez

Limpa o cristal que está empanado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Empapuzar

Quedarche algo seco atrancado na gorxa.

Non comas tantas galletas xuntas que vas empapuzar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Emparreirar

Gardar as cousas no parreiro.

Hai que emparreirar a herba seca que vai chover.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Emparumar

Amontoar sen xeito. Acumular moito.

Emparrumou garabullos de calquera xeito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Empevelar

Cubrirse o chan cunha fina capa de neve.

Leva dez minutos nevando e xa está o camiño empevelado.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Empevelar (2)

Envolver o fermento en fariña ao comezar a amasar o pan.

Xa teño o fermento empevelado.

A Fonsagrada

San Mamede

Vieiro

Empincha (Ir á)

Ir a unha competición entre dous.

Imos á empincha, a ver quen acaba antes.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Empolicarse

Subir a un sitio alto ou de difícil acceso.

A nena empolicouse na árbore.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Empoñer

Acompañar a alguén que marcha.

Vou empoñer a meu irmán que marcha para Barcelona.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Empulicar

Subirse a algún sitio.

Estaba empulicado no pico da cereixal.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Empumecer

Saír brotes finos de herba cando chove despois de segar, no outono ou na primavera.

Coa tormenta do outro día, xa empeza a empumecer o prado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Encaiar

Decorrer,enxugar lixeiramente roupa, plantas...

Recolle a roupa que xa está encaiada e vai chover.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Encantusado

Enfadado, en posición de ataque.

O carneiro veu encantusado cara onde eu estaba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Encarantoñado

Dise de quen ten cara de enfadado.

Parece que anda sempre encarantoñado.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Encarquenado

Agachado sobre as pernas. Encrequenado.

Non había onde sentar e púxose encrequenado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Encebelar

Enredar os pés en algo.

Eu encebeleime cunha corda.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Encenegado

Dise de alguén que está dedicado con moito interese ou enviciado con algunha tarefa.

Está encenegado coa videoconsola.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Encetar

Empezar a cortar ou gastar un alimento para consumilo.

Trae un coitelo para encetar o pan.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Encetarse

Formarse feridas ao apoiar un rozar cunha superficie unha zona do corpo.

Leva moito tempo encamado e encetáronselle os pés.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Encima de dalo, arregazalo

Referido a unha persoa exixente ou tan amiga de ser servida en todo, que non só é necesario facer o favor, senón tamén que nada lle custe.

Non só lle din a fariña e os ovos, tamén lle fixen os freixós.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Encoquinarse

Encollerse xuntando os membros do corpo para protexerse do frío, esconderse.

Encoquinouse para protexerse do frío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Encuruxada

Agachada.

Non se lle ve a cabeza. Está encuruxada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Encuruxarse

Encollerse xuntando os membros do corpo para protexerse do frío, esconderse.

A nena encuruxouse na porta do edificio para abrigarse da chuvia e do frío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enfarnar

Manchar algo ou alguén cunha substancia pastosa ou graxenta.

Pisaron a merda dun can e quedou a rúa enfarnada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enfarrañado

Cando unha persoa ten a cara manchada de comida, dise especialmente dos nenos pequenos.

A nena está toda enfarrañada por comer chocolate.

A fonsagrada

Vieiro

Pedrouzos

Enfarrañar

Dexobar, ensuciar.

A nena deixou a mesa toda enfarrañada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enfeixado (ser)

Testán

Non se pode con el, é un enfeixado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enfiar

Meter o fío por un furado pequeno.

Xa non teño vista para enfiar as agullas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Enforado (tar)

Aspecto chulesco na postura corporal, botando o peito fóra.

Dende que herdou, anda moi enforado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enfougado

Acendido. Avivado (o lume).

Acabaron moi axiña porque estaban enfougados coa bronca que lles botaran.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enfuciñar

Caer de fociños. En sentido figurado, enfermar.

Mira que é duro, pero desta volta enfuciñou.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Engalar

Levantar voo.

O galo engalou por riba da sebe.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Engamuñado (tar)

Encollido, deformado (da reuma, p. ex)

O vello estaba engamuñado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Engaranduxar

Facer un traballo a pasar, sen xeito.

Máis que coser, engaranduxou.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Engarguelar

Engarzapelar, enredarse con algo nos pés

Engarguelou nun garabullo e caeu.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Engarruchar

Dobrarse sobre si mesmo.

Ten un dedo engarruchado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Engarzapelar

Enredarse nunha silva, nunha corda, etc. Tropezar.

Engarzapelou na silva e case cae.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Engatar

Subir a unha árbore, parede etc. agarrándose cos brazos e as pernas.

Subía ás árbores engatando.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Engavelar

Facer pilos de herba, toxo etc. Facer gavelas.

Estiven engavelando herba toda a tarde.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Engobelado

Que fai gobela, curvatura da columna vertebral e do lombo.

Ten moitos anos e anda engobelado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Engorde

A pouca velocidade, con lentitude.

Veu andando engorde para que non o sentísemos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Engouxado (tar)

Estar moi encariñado con algo

Está engouxado co neto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Engua

Parte do corpo situada entre as pernas e o ventre. Ingua

Tiña unha hernia na engua.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Engurruñado

Dise dunha persoa que está agachada.

Non andes tan engurruñado rapaz.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Enguruñarse

Encollerse, encrequenarse.

Enguruñouse para non ser visto pola policía.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Enhalar

Engalar. Levantar voo.

As pitas enhalaron sobre a parede do horto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enlibrar

Dobrar obxectos, roupa.

Enlibrou a roupa do armario.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enlurdiado

Dise daquilo que está moi sucio.

Estás todo enlurdiado, límpate un pouco.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Enluriado (tar)

Moi sucio.

Saíu da corte todo enlurdiado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enmorcillar

Caer brandamente, sen a consistencia normal dese corpo ou elemento.

Así de golpe, vino enmorcillar e non puiden sostelo, caeu!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enratar

Enlear os pés cunha corda.

Hai que desatar o burro que se enratou.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enredar

Xogar manipulando obxectos (enredos).

Pasou o día enredando coas bonecas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Enredo

Obxecto que serve para xogar ou de pouca importancia.

Iso non vale para nada. É un enredo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enrestrar

Facer restras de millo, cebolas, allos, etc.; utilizando a propia folla do vexetal e axudándose dun barazo.

Vou enrestrar as cebolas para gardalas no hórreo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Enrodelar

Envolver formando unha roda.

Enrodelou o pano ao pescozo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Entangarillado (tar)

Ter a postura ou movemento corporal moi reducido por contracturas etc.

Estou moi entangarillado, non podo facer nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entangoñada

Unha persoa ou animal que está moi débil.

Esta xata está medio entangoñada.

A Fonsagrada

Mosteiro

Signada

Entano

Antes deste ano.

Entano había moita xente nas aldeas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Entano (2)

O ano pasado.

Entano non choveu nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entapernar

Entrepernar. Sentarse a carranchapernas

Entrepenouse na viga para traballar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entaporar

Empapuzar. Atascar a garganta con algo seco.

Non comas tantas galletas a un tempo que vas entaporar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entepararse

Confundir unha persoa con outra.

Aquel rapaz entepararóuseme o curmán de Daniel.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Entornar

Dar a volta a un recipiente ou obxecto.

Entornou o vaso.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Entouñado (tar)

Parado cando non debería.

Nin para diante nin para atrás, estaba entouñado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entranquillar

Atascarse algunha peza dunha máquina, articulacións de persoas ou animais

Teño algo entranquillados os cuadrís.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entremedias

No medio de dúas cousas.

Fun e volvín e entremedias estiven aló.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entretollo

Aquelo que impide a realización de algo (tamén persoas)

Sae do medio, non sexas entretollo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entrevíspora

Antes da véspera.

Fun aló no entrevíspora.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Entrillar

Botar faragullas ou pedazos de pan nun líquido.

Comín pan entrillado en leite.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Entroiro

Festas con mázcaras, fuliqueiros, bailes etc.

Saímos correr o entroiro todos os anos.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Envear

Colocar os veos de xesta sobre o teito dun palleiro para que quede ben suxeito.

Está rematando o palleiro. Só lle falta envear.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Llencias

Enveredar

Poñer [algo ou alguén] nun determinado camiño ou dirección.

O rapaz enveredou o gando cara ao prado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Envolvedoiro (ser,Tar)

Dar voltas, non dar andado, saído, decidido.

Non se daba decidido, estaba naquel envolvedoiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Envorcar

Poñer boca abaixo unha cousa.

Envorcou a cesta no pataqueiro.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Envurullar

Engurrar. Comprimir de calquera xeito, non dobrar.

Gardou as sabas todas envurulladas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enxamiadas

Cousas con pouco fundamento.

Para de facer enxamiadas! Xa me tes cansa!

A Fonsagrada

A Trapa

Penamaría

Enxamiar

Fantasiar, planificar moitas cousas que logo non se poderán cumprir.

Hai pouca fundanza nel, sempre anda con enxamiadas.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Enxamión

Persoa argalleira.

Es ben enxamión! Sempre buscas que facer.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Enxear

Ventilar os cereais para limpalos.

Vai enxeando o trigo que logo vai chover.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Enxendro

Persoa ou cousa de tamaño relativamente pequeno.

Este becerro acabado de nacer, é un enxendro. Non chega a 25 kg.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Mazaeda

Enxugar

Secar.

A roupa enxugou ben que vai moito vento.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enxuito

Seco

Recolle a roupa que está enxuita.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enzabelar

Encebelar

Cando ía andando enzabelou e caeu. Menos mal que non se mancou.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Vilarello de Neiro

Enzalapastrado (tar)

Ir moi sucio e mollado.

Caeu na lama e viña todo enzalapastrado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Enzaparse

Pisar un excremento sen darse conta.

Enzapeime nunha buleira.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Erguer

Mover de abaixo a arriba. Saír da cama.

Axúdame a erguer o feixe.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ervellos

Chícharos. Semente dunha planta leguminosa. Do latín Pisum Sativum.

Botoulle ervellos ao caldo e quedoulle moi saboroso.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esbarafundar

Facer ruído ou barullo e provocar enfadado de malos modos.

Chegou aquí esbarafundando porque alguén deixou a porta aberta e escaparan as pitas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esbardallar

Falar moito dicindo parvadas.

Non esbardalles tanto e traballa máis.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esbardar

Librar da tormenta.

A ver se esbardamos que xa choveu abondo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esbatoxar

Esbastroxar.

Os nenos na piscina non paran de esbatoxar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esbilar

Aproveitar os restos de carne que quedan nun óso.

Vou esbilar a carne da soá

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esbrótico

Persoa que cambia repentinamente de humor. Que contesta de malas maneiras.

Este home é esbrótico perdido.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Esbrótigo (ser)

Animal doméstico pero con un punto salvaxe.

Este can é moi esbrótigo, hai que ter coidado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esbuligar

Moverse a un lado e outro case sen avanzar. Pequeno movemento dun animal moi amortigado.

A penas esbuligou algo antes de morrer.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escabardoso/a

Persoa pouco sociable.

Anda sempre só, é moi escabardoso

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escabel

Banco para sentar.

Vou un pouco para o escabel que estou cansa.

A Fonsagrada

Carballido

Carballido

Escabelar

Perder pelo.

Estes anos está escabelando moito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escacexar

Mover as pernas ou patas, non para avanzar, escaciñar.

Para de escacexar, que vas romper as sabas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escachademos

Persoa amiga de facer trasnadas.

El cando era pequeno era un escachademos, moitas me ten feito!

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Escachar

Partir en anacos patacas, nabos, leña...

Hai que escachelar as patacas para o caldo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escachelar

Desfacer algo en cachelos.

Hai que escachelar as patacas para a cea.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escachizar

Desfacer algo en anacos pequenos.

O vaso escachizouse ao caer.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escaciñar

Flexionar repetida e alternativamente as pernas.

Deixa de escaciñar, que vas soltar as sabas da cama

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Escagarriar

Quitarlles o cagarrio ou envoltura verde externa ás noces.

Trae que che axudo a escagarriar as noces.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escagarrizar

Ter diarrea.

Escagarrizouse porque comeu cereixas quentes.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escairo

Utensilio en alto feito de madeira no que os animais comen a herba.

Os xatos comen do escairo a herba que lles botei hai un pouco.

A Fonsagrada

Piñeira

Goxe

Escalabacear a cabeza

Pensar insistentemente, teimar.

Non deixou de escalabaciar a cabeza ata que atopou a maneira de resolver este asunto

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escalabrada

Rabuñada, con pequenas feridas.

Había tantas silvas que acabei escalabrada

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escalabrar

Facer feridas, rabuños na pel.

Caín moitas veces da bicicleta e agora teño as pernas todas escalabradas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escalazado

Que ten unha ferida superficial pero extensa.

Caeu da bicicleta e escalazou unha perna.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escaldado

Dise daquilo que está moi quente e queima.

Tomei un café moi quente e teño a boca escaldada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escaldrexar

Andar remexendo na auga.

Para de escaldrexar, estás poñendo todo perdido.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escambrón

Pereiro bravo, silva macho. Sentido figurado: persoa áspera, pouco sociable

Hai que deixalo, é un escambrón

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escambruzar

Caer auganeve.

Está escambruzando, leva unha chaqueta.

Negueira de Muñiz

San Salvador de Negueira

Bustelo de Murias

Escamochar

Quitarlle o pico ou algo máis a unha planta.

Hai que escamochar o millo que xa está maduro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escamundar

Algo que se extravía, que non se atopa.

A chave escamundouse, non hai forma de dar con ela.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escañentar

Escorrentar

Escañenta as pitas que saian de diante.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escapelar

Quitar a capa superior de algo.

Hai que escapelar a terra para botar os nabos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escapula

Beira ou ourela.

Non poñas iso na escapula da mesa que vai caer!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escarabana

Chuvia e vento que sopra do norte en inverno.

Hoxe vai un día de escarabana infernal.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escarallar

Deteriorar algo ou romper unha cousa. Tamén se usa para indicar risa moi forte.

Miguel estase escarallando de risa despois de escoitar o chiste.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Escaramonado

Escarmentado.

Partía as abelás cos dentes ata que rompeu un e quedou escaramonado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escaramouzar

Romper a vexetación un animal salvaxe.

Os xabaríns escaramouzaban alí arredor.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escarbuzar

Empezar a nevar con xeada.

Xa escarbuza nos Ancares, vai caer unha nevarada...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escariado (tar)

Dise do pan moi duro, reseco ou queimado. Da terra que estando moi mollada enxugaba moi rápido e quedaba moi dura, sabruñoa

Este pan está tan escariado que escalabrei a boca con el.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escaritar

Facer feridas, rabuñaduras... na cara, propia ou de outro por accidente ou agresión.

Caeu e escaritouse.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escarpolar

Quitar a carpola ou caspela dunha ferida

Non escarpoles a ferida que se che vai infectar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escarpullar

Acción de buscar ou deixar algo esponxoso.

Escarpullar as pulgas ao can. Escarpullar a la para fiala.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Escarrancado

Escarranchado. Coas pernas abertas

Non te poñas tan escarrancado, deixa sitio para os demais.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escarvar

Remover a terra, area, etc. superficialmente.

Escarvamos na area para atopar cunchas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escascarrillar

Acción de romper ou estragar.

Onte caeume o prato ao chan e escascarrillou todo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Escaspar

Soltar caspas.

Escaspou a pintura da parede.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escastañolar

Chocar os dentes co frío

Teño tanto frío que me escastañolan os dentes

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escaxeirar

Andar remexendo, como buscando algo,entre cousas e facendo ruído.

Anda escaxeirando por aí buscando a carteira que perdeu.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escódiga

Vaca que non queda preñada.

Esta vaca é escódiga. Hai que vendela.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Escofinada

Dise da persoa á que lle gusta ter todo limpo e ordenado, impecable.

Éche moi escofinada, non dorme en calquera sitio.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escornallar

Fregar a testa contra algo fixo, unha árbore, poste, noiro. Aplícase aos animais.

A Marela escornallábase contra a parede.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escorozar

Quitar a espiga de millo da planta.

Hai que escorozar o millo que xa está maduro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escorrentar

Facer escapar a unha persoa ou un animal asustándoo ou ameazándoo. Tamén se usa para quitar o frío.

Vai escorrentar as pitas que van entrar no horto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escoscar

Quitar a envoltura externa verde das abelás.

Aínda ben non se recollen, hai que escoscar as abelás.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Escotar

Poñer unha cantidade de diñeiro cada un dos membros dun grupo.

Entre os meus amigos escotaron para facerme un agasallo polo meu aniversario,

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escotoar

Desfacer terróns de terra golpeándoos.

Pasei toda a tarde escotoando na horta.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Escougar

Acción de facer ruído ou ruxida. Golpear.

Para de escougar, Martiño! Vas espertar aos meus pais.

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Escougar (2)

Aturuxar

Botaron a tarde escougando, na festa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escribar

Comezar ou parar [chuvia, tempestade]; excederse do prescrito nun réxime.

Xa parou de escrebar a chuvia, imos xogar!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Escuchimizado

Dise da persoa moi fraca

A ese home nótanselle as costelas. Está moi escuchimizado.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Escufinado

Aplicado a persoa ou cousa especialmente acicalado

Fulana é moi escufinada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escufinar

Limpar con muito esmero, acicalar unha cousa

Deixou a casa escufinada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esculcar

Intentar indagar algo, insistindo e preguntando continuamente.

A nai esculcou á filla para saber onde estivera.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esculfurida

Dise dunha persoa que ten noxo de moitas cousas.

Marta é moi esculfurida.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Escuriscado (estar)

Aplícase especialmente ao pan cando a codia está moi cocida, que se cisca ao cortalo e fire as enxivas.

O pan hai que comelo con xeito, está moi escuriscado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escuriscar

Ir feito un curisco. Presumindo.

Ía para a festa toda escuriscada co vestido novo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escurruxir

Escapar sixilosamente, sen que os demais se decaten.

Escurruxiu da clase.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Escuruxar

Aturuxar

Pasou a tarde escuruxando na festa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfarelar

Desfacer en anacos moi pequenos

Esfareloulles os chos ás pitas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfargallar

Desfacerse un feixe. Roupa moi resgada que xa non se parece ao que foi.

Esfargallóuselle o feixe e tivo que volver facelo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esferruscar

Facer ruído movendo ferros ou cousas.

Non atopaba o que buscaba e non paraba de esferruscar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfiañar

Desfacer en fíos

Levas a camisa toda esfiañada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfofado (estar)

Estar espatelado, espallado, perder a forma normal

Ese colchón está todo esfofado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfoirado (estar)

Estar con moita diarrea.

Na primavera, con tanta herba, as vacas están moitas veces esfoiradas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfolar

Quitar a pel a un animal,

Matou o pito e esfolouno.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfollar

Quitar ou darlle para atrás ás follas secas da espiga do millo para poder enrestralas.

Hai que chamar aos veciños para esfollar o millo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfornigar

Esforneguexar

Teño que cambiar de postura, esforníganme as mans.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esfurricado (estar)

Que ten diarrea.

Sentoulle mal a comida e está esfurricado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esgadellado

Despenteado

Ergueuse toda esgadellada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgaldrapiado (estar)

Mal arranxado. Desaborido.

Vas toda esgaldrapiada, non saias así da casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgalla (a)

En abundancia ou en gran cantidade.

Este ano houbo mazás a esgalla.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esgallar

Desprenderse un gallo dunha planta.

Co peso das mazás, esgallou unha cana.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esganarse

Facendo un esforzo para vomitar.

Esganábase pero non conseguía vomitar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgañifar

Romper unha tea, desfacendo todo como en tiras

Esgañifou a saba para facer atixos para as tomateiras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgarafetados

Enganchados fisicamente nunha pelexa.

Os nenos deron esgarafetados por culpa do balón.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esgaravellar

Escarbuzar na terra superficialmente.

Pasou o día esgaravellando no horto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgaravello

Insecto coleóptero que provoca pragas.

Hai que sulfatar as patacas para o esgaravello.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgaravello (2)

Persoa que é moi traballadora.

A miña avoa é un esgaravello. Está seguido traballando.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Esgarduñar

Rascar coas unllas.

Esgarduñaba na terra ata que sacaba todo o de proveito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgarrafexar

Tusir con moita expectoración

Non para de esgarrafexar

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgateñar

Escaciñar

Para de escaciñar que vas romper as sabas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgazar

Desgarrar, separar algo dando unha superficie irregular

Co temporal esgazoulle unha cana ao castañeiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esgueirar

Andar buscando, remexendo ou tratar de saber de asuntos alleos, de maneira indiscreta e só por curiosidade.

Xa estaba Adrián esgueirando pola xanela.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esguipión

Ser escabardoso, dise de animais ou persoas.

Non fai caso de ninguén, é moi esguipión.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Eslaballar

Remover coa intención de limpar un utensilio de cociña.

Despois de tomar as medicinas eslaballei o vaso.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Eslamiado

Insulso. Con pouco sal. Que non ten graza ou interese.

A sopa está moi eslamiada.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Vilamaior

Eslimar

Movernos sobre unha superficie mollada ou movérsenos das mans algo limoso.

Eslimaba o xabón das mans.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esmagallar

Machucar algo.

Vou esmagallar os cachelos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esmagar

Machucar.

Esmagueille as patacas ao meu irmán pequeno para que puidera comelas mellor.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esmarmelar

Saltar fragmentos de algo, perder lustre.

Esmarmelou ese prato tan bonito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esmatinarse

Querer chamar a atención con sons que non se entenden.

Intentaba esmatinarse pero non lle entendiamos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esmelgadoira

Coitela, con forma de ele, utilizada para extraer o mel dos trobos.

Trae unha pedra para afiar esta esmelgadoira que vou recoller o mel dos trobos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esmeluxado

Dise de alguén que ten pouca forza.

Manolo é un rapaz moi desmeluxado, non ten moita forza para as cargas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esmexucar

Perder algo de urina.

Fíxome rir tanto que me esmexuquei.

A Fonsagrada

Suarna

San Martín de Suarna

Esmilagrarse

Esaxerar moito ao contar algo.

Non lle fagas moito caso, é moi esmilagrado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esmiluxado/a (estar)

Estar pálido, con aspecto enfermizo.

Non ten boa cara, está moi esmiluxado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esmorecer

Murchar. Consumirse pouco a pouco, ir a menos as plantas.

Ese pirixel está esmorecido, é pola seca ou porque lle roeron a raíz

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esmorecido

Falto de forza.

Despois de tanto día no campo, estás esmorecido.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esmorenar

Facer saltar anacos a un recipiente de cociña cando se lle dá golpes.

Lava as cuncas con coidado que as vas esmorenar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esmuchicar

Tic nervioso consistente en pestanexar moi frecuentemente.

Non paraba de esmuchicar os ollos

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Esnoirar/se

Caer dun noiro.

Ten coidado, non te vaias esnoirar.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira

Espainzar

Esparexer. Dispersar algo.

Espainzoulles a herba ás vacas

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espalecer

Despexar a mente despois de estudar ou traballar moito. Distraerse.

De tanto estudar, tivo que espalecer un pouco e foi dar un paseo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espampanante

Aplícase á persoa que chama moito á atención polo físico ou vestimenta.

Vai toda espampanante para a festa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espandiñado (estar)

Colocarse unha persoa de xeito moi estirado.

Levas todo o día espandiñada na cama.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espantar

Meter medo a unha persoa ou animal para que marche.

Espanta as pitas que non saen de diante.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espantullo

Espantallo

Puxo un espantullo para que non lle foran os paxaros ao horto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espanzullar

Caer ao longo.

Caeu todo espanzullado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esparangallar

Estender en varias direccións.

Marta esparangallou todos os xoguetes polo chan.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esparavanear

Xesticular de forma esaxerada coas mans ou brazos.

Para de esparavanar que me mareas!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esparrado (estar)

Tar cas pernas mui separadas, tamén se aplica ás patas de animais ou mobles

Esa mesa non é segura está moi esparrada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espastranado

Dise dunha materia branda que está esmagada e forma unha capa fina e extensa.

Ese froito está espastranado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Espatelado

Dise do que se esmaga ata quedar plano.

Xurxo espatelou a plastilina contra a mesa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Espatelar

Facer presión sobre algo para deixalo plano

Espatelou a masa para facer as galletas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espatulado

Arrastrarse case deitado tocando o chan.

Para pasar por debaixo da cancela tivo que espatularse toda.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espelexar

Sacar a pel dunha planta ou froita e tamén dun animal.

Estaba espelexando o pito para guisalo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espeta

Agulla de calcetar.

Non atopo as espetas que deixei metidas neste caixón.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Ferreirous

Espeteira

Moble que hai nas lareiras onde se poñen os cacharros.

Pon as cuncas na espeteira.

A Fonsagrada

Paradavella

Paradavella

Espieiro

Arbusto espiñoso da familia das rosáceas. Abruñeiro.

Este ano imos cortar o espieiro.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira

Espigos

As cascas e arganas do gran ao pasalo pola limpadora, tras a mallega.

Esta gra tiña moitos espigos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espilido/a (ser, tar)

Espelido, listo.

É moi espilido, sabe de todo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espilir

Inchar, fermentar a masa. Tamén se utiliza para esparexer ou dispersar a herba.

Este pan non é bo; a masa non espiliu ben.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Espir

Soltarse algo porque está moi no límite.

Espiu a manga que estaba rota.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espirixilada

Persoa presumida, altiva.

É moi espirixulada, non trata con calquera.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Esporretear

Facer ruído botando ventosidades.

Ese neno leva todo o día esporreteando.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esportelado

Cunca, prato ou pota á que lle saltou o recubrimento por algunha zona debido aos golpes.

Na nosa casa hai un prato esportelado.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Espriguiciarse

Espreguizarse. Estirarse levantando os brazos.

Espriguiciouse ao rematar o traballo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espuleirar

Acción de sacudirse ou sacudir.

Despois de arrear herba hai que espuleirarse.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Espulgar

Eliminar as pulgas ou os piollos dunha parte do corpo ou unha peza de roupa.. Aproveitar ben a carne pegada aos ósos.

Súa nai tivo que espulgar a cadela.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Espulgar (2)

Quitar o pelo da carne dalgúns animais para comela.

Vou espulgar o pelo do polo.

A Fonsagrada

Paradavella

Paradavella

Espurriar

Lanzar saliva pola boca con forza.

Espurrioulle na cara.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esquibón/esquiboa

Que ten medo, que evita o enfrontamento.

Fun correndo tras as vacas porque son esquiboas.

Grandas de Salime

Malneira

Malneira

Esquío

Mamífero roedor de rabo longo e peludo.

Os esquíos comeron todas as abelás.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esquipioa

Dise dunha tea áspera. Que escapa das mans.

Esta tea é moi esquipioa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esquivio

Axustado, case pequeno.

Custoume poñer a chaqueta, quédame algo esquivia.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Estanquillar

Facer tope cos pés nalgún sitio.

Quedou estanqullando e conseguiu que non caera o armario.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estar de fornigos

Dise da muller que acaba de dar a luz.

Fun visitar a María que está de fornigos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Estar de fundicio

Dise de algo que fonde moito, que tarda en acabarse.

O toucín era gordo e marelo, estaba de fundicio.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Estar no pris

Estar estorbando.

Estás no pris, apártate.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Penamaría

Estaribel

Estrutura complexa, con moitos obxectos e aparatos que se monta para facer algo.

Vaia estaribel!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esteada

Escampada. Esteñada.

Saín recoller o pano na esteada antes de que volvera a comezar a chover.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Estear

Parar de chover.

Xa esteou, así que imos fóra.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Estela

Peza de leña, cortada a medida para botar no lume.

Bota unha estela no lume.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Lamas de Moreira

Esteo

Cando está chovendo e para.

Agora está esteo, non chove.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Estimar

Valorar. Ter aprezo a algo ou alguén.

Estimei moito que viñeras.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Estomagada

Sensación de pesadez por ter comido moito.

Vaia estomagada collín na cea de Noiteboa.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Estora

Neste momento preciso. Ata agora.

Estora non se preocupou como estaba de saúde súa avoa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estorbar

Facer máis difícil ou entorpecer algo.

Aparta de aí que me estorbas!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estorruar

Desfacer terróns na terra.

Hai que estorruar antes de plantar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estoupar

Romper violentamente

As castañas, se non se amozcan, estoupan ao asalas

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estoxar

Encherse moito de algo ata chegar a aborrecelo.

Estoxei os plátanos de tantos que comín.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Estrafelarse

Desfacerse, desconxuntarse.

Estrafeluse contra a parede ao chocar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estragallarse

Deitarse durante un período curto de tempo.

Voume estragallar dez minutos na cama.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Estreitoiras

Dúas pezas preto do eixe para aguantar o carro.

Rompéronlle as estreitoiras.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Estrelar

Fritir ovos no aceite quente.

Pido uns ovos estrelados.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estreloxo

Inquedo.

Ese neno é algo estreloxo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Estremorecerse

Tremer de xeito repentino e axitado.

Estremorecinme ao ver o gato atropelado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Estrenxo

Estremecemento por dor

Fas uns estrenxos!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Estrepias

Utensilio de ferro con tres pés sobre o que se poñen as tixolas ao lume.

Tráeme a estrepia que vou poñer a pota ao lume.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Estrincar

Son especial, producido ao comer froita moi verde ou romper coas mans certos vexetais

Dá grima oír como estrinca esa mazá. Non sei como podes comela

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estrinxir

Encoller a madeira.

No verán estrinxen as portas e as ventás

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estroloxo

Persoa que busca facer trasnadas, desobediente.

Gumersindo era un estroloxo, non deixaba cousa con cousa.

A Fonsagrada.

A Fonsagrada.

A Fonsagrada.

Estrucia

Argallada

Non me veñas con estrucias!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estrullar

Machucar unha parte do corpo por un apertón forte.

Estrullei o dedo coa porta.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Estrumar

Apertar algo fortemente.

Estrumoume a man e mancoume.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Estrume

Cama do gando.

Vou á corte botar estrume.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira

Esturruñar.

Queimar un alimento na prancha ou na tixola.

Esta mañá esturruñóuseme o pan.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Esturuxar

Ser testán con algo.

Sempre esturuxa con todo o que se lle propón.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Esvacuado

Que adopta unha postura de descanso parecida á das vacas.

Estiven toda a tarde esvacuada no sofá.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Esvarar

Perder o equilibrio ao pisar sobre unha superficie lisa ou mollada. Escorregar.

Esvarou na escaleira.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Face

Conxunto formado por 40 mollos de trigo ou centeo.

O tallo do veciño ten 2 faces máis ca o meu.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Facer abetos

Ofrecer e non dar.

Ti fas moitos abetos pero dar non dás nada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Facer as mulidas

Deixar unha casa sen viño ou sen comida.

Non comades tanto queixo que me facedes as mulidas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Xestoso / Vilarello

Facer na media

Facer calcetíns con cinco espetas.

A madriña pasaba o tempo facendo na media.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Facha

Pinta ou aspecto raro.

Vaia facha que levas!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Facharada

Laparada

Saltou auga á tixela e formouse unha facharada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fagundaxe

Un grupo de rapaces e rapazas novos.

Vaia fagundaxe hai por aquí!

A Fonsagrada

Fonsagrada

Ferreirous

Faiado

Parte de arriba das casas que está xusto debaixo do teito.

Teño os libros gardados no faiado.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Falar e declinar

Falar con fundamento.

Falou e declinou; cando el fala a xente cala.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Falcatrúas

Persoa que fai malas accións.

Es un falcatrúas. Non me esperaba ese engano.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Maderne

Faloba

Forquitada de esterco e tamén copos grandes de neve.

Colleu unha faloba de esterco e tirouna na carretilla.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Falopa

Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva. Sinónimos: mantelo, bandallo.

Caian unhas boas falopas de neve.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Faltriqueira

Peto que levaban as mulleres na saia para gardar os cartos.

Levei a faltriqueira á festa.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Fana

Cortar moito algunha cousa (pelo, pequena parte do corpo, plantas)

Vaia fana lle deches!.....

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fanado

Mutilado, que lle falta unha parte do corpo.

Estaba fanado, faltáballe unha orella.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fanar

Mutilar algo. Cortar a rentes unha planta.

Tanto recortar, deixouno fanado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fanega

Medida de capacidade, 2 tegos

Aquela seara era de 15 fanegas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Faragatos

Faragullas que deixan algúns alimentos, sobre todo os cachelos.

Deixache o prato cheo de faragatos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Faragulla

Anaco moi pequeno que se solta do pan ou doutros alimentos feitos con fariña, como as galletas ou os doces

Que non che caian faragullas ao chan

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Faragullos

Receita de aproveitamento que consiste en pasar na tixela a carne ou touciño que sobrou do mediodía e cociñalo cunha masa como a das chulas.

Esta tarde comín faragullos da carne que sobrou do mediodía.

A Fonsagrada

Logares

San Andrés de Logares

Fardallar

Presumir de algo.

El só sabe fardallar dos seus logros.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Fardela

Saca de tea grande, usábase especialmente para traer a fariña do muíño

Levou unha fardela de trigo ao muíño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fardelo

Saco de tea pequeno que serve para gardar a nabiña.

Hai que ir buscar o fardelo que mañá sementamos os nabos.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Fargallo

Prenda de vestir moi rota.

Ía vestido con fargallos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Farraca(na)

Dise na farraca cando se leva algo gardado ou escondido no peito

Traía os cartos na farraca

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Farriar

Facer bromas, meténdose con alguén.

Gustáballe moito farriar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Farricatado (un)

Fardelado pequeno de algo

Levaba un farricatado de noces.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fato

Persoa parva, pouco intelixente.

Nunca vin home tan fato coma el.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Fender

Separar en dúas partes mediante unha fenda.

A fin de semana pasada fun fender leña.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Ferburón

Facer algo apurando moito.

Fáltalle un ferburón

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ferragacho

Algo indefinido, máis ben pequeno e metálico.

Está sempre aí cos seus ferragachos, non sae da casa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ferraña

Cereal para forraxe.

Foi coller a ferraña para o gando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ferruxe

Óxido

Este coitelo está ferruxento.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fiaña

Fío solto.

Levas unha fiaña colgando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fibela

Peza de madeira suxeita na punta dunha corda, serve para tensar. Tamén, unha lazada na corda

Sempre que ían por toxos volvían cos carros cheos e coas fibelas postas para suxeitar o peso.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarmeán

Fillolo

Doce para a sobremesa que se fai con ovos, leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira, e ao que se lle pode engadir logo azucre, mel etc.

Fixemos uns fillolos para o entroiro.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Fincar

Apoiar con firmeza e seguridade.

Finca ben o pé para non esvarar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Finestro

Ventaniña algo máis grande que os ventanos das cortes, que non se abren.

Móvete para o finestro para ver mellor.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fisguadas

Dor aguda e de pouca duración que se repite.

Tiña os ouvidos inflamados, dábanlle unhas fisguadas tremendas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Flaires

Grumos, frades.

As papas teñen flaires.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fochicar

Manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado.

Estás todo o día fochicando en todo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Fogaxe

Calor excesiva e sufocante, con ar quente, moi frecuente en certos días de verán.

No verán fai moita fogaxe na Fonsagrada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fole

Saco

Os fuliqueiros levaban un fole de palla ou cinza.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Foleco

Saco pequeno.

Collín o foleco para meter as patacas.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

A Pruida do Vale

Folgazán como a queixada de riba

Ser moi folgazán.

Es folgazán como a queixada de riba.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Llencias

Follón

A folla das espigas de millo secas.

Os nenos xogaban entre o follón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Forcada

Ferramenta de madeira para recoller herba e outros vexetais.

Cargou o carro de herba coa forcada.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Forcadelo

Pau de madeira que se utilizaba para remover as papas.

Non pares de darlle ao forcadelo. Que non se che queimen as papas!

A Fonsagrada

Vieiro

Vieiro

Fornada

A cantidade de pan que se cocía dunha vez e, por extensión, a fariña que se moía e amasaba para facelo.

Vai moer a fornada ao muíño.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Fornigos

Comida que consistía, basicamente, en cachos de pan revoltos con ovo fritidos que comían as parturentas e cos que se convidaba tamén as parteiras.

Estanche bos estes fornigos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Forqueta

Ferramenta agrícola formado por un mango longo, xeralmente de madeira, que remata en dúas ou máis puntas.

Collín a herba coa forqueta.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Forquita

Aparello de labranza con 3 ou 4 dentes rectos e mango. Utilízase para coller herba, toxos, etc.

Carguei o remolque de herba coa forquita.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Fouce

Ferramenta de labranza que consta dunha folla de ferro curva e afiada con un mango longo.

Trae a fouce para rozar as silvas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Foucín

Ferramenta de labranza que consta de unha folla de ferro curva e afiada con un mango curto

Trae o foucín para coller a herba.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Fouga

Rapidez coa que se fai unha cousa.

Vaille levar tempo, non ten moita fouga.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fouzo

Ferramenta agrícola de ferro en forma de media lúa que se utiliza para cortar.

Collín a herba co fouzo.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Fozar

Furgar.

Deixa de fozar no teléfono que mo vas derramar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Fradar

Cortar as pólas dunha árbore deixando só o tronco.

Ese castiñeiro fradeino o ano pasado.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Lamas de Moreira

Frade

Grumo, bolo que non se desfixo.

Estas papas teñen frades.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Fragoso

Terreo moi costo, moi malo de traballar.

Ese leiro non vale nada, é moi fragoso.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fraque

Persoa ou animal delgado, débil, con pouca forza.

Ese neno fraqueou de todo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Freganzo

O equivalente ao estropallo, facíase de palla ou carqueixa.

Hai que traer carqueixa para facer un freganzo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fregarse

Cofarse, entre persoas ou animais.

As vacas fregábanse contra á árbore.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Freita

Corremento de terras, provocado pola chuvia ou outro fenómeno.

De tanto chover abríronse varias freitas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Freixolos

Doce de forma circular feito con fariña, ovos e leite; pódese comer con azucre ou mel. Freixós.

Estivemos comendo freixolos onte.

A Fonsagrada

Monteseiro

Monteseiro

Freixós

Doce típico do entroido que se prepara con ovos, fariña, leite ou auga e ao que se lle pode engadir mel ou azucre.

Os freixós con azucre son os mellores.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Xestoso de Neiro

Fréjol

Planta leguminosa que bota un froito alongado de cor verde que dentro contén fabas. Feixón.

Vamos comer caldo de fréjoles.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Fretas

Masaxe que se dá cando se ten dor nalgunha parte do corpo.

Dáme unhas fretas que teño moita dor nas costas!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Friaxe

Frío forte e envolvente.

Vai unha friaxe!!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fruto (o)

O cultivo ou a colleita.

Vou ver se a tormenta derramou o fruto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fuchicar

Fedellar

Para de fuchicar nese aparato que vas avarialo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fuciñada

Levar un golpe na cara.

Deches unha boa fuciñada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fugueirada

Lume intenso, de moita lapa e curta duración.

Fixen unha fugueirada porque traía moito frío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fulgueira

Planta con follas normalmente verdes e longas, sen flores e que adoita darse en lugares frescos. Fieito ou Fento.

No prado de meu pai hai moitas fulgueiras.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarmeán

Fuliqueirada, ser unha

Algo moi frouxo,que folea por todas partes

Non che cualla no corpo, é unha fuliqueirada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fuliqueiro

Personaxe do entroido que vai vestido con roupa vella e leva un foleco cheo de palla ou cinza.

Ese vai vestido de fuliqueiro.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Fumeiros

Paus que se colocaban verticalmente nos laterais do carro para suxeitar a carga.

A carga de herba pasaba por riba dos fumeiros.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Fundanza

Confianza. Seguridade que algo ou alguén inspira .

Hai pouca fundanza nel, nunca cumpre o que promete.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Fungar

Expulsar os mocos. En sentido figurado, rosmar, queixa en voz baixa.

Fúngate neno, que che caen os mocos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Funguada

Reproche curto, en mal ton.

Vaia funguada me botou!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Furabolos

O segundo dedo da man, entre o polgar e o máis longo.

Rompín o furabolos.

A Fonsagrada.

Lamas de Campos.

Vilarmean.

Furar o fole

Non gustar un alimento ou unha comida.

A pasta gústalle moito, pero o caldo fúralle o fole.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Furco

Trenza que se fai cos allos, as cebolas, ou coas mazarocas do millo para penduralos.

Con estas cebolas vou facer varios furcos.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Furgón

Dise de quen anda sempre rebuscando. Persoa que é traballadora.

Moi furgón é! O outro día estaba remexendo no meu bolso.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Furquita

Ferramenta para apañar a herba.

Trae a furquita para apañar esta herba.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Furuncho

Furúnculo

Saíulle un furuncho nunha perna.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Fuso

Instrumento, xeralmente de madeira, de forma arredondada e alongada, que serve para fiar.

Cómpre moita habilidade para fiar o liño co fuso.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Fustes

Pinzas de madeira que se utilizaban para apañar as castañas.

Colleu os fustes e a farraca para ir soutar.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Fuxir

Escapar de algo ou alguén. Afastarse rapidamente.

Fuxe de aí que te vas queimar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gabiar

Facer gabias, rego fondo.

Hai que gabiar por riba da leira para que non arregate coas tormentas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gabiocha

Aparello que ten un mango curto e serve para cortar herba.

Fun segar a herba coa gabiocha.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Gabiocho

Ferramenta agrícola con dous dentes de ferro grosos e planos. Gadaño. Picaña.

Estaba cavando a terra das cebolas cun gabiocho novo.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Gabita

Pau cun gancho ou cadea nun extremo e unha argola no outro, que se utiliza para unir a grade ao xugo.

Busca a gabita que teño que ir gradar.

A Fonsagrada

A Bastida

Xestoso de Riba

Gadaña

Ferramenta agrícola que cunha folla metálica afiada e un mango longo que se utilizaba para segar a herba.

Trae a gadaña que imos para o prado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gadañar

Segar a herba coa gadaña.

Acostumabamos gadañar os prados no mes de xuño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gadaño

Ferramenta agrícola con dous dentes de ferro, grosos e planos. Gabiocho. Picaña.

Vou co gadaño sacar unhas patacas.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Gadellas

Dise dunha persoa que ten o pelo longo e anda con el desaliñado.

Amaña algo ese pelo, vaia gadellas tes!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Galbana

Cansazo, preguiza, sensación da ausencia de motivación para realizar unha actividade.

Hoxe levanteime con moita galbana

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Galla

Forcada de metal e mango de madeira.

Levou a galla para traballar na leira.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Gallafeiro

Que é alegre.

Luís é un rapaz gallafeiro.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Gallar

Acción de cruzar dúas pistas, camiños ou estradas.

Estou onde gallan as pistas.

A Fonsagrada

O Trobo

Arquide

Gallarón (a)

Ferver algo con moita forza.

Báixalle o lume, ferve a gallarón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Galleiro

Pau, xeralmente con varias gallas que se lles pon ás plantas para sostelas.

Pon os galleiros ás tomateiras.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Galocha

Calzado dunha peza, todo de madeira e xeralmente con tacos, para preservar da humidade, que se usa por riba doutro, galocha de zapatilla ou galocha de carpín.

O home levaba as galochas á polavila.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Galuda

Persoa agresiva, con carácter enérxico.

É moi galuda, ninguén se atreve a facerlle fronte.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Gamalla

Cana fina e flexible dun árbore ou arbusto.

Colleu unha gamalla para espantar as moscas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gamallada

Unha xostrada cunha gamalla.

Deume unha gamallada porque me rin dela.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gamuza

Leña de uz.

Fomos ás gamuzas.

A Fonsagrada

A Porteliña

Santiso

Gamuza (2)

Partícula que se mete nun ollo e causa molestia. Argueiro.

Dóeme e chórame un ollo, teño unha gamuza.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Gamuzo

Pau de breixo seco impregnado de brea ou sebo que se empregaba para alumear.

Ben deitamos do gamuzo para chegar á casa, estaba a noite moi escura.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Ganar a cebada

Dise cando as bestas se arreboullan polo chan de costas, dando a volta completa

Estaban as bestas ganando a cebada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Gancha

Ferramenta con varios dentes curvados, de ferro, con mango de madeira que se utilizaba para sachar

Levaba a gancha para sachar o horto.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Gandaina

Tempo libre, de descanso ou lecer.

Non é moi traballadora, gústalle moito a gandaina.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Ganzo

Pau de breixo seco impregnado de brea ou sebo que se empregaba para alumar

Para volver para a casa, alumeamos cun ganzo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Garabata

Aparello de labranza que ten tres dentes de ferro e que serve para traballar na terra.

Botou as fabas cunha garabata.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Garabulla

Mañuzo de ramas finas, xeralmente de uces, que se secaban e ao prenderlles lume alumaban coma se dunha lanterna se tratara.

Fun á polavila e levei unhas garabullas

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Garabullo

Anaco delgado de madeira. Pau delgado.

Mete máis garabullos no lume que vai morrer!

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Garambaina

Facer algo sen xeito, case de broma.

Iso non quedou ben, fixéchelo de garambaina.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Garamouzada

Conxunto de ramas moi desfeitas en pequenos anacos.

Iso non vale para nada, á unha garamouzada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Garanduxada

Reparar algo sen xeito, só que aparenta feito (zurcidos, porteleiros...)

Iso non está ben feito, é unha garanduxada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Garañola (á)

Forma de atar os mollos. Garañola é a forma de unir 2 puñados de palla ou vimes para atar un feixe.

Os mollos á garañola son malos de desatar

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Garbucio

Anaco pequeno de pouca importancia.

Cando me levantei da herba estaba cuberta de garbucios.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Garela

Dise dunha persoa orgullosa, fachendosa.

É unha nena moi garela.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Garfallo

Anaco pequeno resgado de tea, pel etc.

Resgou un garfallo e vendoulle a ferida.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Garfela

Especie de culler grande e fonda de mango longo que se utiliza para servir a comida líquida.

Colleu a garfela da espeteira.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Garfelo

Máis pequena que o garfelo.

Servín o caldo co garfelo.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Garipola (facer de)

Dise de algo feito de xeito moi pouco seguro, soamente aparente.

Como vai durar iso se vai todo de garipola!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Garmalleira

Cadea que pendura dunha viga ou elemento similar situado no alto da lareira, cun gancho na parte inferior para suxeitar o pote sobre o lume.

Nas antigas lareiras usábanse as garmalleiras para soster o pote do caldo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Garrucha

Galla cos dentes curvados.

Trae a galla garrucha para botar o esterco no rego.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Garulada

Comida moi lixeira, xeralmente verdura crúa, para persoas ou animais.

Con esa garulada que comes, has ter fame deseguida!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gateira

Furado que se fai nunha porta para que saian ou entren os gatos.

Ela viu saír un gato pola gateira.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Gátenas (andar de)

Gatear.

O neno pequeno andaba de gátenas

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gavela

Porción de herba, feo, palla etc.

Collo outra gavela e xa me chega para o feixe

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gaveleiro

Conxunto de herba ou palla colocada en filas.

Cada gaveleiro dá para 20 mollos

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gazopo

Ir moi sutil, moi escondido.

Entrou moi gazopo na casa e ninguén se decatou.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gazpalloso

Dise do que é áspero e no que é doado engancharse.

Ese trapo non vale para limpar a madeira, é moi gazpalloso.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Gizpio

Resto dunha cana secundaria ao ser cortada, non a rentes doutra máis importante.

Quedáronlle guizpios e aínda han valer para enganchar neles!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gobelo

Curvatura esaxerada do lombo

Fulano vai todo engobelado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Golforada

Un golpe de cheiro moi desagradable.

Que golforada! (dun peido)

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gorar

Devecer.

Dállo xa, a ver se para de gorar.....

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gorbizo

Partícula de calquera material, de pequeno tamaño.

Caeu un gorbizo no caldo.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Gorgolear

Facer ruído ao ferver.

O caldo gorgoleaba na pota.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gorgollo

Insecto que ataca ao gran almacenado.

Perdemos moito grau por culpa do gorgollo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gorola

Dise da fariña moída basta.

Prefiro as papas de fariña fina, non tan gorola.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gorrobello

Persoa, animal ou vexetal sen o desenvolvemento normal.

Esto non é unha mazá, isto é un gorrobello.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gorxipo

Tubos cartilaxinosos que forman parte do aparato respiratorio

Cando se fan os roxóns, bótanselles os gorxipos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Goteiral

Conxunto de goteiras que caen pola beira do lousado cando chove.

Leva todo o día escoitando o goteiral.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Goxo

Cesta grande e fonda con asas.

Leva o goxo cheo de castañas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Graciosa

Persoa ou cousa que é agradable, de trato fácil e que se adapta facilmente.

Fulano é moi gracioso, dá gusto falar con el.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Gradar

Tarefa agrícola e ,en sentido figurado, andar moito e sen xeito.

Vai cheo de gradar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Grade

Aparello de labranza que serve para rastrelar a terra.

Fomos pasar o grade ás patacas.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Maderne

Granado (estar)

Ter moi bo gran.

O millo está moi granado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Greta

Regaña, fisura con separación das partes.

Hai unha greta na parede.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Grilar

Comezar a desenvolverse o grilo nalgúns froitos, principalmente nas patacas e nas cebolas.

Hai un mes que botei as patacas nesta chousa.... e mira como xa grilan! Nótase que esta terra é fértil!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Grilo

Gromo que dá lugar a unha nova planta.

As patacas xa grilaron.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Grixar

Berrar agudo dos nenos. Aturuxar.

Os nenos levan tempo grixando na aira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Grixería

Bulla aguda de nenos.

Con esta grixería non se pode durmir.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Grixo

Conxunto de pedras pequenas.

Botou o grixo no camiño da entrada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Groba

Cavorco que queda ao baixar unha freita.

A freita deixou unha boa groba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Groufo

Fraile, grumo.

Estas papas teñen moitos groufos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Grouña

O óso das froitas. Gouña.

Gardei as grouñas da mazá que me deches para plantar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Guilsa

Vento moi frío e seco.

Onte á noite fixo moita guilsa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Guindastre

Pau de madeira onde se colocaba a garmalleira.

Rompeu o guindastre e caeu a garmalleira!

A Fonsagrada

Paradavella

Chaín

Gulifadas

Golpe que se dá coa man en calquera parte do corpo, normalmente na cara.

Miña madriña deume unha gulifada porque rompín seis vasos por facer o parvo.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Xestoso de Neiro

Gulifar

Vixiar a vida dos demais sen motivo ningún.

Non fai máis que gulifar a ver quen vén á miña casa!

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Gurbizo

Fragmento pequeno, garbucio.

Este leite ten gurbizos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gurdimán

Avultamento na pel por unha cicatriz anómala ou nun tecido por un mendo ou cosido mal feito.

O gurdimán que quedou pinta máis mal que o descosido que tiña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gurgutar (non)

(Usado en negativo) Non dicir nada.

Multárono e non gurgutou, ben sabía que o merecía.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Gustoso (estar)

Sabedeiro (comida).

Este guiso está moi gustoso.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Horca

Utensilio que se utiliza para coller herba .

Estívenlle botando herba ás vacas coa horca.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Louxas

Humilde

De tacto suave.

Esta tea é moi humilde.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Iñantas

Antes, pero hai pouco.

Iñantas fun as verzas.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

A Pruida do Vale

Iñantes

No momento inmediatamente anterior.

Iñantes veu Ramona darme un recado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Iñantias

Iñantes. Antes.

Iñantias veu aquí o rapaz preguntar por ti.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Inciar

Estenderse no territorio. Aplícase principalmente ás malas herbas ou plantas en xeral.

As Mimosas incian moito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Incre

Peza de ferro, polo xeral con punta cónica nun dos lados, na que se traballan os metais co martelo.

O ferreiro mazaba o ferro na incre.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Inxerto

Enxerto

Inxertou as cereixais no inverno.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Labeta

Tipo de medicina.

Ela tivo que tomar a labeta para recuperarse.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Laborada

Traballo mal feito.

A tormenta fixo unha boa laborada no horto.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Laiar

Expresar pena ou o sufrimento mediante choros, xemidos ou palabras.

Está moi enfermo. Non parou de laiar.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Lamberón

Ser lambeteiro, lambón.

Gústanlle moito os doces, é moi lamberón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lamberuada

Lambedela, lambetada.

Sempre come lamberuadas, non come de xeito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lambión

Lamberón, lambón.

É unha lambioa, gústanlle os doces.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lampaño

Pedazo de pel que se levanta un pouco.

Corta ese lampaño que senón vaiche facer ferida.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lampo/a (estar)

Que teña raso algo que non debera estar así.

Teño as zocas lampas por non telas ferrado a tempo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Langrista

Persoa agresiva, que se mete en todo e non cala ante nada.

Lucía é unha langrista, salta por todo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Lanxir

Laiar, referente a un can.

Ese can que lanxe non é meu.

A Fonsagrada

Monteseiro

Monteseiro

Lapar

Apañar un líquido coa lingua.

O can lapaba a auga no barcal.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Laparada

Unha gran lapa de lume. Tamén para indicar un golpe de frío ou de calor.

Abrígate ben, non vaias coller unha laparada de frío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Largo de maus (ser)

Que era moi traballador.

Chamábana sempre para segar o trigo, era moi larga de mans

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Lastra

Pedra grande e de superficie lisa.

Tiñan a aira de lastras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lastreira

Terreo con rocha vista e moi lisa.

Parou naquela lastreira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Latrinas

Lama que se fai nos camiños de terra cando chove.

Hoxe hai moita latrina.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Lazadón

O xeonllo das vacas (patas traseiras).

Chegáballes a lama ás vacas ata o lazadón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lebracho

Cobra pequena.

Vin un lebracho no medio do camiño.

A Fonsagrada

Cereixido

Santiso

Leirar

Capacidade de ter unha boa relación con outra persoa.

A nora e a sogra leiran ben.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Leito (do carro)

Superficie plana na que vai a carga do carro.

Podreceu o leito do carro por deixalo á auga

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Lendia

Dise da persoa que fala moito e sen fundamento.

Esa rapaza ten moita lendia.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Lericar

Falar moito e alto.

Esa persoa non fai máis que lericar.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Lesma

Persoa que chas fai e non o di.

Ese é un bo lesma!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Abaixo

Léveme o dengue!

Expresión de sorpresa.

Como que tiveron un accidente? Léveme o dengue!

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarmeán

Limaco

Molusco terrestre que se arrastra polo chan.

Pisei un limaco.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Limaque

Limaco. Molusco terrestre, de cor negra, que se arrastra polo chan.

Botaron os limaques nas leitugas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Linxir

Acción de queixarse un can.

O can pasou a noite linxindo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Lízcara

Dise dunha persoa aguda, que ten habilidade para saber das cousas.

Alba é moi lízcara.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Lizquente

Dise de un líquido que está morno, nin frío nin quente, tépedo.

Quero o leite lizquente

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Lomba

Elevación do terreo.

A casa está tras daquela lomba.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lombada

Golpe no lombo.

Levou unha boa lombada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lombeirada

Golpe no lombo.

Levou unha boa lombeirada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lombo

Costas. Parte posterior do corpo ata a cintura.

Dóeme o lombo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Londrido

Dise, sobre todo dos nenos, que son gordechos e suscitan tenrura.

Ese neno estache ben londrido.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Lougo

Logo, dentro dun pouco.

Vou lougo!

A Fonsagrada

Allonca

Pántaras

Loxigón

Pata do polo.

Eu quero o loxigón do polo para comer.

A Fonsagrada

Logares

San Andrés de Logares

Luria

Suciedade moi impregnada nun tecido

Que luria teñen estes pantalois!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Madureiro

Persoa delicada de saúde, que sempre se está queixando.

Fulana é un madureiro.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Mafa

Capa de fungo (balor) que se cría sobre algo sólido.

Nesta parede hai moita mafa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Magallada

Cousa mal feita, sen xeito, atrapallada.

Esta comida é unha magallada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Magorento (estar)

Alimento afectado por fungos.

Este guiso está magorento, non se come.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mal traído

Dise cando algo está mal coidado.

Eso está moi mal traído.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Mala andada

Mal estado do camiño que dificulta o andar por el, xeralmente úsase cando está nevado.

Onte nevou toda a noite, agora hai moi mala andada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Malle

Paus longos que se empregan para mallar.

Antes mallábase ó malle.

A Fonsagrada

Cereixido

O Vilarón

Mallo

Paus longos que se empregan para mallar.

Agora xa non hai mallas e por iso tampouco quedan mallos.

A Fonsagrada

O Vilar da Cuiña

Liñares

Manada

O que cabe nunha man, de algo. Tamén, manada de lobos

Chegan ben 2 manadas de cimos

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Manaia sea ela!

Loa a unha muller. Ben por ela!

Sacou adiante o negocio ela soa; manaia sea ela!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Mandil

Peza de roupa de muller, atada ao pescozo, que cobre as costas.

Puxo o mandil para ir coller nabizas debaixo da neve.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Manga do demo/Manga de xudas

Meu Deus! Mi madriña!

Manga do demo! Coa comida que me deches, teño para a semana

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Maniotas

Dor que sentes no corpo logo de facer moito exercicio ou de facer traballos moi duros.

Tivo sacando o cuito tres días e ao rematar tiña moitas maniotas.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarmeán

Mantelo

Peza de roupa que se coloca por diante para non dexobarse.

Pon o mantelo para cociñar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Manuzo

Lote de verduras que caben nunha man.

Comprei un manuzo de cebolo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Manxadoira

Recipiente ou lugar preparado para botarlles de comer aos animais, acondicionado de maneira que só poidan acceder a el coa cabeza

Boteilles herba ás vacas nas manxadoiras

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Marabillas

Rosquiñas de masa frita que se facían especialmente polo entroiro.

Polo entroiro, marabillas e filloas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Maranfaños

Dise da roupa vella, que xa está descosida ou rota.

Vaia maranfaño levas posto!

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Louxas

Marear

En sentido figurado, insistir moito con algo.

Non marees con iso, xa che dixen que non!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Marroto

Grupo pequeno e ben construído de mollos que se facían nas fincas despois de sega.

Acabamos de segar e xuntamos os mollos en marrotos.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Martabela

Pecho dunha soa peza que xira sobre unha punta cravada na parte central e serve para pechar por dentro.

Pechei a fiestra coa martabela.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Maseira

Recipiente alongado de madeira, que se utilizaba na matanza, e tamén para dar de comer aos animais.

Botou o caldo que quedaba na maseira dos cochos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Aldomán

Matapollos

Dedo gordo da man.

Deu un golpe no matapollos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Maula

Falta de gana para facer un traballo ou persoa que ten esa falta de gana.

Vai facer iso, non sexas maula!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Mazaneiro

Maceira. Pomar.

Ese manzaneiro está moi cargado, vai romper

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mazaúco

Mazá de pequeno tamaño e normalmente de mala calidade.

Este ano a maceira deu uns mazaúcos que pouco valen

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Graña de Chao de Fornos

Mazmindo (ir)

Irse consumindo lentamente polo lume, sen facer chama

Os cotos de cerna van moi ben para curar os chorizos, manteñen sempre o lume

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mecer

Remexer, mover algo.

O caldo de verzas hai que mecelo moito para que cozan ben.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Meda

Conxunto de mollos dispostos en forma circular e terminado en pico.

Fixen unha meda con 20 faces.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Meirazgo

Fillo/a que herda a casa, xeralmente o maior. Meirazo.

O meirazgo herdou a casa e as leiras.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Meirazo

Fillo maior e herdeiro da casa.

Vou deixarlle a casa ao meirazo.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Melandro

Mamífero carniceiro, porco teixo.

Esta noite vin un melandro polo monte.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

Malneira

Mendar

Coser un cacho de tea nunha prenda que está rota.

Leva o pantalón á costureira para que cho mende.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Merma

Paxaro cantor de tamaño medio con plumaxe negra e pico amarelo no macho e plumaxe e pico pardos na femia.

Mentres paseaba vin unha merma na rama da árbore.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Meso

Asento pequeno e sinxelo; normalmente cunha táboa e tres patas.

Moncía as vacas sentado nun meso.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Mexacais

Planta herbácea de follas rastreiras. Carrelo.

Estivemos toda a tarde arrincando mexacais na horta.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Micuada (unha)

Unha cousa moi pequena de algo.

É unha micuada, non dá nin para probar!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Minar

Voz das vacas moi suave. Normalmente para chamar ás crías pequenas.

A Marela minaba toda a noite cando lle quitaron a cría.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mioco

Sentimento que ten unha persoa moi consentida, xeralmente un neno/a. Meco.

Sempre consegue o que quere, ten moito mioco.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Miola

Parte branda no interior do cranio.

Dóeme a miola.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Mirar como mexan as pitas (ir)

Dicíase con intención de que sacar a alguén de diante, mandándoo a un lugar imposible porque as pitas non mexan.

Neno, vai mirar como mexan as pitas (cando queren falar cousas de maiores).

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Mirar os santos

Non facer nada.

Non le a revista, só mira os santos.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Mirar para as murolas

Dise da persoa que está distraída, sen atender ao importante.

Cando lle pediron a resposta, estaba mirando para as murolas, non se decatou nin da pregunta.

A Fonsagrada

A Fonsagrada.

A Fonsagrada

Mixiricas

Dise de quen está moi delgado e non ten forza.

Es un mixiricas! Tes que comer máis que estás nos ósos.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Mizco

Un chisco, unha pouca cousa. Un mizcato.

Dáme un mizco de pan.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Moa

Disco de pedra que se xira rapidamente arredor dun eixe, úsase para afiar ferramentas.

Onte afiei o coitelo na moa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mola

Parte branda do interior da cabeza dos animais (encéfalo).

Aproveitou a mola dos cochos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Mole

Brando, de baixa dureza.

O novo sofá é dun material moi mole.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Molime

Conxunto de vexetais cortados, como toxo, fento..., que se bota no lugar onde están os animais para mantelos secos e para que fagan esterco.

Trouxemos o molime para estrar as vacas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Molleira

Acción e efecto de mollar ou mollarse.

Pillaches unha molleira e vas pillar un catarro...

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Mollo

Conxunto de cereais atados coa propia palla do cereal do que está formado.

O meu veciño fai mollos moi grandes.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Moncer

Sacar o leite do ubre ás femias de certos animais premendo e estirándolles os tetos ou mediante procedementos mecánicos.

O xato non mama e teño que moncer a vaca todos os días.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Mondongo

Conxunto de chourizos, androllas e butelos que se colgaban a curar ao fume no caínzo.

Era de casa rica, tiñan moito mondongo.

A Fonsagrada

San Martín de suarna

Llencias

Montarego

Algo que tira ao monte. Algún animal doméstico que non vai de gana para a casa.

É moi montarego, se non vas buscalo , aló queda!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Morea

Conxunto de herba amontoado.

No prado de enriba da casa fixen dez moreas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Morguiña

Alguén que as mata calando.

Non te fíes, é un morguiña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mormera

Mormeira. Catarro de nariz.

Tiña moita mormeira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Morondanga (de)

Algo que non se fai en serio.

Non quedou ben. Fixéchelo de morondanga.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Moscar

Fuxir, marchar rapidamente un animal cando o pican as moscas; xeralmente, aplícase ás vacas.

Onte moscaron as vacas.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Mosco

Insecto que se cría no trigo, centeo, chícharos e demais legumes.

Ao baleirar o trigo no ferrado, saíron unha chea de moscos.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Moucuada

Golpe dado na cara coa man aberta.

Vouche dar unha moucuada con que te andes a mofar de min...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Moura (estar)

Estar enfadado/a.

Deulle os bos días, pero ela non contestou, estaba moura.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Mouriato

Elemento indefinido,non identificable, moi ao lonxe, pouco máis que un punto negro.

Que será aquel mouriato que se ve enfronte?

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mozo

Soporte de pau cun ferro na punta onde se poñía o gamuzo.

Collín o mozo para ter luz.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Muchazo

Moito. Úsase en expresións negativas.

Non me gusta muchazo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Mulida

Peza de coiro ou tea, xeralmente chea de palla, herba etc., que se lles pon aos bois ou ás vacas entre os cornos para que non os manque o xugo.

Trae as mulidas que imos xunguir as vacas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Mulido

Conxunto de toxos, herba e folgueiras mesturado que se usa para estrar o gando.

Vai polo mulido para estrar a corte dos xatos.

A Fonsagrada

A Trapa

A Trapa

Muliqueirada

Algo que está rebrandecido, que perdeu a textura que tiña.

Iso está estragado, é unha muliqueirada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Mulitorio

Algo que se pon para mulir.

Non sentes na pedra fría, pon un mulitorio.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Murar

Estar moi absorto en algo, moi concentrado.

Sempre anda murando, non escoita o que se lle di.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Murgueiro

Dise dunha persoa moi parada, que non é moi decidida.

Non esperes nada del, é un murgueiro.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de baxo

Murón

Dise de quen anda sempre coa cabeza baixa e que non mira para quen está falando.

É tan murón que nin mira para min cando lle falo.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Murriato

Bicho morto e podrecido que desprende cheiro.

Cheira como un murriato.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Muxega

Moega. Parte do muíño onde se bota o gran que se vai moer.

Bota o gran na muxega.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Muxén

Todo o relacionado coa muxidura dos animais.

Hai que preparar as cousas para a muxén.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Muxir

Sacar o leite ás vacas, cabras etc, tirándolles dos tetos.

Vai muxir as vacas que xa é hora.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Nacencia (unha)

Primeiro síntoma a nivel cutáneo da aparición dunha úlcera, erupción...

Púxoseme esta durén no brazo, algunha nacencia......

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Nebra

Néboa

Non levantou a nebra ata o mediodía.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Neto

Tenro. Que loce ben.

Estas tomateiras están tan netas que pode queimalas o sol

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Nevarada

Cantidade de neve caída na mesma borrasca que chegue a cubrir ben. Bola de neve para xogar

Caeu unha nevarada a comezo do ano.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Nevarío

Tormenta moi fría, de auganeve.

As nubes indican que vai vir un nevarío.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Nevuscada

Precipitación de neve moi escasa. Capa moi fina de neve no chan.

Veu unha nevuscada. Hai unha nevuscada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Niada

Niñada de aves ou doutros animais.

A cocha tivo unha niada de ranchos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Nidio

Nítido. Terreo alisado, sen furados nen lombos.

Despois de levantar a nebra quedou o día nidio.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Nin grena

Nada de nada.

O ano pasado non nevou nin grena ata o mes de xaneiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Niu

Niño de aves ou doutros animais.

A pita fixo o niu entre as herbas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Lazo que se fai cun ou varios obxectos flexibles (fío, corda) e que se aperta tirando dos dous cabos de maneira que sexa difícil de soltar por si só.

Fixo un nó na corda.

Grandas de Salime

Robledo

Robledo

Noada

Varios días seguidos de chuvia ou neve.

Veu unha noada nunca vista.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Nobelo

Bóla de fío ou la enrolada de xeito ordenado.

Gastou un nobelo de la para facer o xersei.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Noiro

Superficie de terreo moi inclinada ou case vertical nun desnivel á beira dun camiño, estrada etc.

Caeu do noiro.

Ribeira de Piquín

Os Vaos

Vilarpescozo

Noite de lobos

Noite clara / Lúa chea.

Non saias, fai unha noite de lobos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Non hai mester

Non é necesario.

Non traballes tanto, non hai mester.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Non sei pinta

Non sei nada, non teño idea.

Non che sei pinta sobre eso.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Non vaia ser o demo

Non vai ser que.

Imos ir para para casa axiña non vaia ser o demo que chova.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Norear

Ir de paseo sen facer nada.

Eses dous foron norear cando estaban ben mellor traballando na casa

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Noucro

Vulto que sae no corpo.

Dei un golpe na vidalla e saíume un noucro.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Nuelo

Nocello. Articulación entre a perna e o pé.

Déronme un golpe no nuelo xogando ao fútbol.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Ogano

No ano en que estamos, na actualidade, hoxe en día.

Ogano non parou de chover.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ola

Recipiente, xeralmente redondo, usado para cociñar. Pota.

Bota as patacas na ola do caldo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Onda

Ondulación en algo flexible.

Gústanme as ondas do teu pelo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ondeada

Unha idea sen sentido.

Non fagas caso, é outra ondeada del.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Onza

Cada un dos fragmentos dunha libra de chocolate.

Deulle unha onza de chocolate ao neno.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Osmar

Buscar algo utilizando o olfacto. Andar meténdose en asuntos doutros.

Non veñas osmar por aquí, non teño o que buscas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Ougueiro

Abertura que se fai no chan para canalizar a auga da chuvia ao redor da casa ou para regar un prado aproveitando a auga dos camiños.

Fixo un ougueiro enriba da casa para que pasara a auga.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Oular

Son agudo emitido polos cánidos.

Os lobos oulaban onte no monte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Outiar

Mirar ao lonxe, normalmente sen obxectivo concreto.

Sempre anda outiando, non sei que é o que ve.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Outonía

Herba que comeza a nacer coas primeiras chuvias despois do verán.

Xa vén a outonía nos prados.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Outonizo (tar)

Tempo de outono.

Acabou o verán, xa está outonizo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ouveo

Desexo forte de algo.

Ouveaba polas cereixas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ouviar

Ter desexo de algo. Devecer por algo.

Ouviaba porque me comprasen un vestido.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pa

Cantidade de algo que se pode coller cunha pa.

Onte collín unha pa de terra.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Pa (2)

Utensilio que se utiliza para meter o pan no forno, feito de madeira.

Pásame a pa para meter os pais (pans) no forno.

A Fonsagrada

Vieiro

Pedrouzos

Padrairo

Tipo de árbore de folla caduca parecida á da vide co pecíolo vermello.

Cortaron o padrairo da praza.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Pailaroco

Persoa algo bruta e non moi lista.

Ese neno é moi pailaroco porque non estuda nada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Palimoca

Dise dunha persoa pouco intelixente ou que non comprende ben as cousas.

Aquela muller é unha palimoca, non se decata de nada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Palimocas

Que é pouco intelixente.

É algo palimocas, non dá para máis.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Palitroque

Pau indefinido, máis recio que a aguillada pero sen chegar a poste.

Con ese palitroque non non pechas o porteleiro

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pallar (o)

O que queda no campo despois da sega: os cañotos e a raíz do cereal.

Na seara non queda namais que o pallar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Palleira

Lugar onde se almacena a herba seca.

A carón da casa da miña avoa hai unha palleira.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Palleiro

Morea de palla ou de herba seca en forma de cono, que se fai na eira de tal xeito que non se molle coas choivas.

Despois de segar, fanse os palleiros.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Palleta

Lingüeta do bordón da gaita. Por extensión lingua humana.

Para un pouco, imos mollar a palleta (tomar un viño)

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Palloza

O pé seco do millo ao que se lle quitou a espiga

Hai que sacar a palloza da leira para arala.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pampaneira (unha)

Terreo moi mole,encharcado. Infección nunha zona pequena do corpo con moito pus debaixo da pel

Non te metas por aí, iso é unha pampaneira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pámpano

Persoa aparvada, pouco espelida.

Este rapaz é ben pámpano, non se decata de nada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Pandullada

Mentira ou bulo que circula entre a xente.

Non me veñas con pandulladas.

A Fonsagrada

Cuíñas

Aldomán

Pantominada

Mentira que se intenta contar.

Luís, para de dicir pantominadas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Paolla

Espiga de millo.

Imos esfollar as paollas para as pitas

Negueira de Muñiz

San Salvador de Negueira

Bustelo de Murias

Papado

Porción de líquido que se bebe dunha soa vez. Trago.

Vou beber un papado de auga que teño sede.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Paparrucho

Bicho moi pequeno, moi xenérico

Boh... calquera paparrucho...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Papasol

Insecto da familia dos coccinélidos de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos con sete puntos negros.

Coñece moitas adiviñas sobre o papasol.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Papexadoira

Falar como con papas na boca.

Ten unha papexadoira que non se lle entende nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Papón

Designa a calquera bicho pequeno (máis ben insecto), non identificado.

Vaia , vaia..., ter medo a un paponzuco...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Paporrubio

Tipo de paxaro que destaca pola cor avermellada do papo.

O paporrubio é un paxaro moi común en Galicia.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Paraxisma

Comentario esaxerado e, moitas veces, inventado.

Non me veñas con paraxismas que non che creo nada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Paraxismada (unha)

Deformación moi esaxerada de algo, mesmo unha invención.

Que paraxismada! Que cha vou crer...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Paraza

Cuberta exterior máis ou menos grosa dalgúns froitos, como a pataca, a laranxa, a mazá etc.

Deulle as parazas das patacas aos cochos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Parexa

Parella

A parexa de vacas levaba o carro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Parreiro

Lugar elevado onde se gardan as patacas para telas todas xuntas e que sexa máis fácil levalas para a cociña. Faiado.

Sacamos as patacas e fomos gardalas o parreiro.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Xestoso de Neiro

Partixas

Acción de dividir ou repartir algo entre un grupo concreto de persoas.

Mañá a mediodía imos facer as partixas da casa do avó.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Parva

Comida que se fai despois dun tempo de levantarse da cama.

Ás dez da mañá pararon para tomar a parva.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Pasmón

Soporte para candil de gas, de pé e moi simple. Persoa que abraia ou se asombra por calquera cousa, ou que permanece sen reaccionar.

Mira que non tropeces no pasmón e tires o candil! Quedaches como un pasmón cando viches aquela moza!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Paspán

Persoa aparvada, con pouca malicia.

Ese rapaz é un paspán.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Pastrán

Persoa que presenta un aspecto sucio e descoidado, que non se lava.

Déronlle alugamento a aquel vello pastrán.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Patela

Obxecto plano ou aplanado

Tráeme a pota máis patela de todas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Paticar

Moverse dun lado para outro con pasos curtos.

Para de paticar! Estasme mareando.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Paxarela

1. Insecto que posúe antenas, aparello bucal en forma de trompa e ás coloridas. 2 Órgano situado á esquerda do estómago que realiza funcións sanguíneas; bazo.

1. Esa paxarela ten as ás moi bonitas. 2. Sácalle a paxarela ao unto.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Paxelo

Peza de roupa de home ou muller, especialmente a roupa interior.

Puxo uns paxelos ao clareo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pecheira

Mecanismo metálico movido cunha chave que serve para pechar portas, caixóns, maletas, tapas...

Deixou a chave na pecheira.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pecho

Taco de madeira ou pequeno pau chantado nunha parede ou tabique para colgar algo.

Vou poñer uns pechos na parede para colgar as chaquetas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pegureiro

Parte final da tripa gorda dos cochos (o cego) que se enchía de carne con óso, de xeito similar ao butelo.

Comeron un butelo e un pegureiro.

A Fonsagrada

San Martín

Llencias

Pelandros

Rabaño de ovellas e cabras

De nena fun moito cos pelandros.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Pelar en auga fría

Dise da persoa que é moi aproveitada, que fai todo por interese. Tamén se di do comerciante que ten uns prezos moi elevados.

Iso non vai pelar en auga fría. Nesa tenda non pelan en auga fría.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Peleirada

Enfermidade leve e contaxiosa.

Con estes cambios de tempo é fácil coller unha peleirada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pelexa

Pel de animais.

Secou a pelexa da cabra para aproveitala.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Pelexo

Pel dun animal. Pelello.

No butelo bótanse tamén pelexos dos cochos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Aldomán

Peneirar

Pasar o cereal por unha peneira ou cribo para limpalo.

Aproveitaba cando había vento para peneirar o trigo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Peneque

Que inxeriu bebidas alcólicas en exceso.

Non lle fagas caso, está peneque.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Penuria

Lata. Fastidio.

O neno non non paraba de dar a lata, que penuria!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Peperitos

Comidas especiais, distintas das que comía o resto da familia.

Era de moi mala boca, só comía peperitos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Perguntar

Pedir a alguén que diga aquilo que se desexa saber.

Que che perguntou Xiana?

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Perico/a

Dise da persoa que é traste, que anda saltaricando.

Ese neno é un perico, subiu á árbore.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Perrera

Pelo que tapa a fronte. Floco.

Tes que cortar a perrera que che tapa os ollos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pésago

Froito do Pesagueiro (Pexegueiro). Pexego.

Este ano non lle probamos os pésagos ao pesaqueiro do horto.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pescudar

Indagar. Investigar.

Teño que pescudar quen me roubou as peras da horta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Peselo

Cesta grande de base estreita que se abre moito na parte superior. Utilizábano os homes para cargar patacas, ourizos das castañas, etc

Tiña poucas patacas, coubéronlle todas nun peselo.

A Fonsagrada

Maderne

Maderne

Pesqueiro (un)

Un terreo moi malo, moi costo, no que non se fai pé.

Por aí hai que ter coidado que ese terreo é un pesqueiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pestanexar

Mover as pálpebras.

Mirou, sen pestanexar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Peta

Ferramenta dobre, cun pico e cunha especia de axada de ferro con mango de madeira.

Fixo o rego coa peta.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Petelar

Dar golpes repetidos e non moi fortes.

Leva toda a mañá petelando co pé na mesa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Petromás

Dise da persoa aloucada, de pouco xuízo, rebelde.

Teu irmán é un petromás.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Peza

Parte da horta máis grande destinada a un só cultivo.

Este ano imos plantar cebolas na peza.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Pezorellos

Inflamación das glándulas Parótidas. Parotidite

Non foi á escola porque tiña os pezorellos

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Pezuncho

Especie de gancho de madeira natural ou cravado nalgún sitio.

Deixou a zamarra colgada nun pezuncho.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pezurga

Tempo con nubes baixas, néboa, chuvia persistente e fina.

Hoxe hai moita pezurga.

A Fonsagrada

Ferreirous

Ferreirous

Pibida

Pebida. Semente dun froito.

Gardou pibidas de cabaza.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pibideiro

Lugar onde se botan as sementes de certas plantas e onde se crían durante un curto período de tempo, para seren logo transplantadas.

Montou un pibideiro no xardín para sementar unha pouca horta.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Picaña

Ferramenta agrícola con dous dentes de ferro, grosos e planos. Gadaño. Gabiocho

Colleu a picaña para ir traballar ao horto.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Picuada

Picadura dun insecto.

Teño os brazos cheos de picuadas de mosquitos

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Pigureiro

Persoa que coida o gando. O rei do mondongo: o butelo cheo de ósos e peles

Fixemos os pigureiros e os chourizos onte. Meu avó é pigureiro: ten cen ovellas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pileira (unha)

Un catarro latoso e complicado.

Teño unha pileira que non dou quitado!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pilitrón (tar, andar algo)

Estar moi delicado de saúde.

Está moi pilitrón, este ano non chega a oír o cuco.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pimpante

Satisfeito, orgulloso de si mesmo.

Deixou o traballo sen facer e foise tan pimpante.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pinchacarneira

Volta que se dá apoiando as mans ou a cabeza no chan e deixándose caer sobre o lombo.

Deu a pinchacarneira no prado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

O Fito

Pinchar (unha árbore)

Cortar unha árbore.

Pinchou a budueira que rompera.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pingando

Impregnar, cubrir ou poñer en contacto cun líquido ,un corpo ou unha superficie; mollar.

Púxenme pingando.

A Fonsagrada

Monteseiro

Monteseiro

Pingo

Graxa sólida dos cochos.

Antano usábase o pingo para fritir.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Pingueira

Gota gorda.

Caeume unha pingueira na cabeza.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Pinguela

Auga que cae gota a gota.

A fonte corre moi pouco, só unha pinguela.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pinougo

Persoa traste, trexugada ou rebuldeira.

Deixa de subirte enriba das árbores, es un pinougo.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Pintarme

Sentar ben.

Non me pintou a comida.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Piqueiro

Anaco de saco que se colocaba nas pernas para non picalas cando se ía aos toxos.

Menos mal que levaba piqueiros nas pernas. Os toxos acaban comigo!

A Fonsagrada

Pacios

Mourisco

Piqueiro escurrecachos

Dise de quen non ten a capacidade para realizar certas actividades.

Súa nai chamoulle piqueiro escurrecachos cando lle metían gol.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Pirindengue (un)

Algo que se leva colgado.

Gústalle levar moitos colares e pirindengues.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pirlar

Choricar

O neno leva toda a mañá pirlando, que penuria!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pirullo

As froitas ao nacer e mentres son moi pequenas. Tamén ao botón da flor.

Hai moitos pirullos, vai haber moita froita.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pisar (o toxo)

Cortar o toxo en pedazos máis pequenos para dárllelo aos animais.

Pisou o toxo para a mula.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Pispante

Dise dun rapaz moi esperto e amigo de facer trasnadas, pillabán.

Este neno é un pispante, sempre anda a facer trasnadas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pisquelo

Órgano do aparello xenital masculino que serve para copular e mexar.

Tes a petrina aberta, váiseche ver o pisquelo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Pisquirido (estar)

Estar máis que fraque, estar moi delgado.

Está tan pisquirido! Non debe ter saúde.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pistroxo

Dise da persoa aloucada, de pouco xuízo.

Non lle fagas caso, é un pistroxo.

A Fonsagrada

Xestoso-A Bastida

Xestoso

Piteiro

Porción pequena de terra de cultivo.

Non botou máis que un piteiro de patacas

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Pitos

Crías da galiña.

A pita chocou e sacou moitos pitos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pizparro/ín

Pequena porción dun líquido, un chisco.

Dame un pizparro de leite.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pizpierno

Pata do polo.

O que máis lle gusta son os pizpiernos do polo.

A Fonsagrada

O Trobo

Vilamaior do Trobo

Pizpiñeiro

Biquelo ou bico dunha xerra.

Rompeu o pizpiñeiro da xerra.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Poda (de xabón)

O resto que queda dun xabón que posúe forma de lámina.

Vou mercar un xabón que só queda unha poda.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Podón

Ferramenta de labranza que consta dunha folla de ferro curva e afiada cun mango curto, máis grande que o foucín.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Poio

Estante ou alzadeiro longo e ancho, xeralmente de madeira, para pousar comida para os animais.

Trouxo un feixe de verzas e pousouno no poio.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

A Graña de Chao de Fornos

Polainas

Peza de roupa, feita de coiro, para poñer nas pernas cando se montaba a cabalo.

Teño unhas polainas novas para montar a cabalo.

A Fonsagrada

San Pedro

Mazaeda

Polas zarapelas

Polos pelos, por pouco.

Polas zarapelas non nos colleu ese coche.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Polavila

Andar de casa en casa despois da cea.

Vide a polavila hoxe a noite.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Polavila (2)

Festas que se facían antigamente en cada aldea.

Os domingos había polavila na aira do medio.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Pomar/pumar

Maceira

Este pomar vai moi alto, hai que podalo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Por sobre de (ir)

Por enriba dunha superficie.

Oes nenín, vai tornar as ovellas que van por sobre da quella.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Paradiñas

Porfiar

Insistir repetidamente, sobre todo coa comida.

Miña avoa non me paraba de porfiar que comese

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Porreto

Follas tubulares da cebola que se utilizan para facer o caldo.

Gústame o caldo de porreto con ervellos

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Portada

Porta grande, de entrada á corrada ou á casa.

Pola portada de madeira accédese á corrada desa casa.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Porteleiro

Porta ou cancela pequena.

Pecha o porteleiro do horto.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Portelo

Parte superior das portas que teñen dúas partes.

Pechade porta e portelo que vai moito frío.

Negueira de Muñiz

Bustavedelle

Portuxo

Parte superior dunha porta que consta de dúas pezas independentes, de tamaño máis pequeno que a inferior.

Abre o portuxo para que entre algo de aire!

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Portuxo (2)

Porta pequena.

Para entrar no galiñeiro tiña un portuxo pequeno.

A Fonsagrada

Vieiro

Vieiro

Pote

Pota de menor tamaño.

Pásame o pote que está gardado.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Poupiñar

Andar apoiando mal, como aborrecendo pousar os pés. En persoas ou animais.

Non sei que ten nos pés esta vaca, sempre poupiñando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Poupiñón

Persoa que anda como se non soubera que pé pousar.

Non sei que bailará, é mui poupiñón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pousadoiro

Lugar onde se pousaban os feixes para descargar ou para descansar un pouco.

Deixa o feixe no pousadoiro e descansa un pouco.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pousamangorde

Dise daquela persoa con pouca personalidade ou demasiado tranquilo.

Que pousamangorde es!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Pousameaxeito

Dise daquela persoa con pouca personalidade ou demasiado tranquilo.

Es un pousamaxeito!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Povisa

Partículas ardendo ou moi quentes que saltan do lume.

Coidado coas povisas que poden queimar!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Povisada

Conxunto de povisas do lume. Tamén se di cando empeza a nevar e cae pouca neve.

Non callou a neve, soamente caeu unha povisada!

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Prea

Dise de alguén pouco honesto, mentireiro e non de fiar.

Ela é unha prea, non te fíes!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Precaucioso (ser)

Ser precavido

É moi precaucioso, pensa en todo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Preciada/o

Dise dunha persoa que convida a outras e que lles ofrece moitas cousas.

Era moi preciado. Na súa casa sempre había comida para os forasteiros.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Prega

Pregue.

A costureira fíxolle un vestido de pregas

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Presada

Canle cheo de auga. Cantidade de cousas superior á que colle nunha mau.

Ía unha boa presada de auga para o muíño.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Presar

Acción de facer sucos ou regos na terra para repartir a auga polo prado. Presiar

Meu pai e miña nai foron presar ao prado de aquí ao lado.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Presear

Facer as presas ou regos que se utilizaban para distribuír a auga polos prados.

Hai que presear para aproveitar ben a auga.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Présimo (ser)

Préximo

Iso xa se fará. Non sexas présimo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Préximo/a

Persoa inquieta e apurada, que quere ou fai todo ao momento (con sentido pexorativo)

Ela é moi préxima.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Prido

Comicio.

Non podo parar de rascar, teño moito prido.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Prieiro/a

Persoa ou animal que insiste moito para conseguir algunha cousa.

Ti es moi prieiro.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Priguiza

Falta de vontade para traballar ou para realizar calquera acción.

Tes moita priguiza rapaz.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Pruída

Elevación do terreo algo máis que unha lomba.

Para chegar alí hai que pasar unha pruída.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pucha

Prenda que asentada na cabeza serve para protexer a mesma do sol.

Tráeme unha pucha que vai moito sol!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Puleiro

Lugar onde descansan as galiñas.

As pitas xa están no puleiro.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Pulgaza

Cuberta exterior máis ou menos grosa dalgúns froitos, como a pataca, a laranxa, a mazá etc. Cuberta exterior dalgunhas árbores.

As pulgazas das patacas son para os cochos

A Fonsagrada

Allonca

Páantaras

Pulvurín

A neve en po, xa caída, posta en movemento polo vento.

Levantouse un pulvurín.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pulvuriñar

Levantar o aire a neve en po.

Mirade como o vento pulvuriña a neve que cae!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Pumar

Árbore que produce mazás. Designa unha única árbore e non o conxunto.

Collín unhas mazás deste pumar para facer marmelada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Purtileiro

Abertura dun cerramento.

Vou amañar un purtileiro ao prado da porta. Así, non paran as vacas

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Puxar

Apostar, ofrecer unha cantidade nunha poxa.

Puxou polo carneiro ata que o conseguiu!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Puxavante

Ferramenta de corte para ferrar as bestas.

Trae o puxavante que vou ferrar as bestas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Quedar copo

Quedar louco, pasmado, sorprendido, abraiado...

Díxome que ía casar e quedei copa.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Quedar polloa

Non ganar ningún xogo unha partida de naipes.

Nesta partida quedei polloa

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Quedar zapateira

Non facer alguén bazas ou tantos nun xogo de naipes.

Neste xogo quedei zapateira.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Queima

Incendio.

Hai unha queima moi grande na Fonsagrada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Queimuras (ter ou facer)

Acidez, ardor de estómago.

Non podo comer castañas, fanme queimuras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Queira (do lume)

Fume case invisible pero moi picón.

Con esta queira non paran de picarme os ollos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Queixada

Parte da cabeza onde se atopan os dentes de abaixo.

Dóeme a queixada de tanto comer.

Grandas de Salime

Penafonte

Penafonte

Quella

Rúa ou camiño moi estreitos.

Oe meniño, vai tornar as ovellas que van por sobre da quella!

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Paradiñas

Quimera

Disputa violenta acompañada de enfrontamento físico.

Un tipo sacou unha navalla e amañouse unha quimera.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Quinqué

Lámpada provista dun depósito de combustible e un tubo de vidro dentro do cal se produce a chama.

Caeume o quinqué e prendeu lume na alfombra.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Quitarlle o fuero

Quitarlle o orgullo, baixarlle os fumes a alguén.

Nada do que se facía aquí lle valía, pero xa se encargou a vida de quitarlle os fueros.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Quizabias

Que pode acontecer ou non. Quizabes.

Quizabias chova hoxe!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Rabela (do arado)

Varas ou agarradoiras do arado, por onde se collía para arar.

Agarra o arado ben polas rabelas para guialo polo rego!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rabeluada (Ir dar unha)

Ir dar unha volta.

Foi dar unha rabeluada á horta e veu cun manuzo de nabizas

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rabicar

Arrincar os nabos que hai de máis cando son pequenos.

Hai que rabicar os nabos, senón non valen nada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rabico/a

Nabos pequenos.

Ía coller cimos, pero os nabos aínda son uns rabicos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rabión

Persoa de enfado fácil, rápido e continuo.

Es un rabión.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Rabizo

Mango de calquera ferramenta.

Rompeulle o rabizo do fouzo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rabuñar

Crear feridas superficiais coas unllas ou cunha planta espiñenta.

O gato rabuñoume a cara.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Raela

Raiola

Cando veña unha raela aproveito para ir aos nabos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Raigaño

Pedazo dun dente que inclúe a raíz.

O vello case non tiña dentes, só un raigaño.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ralura

Rarura. Espazo máis amplo do normal entre dúas cousas.

Había unha ralura na sebe e entraron as ovellas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rañar

Pacer moi a rentes a herba.

Este prado está moi rañado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ranfañada

Restos vexetais azoballados.

As vacas azoballaron a herba e deixaron unha ranfañada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rangoñar

Fungar, protestar.

Leva todo o día rangoñando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rangueiro (do carro)

Peza do carro con forma de Y que se poñía na parte dianteira para suxeitar os laterais.

Non botes a leña tan encima do rangueiro!

A Fonsagrada

Xestoso

Xestoso de Riba

Rangueliar

Xeito de andar cando se ten a cadeira mal.

Andaba rangueliando ata que o operaron da cadeira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rañón

Dise de alguén que non é xeneroso, que non dá aos demais, máis ben aprovéitase deles.

Era moi rañón; axudoulle a carretar o trigo e nin sequera o convidou!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Ransoñar

Protestar polo baixo, sobre todo cando tes que facer algo que non che apetece.

Non veñas ransoñando que non vas conseguir nada.

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Rapadoira

Especie de espátula de ferro que se utilizaba para limpar a artesa despois de quitar a masa do pan.

Trae a rapadoira que vou limpar a artesa!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Rapuñar

Coller moi a renques, ás veces tamén se refire a coller o que non é teu.

Rapuñou a herba a renques.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rasela (unha)

Pedazo de monte rozado no medio do que está sen rozar

Vese un mouriato naquela rasela

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Raxariar

Asomar algo o sol no medio das nubes

Que mourien..., a ver se raxarea algo...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rea

Conxunto de elementos colocados un detrás doutro.

Facede unha rea de patacas!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Reata

Parte do aparello das bestas. Corda coa que se ataba a carga sobre elas.

Ata ben a carga coa reata.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rebelaxe

Friaxe. Vento xélido.

Vén unha rebelaxe que non se para!

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Rebezo

Persoa que non se deixa guiar. Testán.

Este pequeno é moi rebezo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rebilbar

Xirar sobre si mesmo polo chan.

Deixa de rebilbar, vaste marear!

A Fonsagrada

Suarna

Llencias

Rebilistrado

Teas con estampados de cores moi rechamantes .

Ese vestido é moi rebilistrado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rebixir

Engurrar o nariz para mostrar desagrado.

Rebixiu o fucín cando lle ofreceron caracois para comer.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Reboutallo

Restos revoltos de algo que podía servir.

Do cestado de castañas, só quedou algo de reboutallo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rebullón

Volta que se dá apoiando as mans ou a cabeza no chan, deixándose caer sobre o lombo.

Andaban os rapaces a rebullóns pola rúa.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Recachar

Levantar unha parte do corpo.

Recachou as pernas e botou a correr.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Recadén

Xugada que vai na parte de atrás dun carro cargado, cando ten que baixar unha pendente.

Para baixar este carro hai que poñer unha recadén.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Rechozo (estar)

Reseco, pasado o momento bo para o seu consumo.

O millo está rechozo, non o comen as vacas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Recia

Que opón resistencia a un esforzo, a unha acción. Falto de suavidade no seu funcionamento.

Esta porta non cede, está recia.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Recua

Grupo de persoas ou animais que van unha detrás doutra

Cara a festa ía unha recua de xente.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Recuar

Ir para atrás

O coche recuou para deixar pasar a xente.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Recunear

Acción de repetir algo moitas veces.

O seu fillo non para de recunearlle ao pai.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Redrollo

Fillo máis novo da familia.

Cando non contaban ter máis fillos, chegou o redrollo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Redrumeira

Piteiro de árbores moi xuntas ou brotes que saen ao cortar unha árbore.

Esto é unha redrumeira, hai que cortar todo, deixar un só pé.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Refaxo

Prenda que se usaba antigamente e que se levaba debaixo da saia.

A miña avoa cando era nova usaba un refaxo.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Refolear

Moverse o vento circularmente.

Vaia como refolea hoxe o vento.

A Fonsagrada

Fonfría

Monteseiro

Refugar

Repugnar

Comín tantos figos que os refuguei.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Regalufo

Dise dun neno rechoncho, gordecho.

Está un neno ben guapo, ben regalufo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Regaña

Greta ou fenda nun corpo sólido.

Despois do terremoto, regañou a parede.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Regandixa

Greta ou fenda nun corpo sólido.

Víase o ceo por unha regandixa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Relar

Dividir en anacos moi pequenos unha cousa, mesmo ata facela po.

Para facer unha boa torta da avoa, Pepa sempre rela chocolate chaparro e logo derreteo a baño maría.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Relinchos

Secuelas

Quedáronlle relinchos da enfermidade que tivo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Relistro

Lóstrego

Caeu un relistro e fendeu o carballo.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Rello

Aparello feito de fíos e dunha peza, bastante gorda que se utilizaba para atar os toxos nos carros. Trelo.

Atei o carro co rello para que non caesen os toxos.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Reluscar

Relampar, caer relampos, relistrar.

Relusca, vai haber tormenta!

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Remaquiar

Negociar á baixa o prezo de algo que se compra.

Remaquiei a moto ata que ma deixou en catrocentos euros.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Remargarido (estar)

Esmorecido.

Non sei se estará enfermo, está remargarido.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Remelar

Forma de mirar de esguello.

Non remeles tanto os ollos. Non é para tanto...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Remingueita (unha)

Revingueita. Disputas caprichosas que acaban provocando rancor.

Tiña unha reminguita co vecín.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Remoer

Darlle voltas a algo.

Deixa de remoer e di a verdade.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Remole

Restos dunha fogueira aínda ardentes.

Saben moi ben os chourizos asados no remole.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Remollo

Órgano produtor de leite, en forma de bolsa, con varios tetos, que teñen certos mamíferos femias entre as patas posteriores.

Andaches tirando dos remollos daquela vaca e non conseguiches muxir nin un caldeiro de leite!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Renques (a)

Moi preto do chan ou da raíz.

Cortou a herba a renques

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Renxer

Son que se produce ao rozar dous obxectos.

A porta renxía ao abrila.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Repanchigado

Forma de sentar botando a barriga para diante.

Repanchigouse no escano.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Repenar

Quitar follas dunha planta deixando só as do ollo.

Repenou as verzas para darlles ás pitas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Repenuxado

Dise cando o pelo se pon teso e de punta a causa de sensacións como o frío, o medo, a repugnancia etc.

Estou algo repenuxado xa que vai frío

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Repunar

Provocar rexeitamento algo.

Repúnanme os chourizos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Resbilbar

Dar voltas sobre si mesmo polo chan.

Maruxa soñou que andaba a resbilbar pola braña adiante.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Resgar

Romper tirando desde dous puntos.

Resgou os pantalóns nunha silva.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Resiu (ao)

Ao frío da noite.

Deixou o burro ao resío.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Resollar

Descansar. Parar para coller aire cando estás facendo exercicio físico.

Traballou todo o día sen resollar

A Fonsagrada

Vilabol de Suarna

Airexín

Respigo

Ferida nos dedos.

Teño un respigo no dedo polgar.

A Fonsagrada

Monteseiro

Monteseiro

Restela

Garabullo fino que se che pode cravar.

Cravóuseme unha restela por ir á leña.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Restelo

Instrumento para separar o liño da estopa.

No museo da Fonsagrada hai restelos.

A Fonsagrada

Xestoso

Xestoso de Riba

Restre

Trenza que se fai cos allos, coas cebolas, coas mazarocas do millo etc., para penduralos.

Sementei uns allos e unhas cebolas tan boas para facer un restre con eles.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Restreba

Últimos produtos da horta recollidos na súa tempada. Última colleita que se lle sacaba á seara cavada o ano anterior.

Estas son as últimas restrebas da tempada.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Restroballo

Restos dalgunha colleita que quedan no chan.

Hai que recoller os restroballos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Resumido (estar)

Estar minguado.

Vai resumido de todo. Hai home para pouco tempo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Retorto

Retorcido

Tiña o cinto retorto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Retremer

Tremer un obxecto de maneira intensa e repetida.

O trono fixo retremer os cristais da casa.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Reubillar

Atropelar ou pasar por riba.

Reubillaron a Antonio.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Reubillo

Axudar, dar esmola, compartir.

O cura deulle un reubillo ao vagabundo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Revellida

Dise dunha persoa que está engurrada.

Vaia revellida está esa muller.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Rever

Diminuír de tamaño ou de volume.

As mazás foron revendo ao cocer.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Revillida

Dise do que ten moitas engurras.

Esa muller vaia revillida que está.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Revingueitas

Disputas caprichosas que acaban provocando rancor.

Os marcos das leiras provocaron sempre moitas revingueitas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rexirse

Valerse por si mesmo.

O avó de Carme réxese ben para os anos que ten.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Ribeirar

Andar rebuscando no que non se debe.

Que andas ribeirando!...Xa che dixen que non estaba aí!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rilar

Apertar os dentes uns contra outros metendo ruído.

Antón, co enfadado que estaba, vai ben cheo de rilar os dentes.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rileiro

Restos moi relados (herba, palla, leña). O que deixan os ratos ao comeren algo.

Ao pé da palleira queda moito rileiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rinchar

Son agudo ao rozar certos obxectos A voz das bestas.

O carro rinchaba coa carga.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ringo

Prenda de roupa que se utiliza por enriba da camiseta , xersei.

Púxose o ringo antes de saír pasear.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Ripia

Madeira que vai por debaixo das lousas.

Xa puxeron a ripia, só falta a lousa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Risadas

Golpe de risa, manifestación sonora e prolongada da risa.

De repente Marcelo botou unhas risadas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Riscar

Trazar riscos (raias). Acender mistos.

Risca nunha pedra.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rixoso

Referido ás persoas ociosas, que non teñen gana de traballar e non toman o traballo en serio.

Tes moito rixo, pero hai que traballar!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Roca

Pau onde se enrola a la e que se utiliza para fiar.

Collín a roca para fiar.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Rocho

Lugar ou cuarto pequeno onde se gardan trastes, ferramentas, etc.

Gardaba as vasoiras nun rocho debaixo das escaleiras.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Rodeada

Lugar que está delimitado ao redor dun punto ,contorna.

É a árbore máis grande de toda a rodeada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Rodez

Peza do muíño/ Perímetro dunha persoa.

No Museo hai unha rodez dun muín.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rodo

Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo ou unha peza plana de metal.

Quitou as brasas do forno co rodo.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Roncellar

Escatimar, aforrar con ruindade.

Quen roncellan es, non me convidaches a un café!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Roncexar

Respiración ruidosa, dificultosa.

Ese cocho debe estar enfermo, non para de roncexar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ronquilla

Peza da gaita, dividida en tubos, máis pequena que o roncón.

Considérase que a gaita galega xa usaba no século XIII o ronquilla.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Aldomán

Rouca (tar)

Dise de alguén que perdeu algo ou case de todo a voz.

Ten moito catarro, está rouca.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rouchar

Mastigar algo verde ou consistente facendo ruído.

Non para de rouchar castañas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rougaño

Obxecto natural pequeno e de mal aspecto. Por extensión, tamén persoas.

Collín uns rougaños que botou a pereira da horta.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Lamas de Moreira

Rouñeira

Zona con moitas pedras, pedregal.

Ao baixar a rouñeira tropecei coas pedras.

Grandas de salime.

Malneira

Malneira

Roupiega (unha voz)

Afectación da voz.

Non se recuperou, anda coa voz roupiega.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Roxón

Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración do pingo.

Derretemos os roxóns a semana pasada.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Rozada (unha)

Un terreo rozado dunha vez.

Plantaron castañeiros naquela rozada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rubegar

Cor rubia que se percibe das cereixas maduras, flores, etc.

Xa rubegan as cereixas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rubela (a)

Arbusto. Tipo de carpaza.

As abellas están moi aguciosas na rubela

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rubién (unha)

Rubiés. Reflexos vermellos ao pórse o sol.

Onte houbo moita rubién.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rucho

Berce sen patas, para os nenos máis pequenos.

Deixa o neno no rucho que agora dorme.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Lamas de Moreira

Ruín

Malo

Fulano é moi ruín, ninguén quere saber del.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ruiñallo (ser)

Algo que é menos bo do normal. Tamén un neno que non é bo.

É ruiñallo, pero aínda lle fan caso.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rumiallo

Contido da boca do ruminante. Por extensión, bocado que se leva mastigado moito.

Neno, traga ese rumiallo que tes na boca!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Rusca (andar de)

Ir de festa.

Adrián e Cristian foron de rusca o outro día.

Grandas de Salime

Grandas de Salime

A Reigada

Rustrido

Condimento que se prepara fritindo con aceite ou manteiga diversos ingredientes como cebola, pemento ou allo.

Botáchelles o rustrido as patacas con feixóns!

A Fonsagrada

Freixo

Ferreira de Abaixo

Ruxida

Ruído.

Non oio nada, fai moita ruxida.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Saba

Peza de tea que se pon na cama, debaixo das mantas.

Teño que mudar as sabas da cama.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sabandixo

Bicho que non se chega a identificar porque non se viu, tipo sapagueira...

Será calquera sabandixo ou rato, non te vai comer.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sabicheira

Persoa que quere sabelo todo.

María é unha sabicheira, pasa os días preguntando sobre todo o que acontece e o que se fala.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarmeán

Sabicheirar

Falar mal de alguén ou dalgunha cousa, dicir cousas que prexudiquen a boa reputación daquel ou daquilo do que se fala.

Para de sabicheirar que ese non che importa.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Sabruñon

Dise de algo moi áspero ao tacto, que rasca . Dise das mans moi ásperas, coa pel moi escamosa.

Ese mango está moi sabruñón, hai que cepillalo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sacudillón

Sacudida forte.

Déronlle un sacudillón e reaccionou.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Saín

A graxa da la.

Aos rapadores quédanlles as mans cheas de saín.

A Fonsagrada

Allonca

Allonca

Salagre

Dise de alguén ou algo bruto, rudo, desagradable, desapracible.

Hoxe está un tempo salagre. Este home era moi salagre co can.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Sámago

Parte exterior dunha árbore.

O carballo aquel tiña o sámago todo podre.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Sangomada (unha)

Supuración dunha ferida.

Ao destapar a ferida, tiña unha sangomada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sangrón

Coitelo para matar os cochos.

Afíame o sangrón para matar os porcos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Sapagueira

Anfibio de corpo negro e manchas amarelas, píntega.

A moita xente non lles gustan as sapagueiras.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Sapuada

Caída brusca, case como a corpo morto.

Que sapuada levei!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sarabullada

Erupción cutánea.

Pasei polas ortigas e saíume unha sarabullada nas pernas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Sargón

É como un colchón, cheo de follón. Leva varias pequenas aberturas para meter as mans dentro e amañar a folla.

O sargón Ía debaxo do colchón de la

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sebe

Tipo de peche dunha leira feito con estacas cravadas e xesta trenzada entre elas.

O horto tiña unha sebe todo arredor.

A Fonsagrada

Vieiro

Vieiro

Seda (unha)

Pequena ferida alongada e fina, en xeral, nas mans.

Saíulle unha seda na man e doíalle moito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sedarse (os dentes)

Facer que os dentes produzan un ruído característico ao rozaren uns contra outros.

Sedaba os dentes coa rabia.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Seimeira

Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga.

Fun camiñando ata a seimeira de Vilagocende.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Sella

Recipiente de madeira que se utilizaba para carretar a auga.

Levaba a sella na cabeza e non lle caía gota de auga.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Lamas de Moreira

Setembra (a)

Carpaza que florea por setembro. Moi estimada polas abellas

Por ese monte hai moita setembra.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Si por non

Cando che insisten moito coa comida e non queres máis respóndese esta expresión.

Queres comer máis? Si por non...

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Xestoso

Sieiro

Frío da tardiña.

Vai un sieiro!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Silandeiro

Que non se nota, que pasa desapercibido, sixiloso.

El era moi silandeiro.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Siñerdá

Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra.

Tiña siñerdá da Fonsagrada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Soberguer

Levantar algo unha cousa

Hai que soberguelo co pauferro para poder agarralo

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sofraxe

Sufraxe. Parte de atrás dos xeonllos.

Dóenme as pernas polas sofraxes.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sogar

Atar as mulidas que se poñían na cabeza das vacas cando se xoncían.

Ata ben as mulidas, que non se solten!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Soleira

Peza de pedra ou doutro material colocada na parte inferior do oco dunha porta ou ventá.

Puxen o flan a arrefriar na soleira da ventá.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Sollado

Dise do chan ou outra superficie cuberto dalgunha cousa.

Ventou e está o chan sollado de ourizos das castañas.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Sollar

Poñer un material no chan.

Onte estiveron sollando a cociña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sollío

Dise das zonas onde dá o sol fortemente. Ladeira sur dun monte.

Gústalle pasear por lugares sollíos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Son (a)

A carón. Ao lado de algo ou alguén.

Sentouse a son da porta

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Sopetón (de)

De repente.

Ninguén contaba con el, apareceu de sopetón

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Sopozado (estar)

Empozado. Estar nun lugar máis baixo

Aquel prado estaba sopozado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Soprón

Tubo longo para axudar a acender ou avivar o lume da lareira.

Trae o soprón que se apaga o lume!

A Fonsagrada

Fonfría

Vieiro

Sorodo

Cereal de tarde (labrado na primavera). Neno que nacía moi separado de seus irmáns

Este ano botamos trigo sorodo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sorteiro

Persoa con coñecementos de medicina natural a quen se lle atribúen poderes sobrenaturais, que realiza curacións, adiviña o porvir etc.

Á noite saen os sorteiros.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Sotremer

Retremer

Sotremían as táboas cos saltos do baile.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Souria

Exceso de calor e seca. Normalmente en exclamativo: que souria!

Esta souria acaba con todo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Soutar

Apañar do chan as castañas que caen dos ourizos.

Este ano soutei moitas castañas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Souto

O conxunto de castañas caídas no chan.

Onte fixo moito vento, vai haber moito souto.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Suco

Amontoamento lineal da herba.

Os gadañadores ían deixando a herba en sucos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sudes (as)

Substancia líquida, composta de auga e ácidos orgánicos, que segregan certas glándulas da pel a través dos seus poros, suor.

Non poñas esa camiseta que cheira ás sudes.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Sufica

Apoio diagonal para postes, en pé dereito para forzas verticais

Estes postes precisan suficas senón non aguantan

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sufraxes

Parte interior e inferior da coxa.

Ferírono nas sufraxes.

A Fonsagrada

Fonfría

Fonfría

Sumia

Desaparición de algo ou alguén sen explicación.

Outro día miña avoa pillou un desgusto pola sumia das galiñas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sumirse

Deteriorarse fisicamente.

Sumiuse moito, logo non queda nada del.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Sumulir

Meter algo por debaixo de persoa, animal ou cousa

Hai que sumulirlle algo, está o campo moi frío

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Supalar

Levantar algo unha cousa.

Os xatos supalaban no remollo cando mamaban.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Surcir

Coser un roto entrecruzando fíos.

Surcín o pantalón que rompín o outro día.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Tabasa

Peza de madeira para pechar unha porta

Levantou a tabasa para abrir a porta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tacón

Remendo

Puxo un tacón aos pantalóns.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tacuar

Remendar

Tes que tacuar os pantalóns.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tafo

Cheiro forte, desagradable.

Que tafo! Non se para.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Talabarte

Persoa con pouca maña.

Non lle fagas caso, é un talabarte!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Talega

Tamén farraca ou souteira. Especie de bolsa que se ataba á cintura e que se utilizaba para ir metendo as castañas soltas (destelos).

Había moitas castañas, encheu enseguida a talega.

A Fonsagrada

O Trobo

Vilaframil

Tallar

Cortar un obxecto.

Tallou un pedazo de pan.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Tallolo

Tronco sobre o que se pica a leña.

Vaia tallolo teño aí para facer leña.

A Fonsagrada

Proba de Burón

Proba de Burón

Tambainada

Golpe coa man, losquiada.

Deulle unha tambainada por comerlle os caramelos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tanganiar

Andar dun lado para outro sen obxectivo, de vagar.

Vale xa de andar tanganiando por aí, ponte a facer algo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Taolla

Táboa que hai á entrada do hórreo onde nos apoiamos para abrir.

Pousa as cebolas na taolla que hai que abrir a porta do hórreo.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Tapacuña

Tranca ou lousa coa que se tapaba unha presa ou ougueiro.

Acabou a quenda de auga, pon a tapacuña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Taporretre

Persoa pequena e gordecha.

Fulano é un taporrete.

A Fonsagrada

Vilabol

Airexín

Tarambaina

Atoleirado. Insensato. Chalado.

Es unha tarambaina!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tarantina

Ter unha rutina dicindo ou facendo que cansa aos demais.

Tesme farta con esa tarantina, cala algo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Taroco

Anaco de madeira para o lume.

Trae un taroco para o lume.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Tarrén

Superficie pola que camiñamos, chan.

Caeu polo tarrén.

A Fonsagrada

Allonca

Pántaras

Tarreu

Chan que pisamos.

Caeu o vaso para o tarreu.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Teaxe

Capa ou película moi fina que recobre ou une certos órganos.

A teaxe do ovo está por debaixo da casca.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Tego

Peza de madeira semellante a un caixón máis longo que ancho que ten 1 tego de capacidade (1 tego = 1/2 tega)

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Tendal

Mesa onde se lle dá forma ao pan antes de metelo ao forno.

Estiven dándolle forma ao pan no tendal.

A Fonsagrada

Proba de Burón

Proba de Burón

Tendelada

Cantidade de cousas estendidas sobre o chan.

Temos unha boa tendelada de herba...Que non veña unha tormenta!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tenreira

Dise da vaca cando acaba de parir.

A Marela está tenreira, o seu leite non vale para tomar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tentemozo

Parte do carro: pau no que se apoiaba a cabezoalla.

Rompeu o tentemozo, hai que poñerlle outro

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Ter mau de algo

Agarrar ou suxeitar algo.

Ten mau da bolsa que vou comprar o pan.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Ter o azogue

Non poder parar quieto.

Para xa, parece que tes o azogue.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Ter os nenos na cinza

Ter os nenos pequenos.

Cando tiña os nenos na cinza, andaba rebentada de traballo

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Tero

Capa fina de xeo que se forma en superficies molladas ao baixar as temperaturas.

Hai moito tero, anda con coidado.

Negueira de Muñiz

San Salvador de Negueira

Bustelo de Murias

Terque

Persoa teimuda.

Non o vas convencer, é moi terque.

A Fonsagrada

Allonca

Pántaras

Terrexido

Noxo ou grima cara algo.

Non fagas iso cos dedos, que me dá terrexido.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Terrexiu

Dar grima algo.

Ese son punzante dáme terrexiu.

A Fonsagrada

Santo André de Logares

Graña de Chao de Fornos

Térselle ás quirinas ou crinas

Enfrontarse a alguén de xeito desafiante.

O galo vello é moi bravo, pero o novo ténselle ás quirinas

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Teso

Monte de cume alongado.

Estaba subido no alto do teso.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Tiaxe

Membrana moi resistente que envolve os músculos (as fascias).

Quítalle esa tiaxe á carne.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tinxido

Dexobado cun tizón, sarrio etc.

Ten coidado coa tixela, non a collas por debaixo que está tinxida.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Tirrio (estar)

Moi tirante.

O fío ten que estar ben tirrio.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tirrixiu

Terrexido

Non raies na parede que me dá tirrixiu.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tisnado (estar/ir)

Dexobarse cun tizón, sarrio etc.

Estivo limpando a cheminea e acabou todo tisnado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tixela

Utensilio de cociña no que se friten os alimentos.

Colleu a tixela para fritir os ovos.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Tocar o violo

Molestar a alguén.

Que pesado é, non para de tocar o violo!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Toldado

Turbio.

O río vai toldado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Toledarse

Parar quieto.

Este neno é hiperactivo, non se toleda.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Tolleita

Alguén con parte ou todos os seus membros privados de movemento.

Déronlle tantos golpes que a deixaron tolleita.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Toma

Aparello de ferro que vai enganchado ao tractor e ao apeiro para facelo funcionar.

Onte dobroume a toma desbrozando.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Tomado (estar)

Estar un pouco bébedo, peneque.

Fulano estaba un pouco tomado, bebera uns viños.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tondiar

Andar dun lado para outro sen dirección fixa.

Anda tondiando todo o tempo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tondieira/Tondioa

Dise dunha persoa que sae sen rumbo fixo.

Esa é unha tondioa, non sabe nunca para onde vai.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Torgarse

Atragoarse.

Non comas iso que aínda te vas torgar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Torluz

Trasluz

Non levou susto porque o viu vir ao torluz

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tornar

Ter coidado de algo, p ex: impedindo que os animais o coman.

Torna as vacas das patacas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Torrón

Masa compacta de terra, pode ter certo tamaño. O que se voltea coa axada na cavada.

Aí non medra nada. Hai moitos torróns.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tortura (unha) (ter/haber)

Unha torcedura en algo, fío, cana, pau,arame..

Esa cana, con esa tortura, non vale

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tortuxo

Dise de alguén a quen non se lle dá ben ningunha cousa.

Ten 35 anos e non traballa, é un tortuxo de moito coidado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Torva (a)

Aire que anuncia as tormentas de verán

Vai vir tormenta, xa vén a torva.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Toupeira

Cavidades que escavan os toupos no solo.

Este prado ten moitas toupeiras.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Toupizo

Persoa pequena e gordecha.

É un toupizo!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trabancos

Trastes, cangos grandes.

Non se podía mover polo faiado, había moitos trabancos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trabeira

Estante cunha táboa soa.

Puxo unha trabeira na cociña para poñer cousas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trabeiro

Viga delgada de madeira que se poñía antigamente nas casas para atrancar a porta.

Pasa o trabeiro que xa é de noite.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Trabelo

Pecho rústico, polo xeral formado por unha soa peza de madeira que xira sobre unha punta cravada no centro.

Pecha a porta co trabelo antes de te deitar.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Trade

Utensilio utilizado para facer zocos.

Derramóuseme o trade e non puiden facer os zocos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Trameixada

Trexugada, trasnada grande.

Non lle gustan as trameixadas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tramoias

Persoa mentireira.

Es un tramoias, non dis unha verdade.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Trangallada

Dise de algo que non serve para nada.

Iso que estás facendo é unha trangallada.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Trangallán

Persoa sen palabra.

Pepe é un trangallán.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Liñares

Trapela

Trampa de madeira que se utiliza para cazar animais pequenos.

Púxolles unha trapela ás perdices.

A Fonsagrada

San Pedro de Maderne

Maderne

Traveira

Trampa para ratos.

Comprei unhas traveiras para liquidar os ratos que teño no faiado.

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Trebello

Trampa de ferro que se utiliza para cazar animais máis grandes.

O xabaril caeu no trebello.

A Fonsagrada

Santo Antonio de Vieiro

Vieiro

Tréfego

Fresco, cun ton de verde especial.

Merquei leitugas tréfegas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Treixuadas

Dores intensas de barriga.

Onte á noite pensei que non era quen de adormecer polas treixuadas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Trelo

Corda longa e grosa coa que se ata a carga nos carros. Rello.

Aperta ben o trelo para que non caia a herba.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Trembar

Tremer co frío, co medo etc.

Trembas co frío, ven quentarte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trémbora

Terreo, xeralmente cuberto de herba, en que nace auga e que se move ao pisalo.

A Fonsagrada ten prados cheos de trémboras.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trembosía

Tremor fino, persistente.

O avó ten unha trembosia que case non pode comer

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trempado (estar)

Nin frío nin quente.

Gústalle o café trempado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trempanza

Situación de fresco respecto á temperatura que viña habendo.

Notábase a trempanza ao entrar na bodega.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trempeiro

Boa disposición da terra para plantar.

Hai que botar os nabos que xa hai trempeiro.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Trenta

Ferramenta utilizada usualmente na agricultura con tres dentes de ferro.

Colle a trenta e recolle a herba seca.

A Fonsagrada

Fonsagrada

Fonsagrada

Trepia

Ferro con tres pés para colocar potas ao lume.

Tráeme a trepia que vou poñer a pota ao lume.

A Fonsagrada

Paradavella

Chaín

Trespinchar

Dar a volta completa. Pinchacarneira.

O neno trespinchaba polo prado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trespintado

Facerse descoñecido de cara.

Case non coñezo a María, estaba trespintada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tresvelar

Durmir un sono moi lixeiro.

Tresvelei un pouco á hora da sesta.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Trexugada

Acción coa que pretendes meterte con alguén. Especialmente dáse nos nenos.

Mira esa trexugada que fixo xogando o partido.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Trexugado/a

Dise da persoa que é moi pícara, traste.

Ese neno é moi trexugado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Trillado

Estar mallado. Con dor de pés por andar moito.

A vaca chegou á casa trillada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trilleiro

Acumulación de restos miúdos de diversas orixes.

Vaia trilleiro que armaches coas faragullas do pan!

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Trincón ( dar un)

Dar un tirón seco.

Deu un trincón e quitoulle a carteira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tripar

Pisar algo ou alguén.

Ten coidado, non me vaias tripar.

A Fonsagrada

Allonca

Allonca

Tristura

Dise da tristeza que o envolve todo, que non se vai.

Que tristura de día....esta pezurga....

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trizarse

Pequenas pelexas entre pequenos (animais ou nenos).

Estes ranchos están moi arrabuñados, sempre están trizándose.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trobo

Colmea para abellas fabricada co tronco dun castañeiro baleiro.

Teño un cortín con quince trobos.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Trollado

Dise cando unha persoa está moi cansa e con maniotas.

Estou trollado de traballar.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Trolleiro

Restos que deixan de comer os animais.

Estes cochos non son comedores, sempre teñen trolleiro no baño

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trollo

Apeiro semellante a un angazo que se utiliza para desfacer os torróns e achandar a terra.

Leva o trollo para a leira que imos fresar a terra.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Trompizo

Garabullo pequeno e gordo.

Trae uns trompizos para o lume.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Troncas

Tronco moi gordo, especialmente o dos castañeiros fradados.

Que troncas teñen estes castañeiros!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tronchar

Romper de golpe calquera vexetal.

Pasou tronchando os repolos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tronzar

Cortar co tronzador.

Tronzou o carballo para facer leña.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Trouso (un)

Un amontoamento de algo, normalmente neve.

O vento deixou uns trousos de neve ben grandes.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tulibán

Persoa que non fai nada ao dereito, tola, arriscada.

Ese parece un tulibán

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Tulla

Arca grande de madeira ou doutro material para gardar a gra ou outras cousas.

Subiron o millo ao hórreo e gardárono na tulla.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Tumio (estar)

Avultamento na pel, duro e vermello provocado por unha inflamación local.

Está moi tumio, logo vai reventar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tuña

Arca grande de madeira ou doutro material para gardar a gra ou outras cousas.

Subiron o millo ao hórreo e gardárono na tuña.

A Fonsagrada.

Piñeira

Goxe

Tupir

Cerrar nalgún punto un conduto ou vía mediante materiais sólidos acumulados no seu interior.

Non botes tanto papel no water que tupe.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Tupizo

Anaco de terra que se levanta co arado ou anaco inusual de tea nunha prenda de roupa.

Quedaron moitos tupizos na horta cando catamos as patacas. / Moitos tupizos tes no xersei novo que mercaches!

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Turriar

Golpear cos cornos ou coa cabeza.

Non te achegues á Marela que te pode turriar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Turtullo (un)

Envolvedura nun fío ou corda.

Este fío non me vale, ten moitos turtullos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Turtullu

Facho de palla pequeno e retorcido, en forma de bóla empregado para fregar a prancha da cociña de leña.

Fixen un turtullu e, con area, freguei a prancha

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Turula

Pequena presa que se fai para desviar parte do caudal do río.

Fixo a turula para levar a auga para o prado.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Tuxar

Movemento brusco que fai o xato coa cabeza para mamar.

O xato tuxa moito.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Ubreirada

Cuadrilla de obreiros.

Tiña unha ubreirada para cavar.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Un pobre cheo de papas

Alguén que se cre moito e non ten nada.

Dende que lle tocou a lotería é un pobre cheo de papas.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Un tanto que/Un tanto como nada

Un pouco.

Non me botes moito café, un tanto que namais.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Untar a badana

Darlle unha malleira a alguén.

A ese rapaz hai que untarlle a badana.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Queixoiro

Urizolo

Vulto que sae na pálpebra.

Saíume un urizolo e dóeme moito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Vaia belén!

Expresión que se utiliza cando hai algún problema.

Agora quedou todo ciscado no chan, vaia belén!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Vaite amodo

Vai lento, con precaución.

Vaite amodo que quero chegar á casa.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Valicato

Val pequeno, pouco profundo.

Foi polo medio dese valicato.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Varexar

Varear un árbore para baixar a froita.

Foron varexar os castañeiros.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Vargo

Estaca que se crava para suxeitar a sebe.

Hai que poñerlle máis vargos a esta sebe.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Varredallo

Acumulación de restos despois de varrer.

Bota o varredallo na bolsa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Vasoiro

Instrumento para varrer feito con xestas.

Recollín unhas xestas para facer un vasoiro.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Vaxixa

Recipiente cóncavo que se utiliza, sobre todo, para conter líquidos ou alimentos.

Tráeme outra vaxixa que esta xerra logo vai chea...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Velar

Observar a alguén, procurando non ser visto.

O gato estivo velando un rato durante un tempo, antes de collelo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Vella do ollo solo (a)

Insecto que só sae de noite e que emite unha luz verde.

Aí vén a vella do ollo solo!

A Fonsagrada

Piñeira

Goxe

Ventar

Ter presentimento ou intuición sobre algo.

Eu xa ventaba que ía chover

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Ventarada

Refacho de vento.

Veu unha ventarada de aire e levoume a roupa que tiña ao clareo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Ventelada

Refacho de vento.

Levoulle o pano unha ventelada de aire.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Veo

Manivela.

Para afiar ben os coitelos na moa hai que dar moito ao veo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Vereda (estar)

Refírese ao tempo atmosférico que vai, sen especificar.

Con esta vereda non se pode saír...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Vergallo

Aparello reprodutor masculino dun animal. Ás veces emprégase co sentido de látego.

Fai anos empregaban o vergallo para baterme nas costas.

A Fonsagrada

Fonfría

Barbeitos

Vergoncillón

Que ten falta de vergoña.

Non lle importa meter a xente en apuros, é un vergoncillón.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Verquer

Saír o líquido dun recipiente.

Verqueu o caldo por fóra da ola.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Veus

Trenzado feito con varas para suxeitar a palla nos palleiros.

Está poñendo os veus ao palleiro, pouco lle falta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Viandeiro

Lugar ao que dan as manxadoiras e contén os vexetais que se lle administrarán aos animais.

Entrei no viandeiro para preparar as racións a dar ás vacas.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Vidallas

Parte da cara das persoas que se sitúa a cada un dos lados dela, na parte superior.

Os golpes nas vidallas son moi perigosos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Vieita (unha)

Furúnculo.

Esta vieita moito me doe.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Viorto

Atadura curta de palla ou ramallos.

Atou o feixe cun viorto de biouteiro.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Viruxe

Vento particularmente frío e desagradable.

Fai unha viruxe na Fonsagrada que non me presta saír a pasear...

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Visarma

Esaxeración de cousas ou de palabra grande.

Non lle fagas caso, é unha visarma!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Viso

Prenda de roupa que poñían as mulleres por debaixo da saia.

Non levaba viso, víaselle todo!

A Fonsagrada

San Martín de Arroxo

Novío

Víspora

O día de antes. Véspera.

Fun por alí a víspora da festa.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Volada (ir dar unha)

Ir dar unha volta.

Vou dar unha volada, a ver se as pitas puxeron

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Volandeira (estar ou ser)

Lixeira, áxil, rápida nunha actividade ou movemento ben sexa unha persoa ou unha máquina.

Acaba enseguida de facer todo, é unha volandeira.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Volero (ir dar un)

Ir dar unha volta.

Vou dar un volero, a ver se madureceron as peras

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Vorto

Rama moi flexible (xesta, palla.....) empregado para atar un feixe. Viorto.

Rompeume o Vorto e esfargallouseme o feixe

A Fonsagrada

Sto André de Logares

A Graña de Chao de Fornos

Vurullón (un)

Acumulación informe de cousas.

Tiña toda a roupa nun vurullón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xabastrada (unha)

Algo fóra do normal, desmesurado.Pode ser chuvia torrencial de corta duración,un traballo...

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xagaz

Persoa sutil, intuitivo, agudo.

Tiña solución para todo, era moi xagaz.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xandra

Ataque de tose.

De tanto rir acabou por darlle unha xandra de tose.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Xaora

Claro que si. Por suposto.

Queres comer?... Xaora.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xarampín

Sarampelo. Enfermidade infecciosa.

Non fora á escola porque tiña o xarampín.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xaraveliar

Oscilación no que debía ser unha traxectoria recta.

Quedou o rego torto, as vacas non paraban de xaraveliar

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xarriar

Intentar facer algo que non sae.

Leva toda a mañá xarriando e non se lle ve nada feito.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xatear

É a acción de facer monadas, sen ton nin son.

Os rapaces comezaron a xatear esperando polo mestre.

A Fonsagrada

San Martiño de Arroxo

Brancio

Xatuada

Golpe que dá o becerro no ubre para que baixe o leite.

Para poder mamar ten que dar unhas xatuadas.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Xatuada (unha)

Facer un labor con moito ímpeto e escasa duración.

Vaia xatuada fixeche! Agora xa podes deitarte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xebradallo

A parte menos importante que se separa do resto.

Non se deron ben as fabas, tiñan moito xebradallo.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xebrar

Separar.

Xebrou os xatos.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Xeira

Traballo. Esforzo que custa facer algo.

De aquí a alí, aínda hai unha boa xeira.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Xelada

Fenómeno atmosférico que se produce cando xea e se dan temperaturas inferiores a cero graos, polo que se conxela a auga. Xeada.

Vaia xelada cae na Fonsagrada!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xelar

Xear

Xelou esta noite.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xeneta

Apuro

Vaia xeneta levache!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xenreira (ter)

Certa rivalidade contida, mantida no tempo, en persoas e animais Rancor.

A Marela tenlle moita xenreira á Pinta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xerga

Gandaina, lecer.

Gústalle moito a xerga.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xesta

Planta da familia das leguminosas con flores amarelas ou brancas.

Imos cortas unhas xestas.

Grandas de Salime

Grandas

Grandas

Xineta

Xeneta. Mamífero carnívoro con franxas claras e escuras.

Comeu as pitas a xineta.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xiprar

Emitir un son agudo deixando pasar aire polos beizos case cerrados.

Esa rapaza aprendeu a xiprar de ben pequena.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Xipro

Instrumento que produce un son agudo ao poñelo nos labios e soprar, chifre.

Trae o xipro que imos xogar un partido.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Xisguada(unha)

Dor breve, aguda e repetida. Fisguada.

Teño unha moa picada, danme uns xisguadas nela!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xistra

Conxunto de choiva e vento forte e frío.

Vaia xistra que fixo hoxe! Mañá vai volver chover e facer moito vento.

A Fonsagrada

San Pedro de Neiro

Mazaeda

Xoncer

Xunguir. Atar dous animais un ao outro para tirar do carro, do arado, etc

Xonceu as vacas para traer o carro.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Xostra

Xesta ou conxunto de xestas que se utilizaba para afalar o gando ao darlle a alguén.

Vouche dar coa xostra como non apartes.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

San Martín de Suarna

Xostrada

Golpe dado cunha xostra.

Deulle unha xostrada á vaca no lombo.

A Fonsagrada

Freixo

Freixo

Xota

Rama pequena que brota logo de cortar unha árbore.

Aínda lle saíu esa xota un ano despois de cortalo.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Xuilín

Mes de xullo.

Van ir para a vila en xuilín!

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Xuio

Mes de xuño.

O San Xoan é en xuio.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Xungas

Planta que nace preto das lameiras, de aspecto verde e alongado e utilizábase como xogo para os nenos trenzando varios exemplares.

Os nenos pasaban a tarde trenzando xungas.

A Fonsagrada

Lamas de Moreira

Paradiñas

Xungo

Planta que nace preto das lameiras, de aspecto verde e alongado. Utilizábase como xogo para os nenos trenzando varios exemplares

Os nenos pasaban a tarde trenzando xungos.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Lamas de Campos

Zaino

Persoa folgazá que intenta que non se note.

Parece traballador, pero é moi zaino.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zambexuada

Unha cantidade de auga que cae ou que se lanza.

Tiroulle unha zambexuada de auga e púxoo pingando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zampullada

Caída.

Esvarei e levei unha boa zampullada.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zampurriada

Golpe forte que dá unha persoa ao caer ao chan.

Levou unha boa zampurriada.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Zapar

Andar meténdose en todo.

Ten que andar sempre zapando.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zapata

Socalco

Nese terreo tan costo só se pode traballar en zapatas.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zape (un)

Un chasco.

Convideinos a café e acabárao... Levei un zape!

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zapexuada

A auga que salta para as pernas ao pisar unha poza etc.

Con esta zapexuada dexobei os pantalois novos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zapón/zapoa

Que se entremete en asuntos alleos.

É tan zapón que parece que só se ocupa das cousas dos máis.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Zarabeto

Que pronuncia o s como z.

O rapaz é algo zarabeto.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilarín de Baxo

Zaragato

Faragato.

Quedaban só uns zaragatos dos cachos que cocín onte.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zaramoño

Persoa mal amañada.

Vai feito un zaramoño, eu así non vou con el.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zarampallo

Bandallo ou trapo pequeno.

Cubre as cestas cun zarampallo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Zarandada (unha)

Cantidade de líquido que se lanza.

Mandoulles unha zarandada de auga aos ervellos.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zarapallón

Persoa moi pouco ordenada e perfeccionista.

Meu tío é un zarapallón.

A Fonsagrada

A Fonsagrada

A Fonsagrada

Zarrapiscar

Salpicar.

Zarrapiscoulle, de broma, un pouco de auga.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zolado

Dise dunha prenda de roupa un pouco dexobada en certas zonas, polo uso.

Non poñas a camisa que está zolada no pescozo.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Zoldra

Capa de neve moi branda na que é moi doado esvarar.

Marta ía camiñando pola neve e case cae por culpa da zoldra que quedaba na beirarrúa.

A Fonsagrada

Lamas de Campos

Vilarmeán

Zoupón

Persoa torpe.

Non sabe andar polo mont, é moi zoupón.

A Fonsagrada

Fonfría

Ferreirous

Zulibato/a

Persoa de certa idade que non casou.

Chegou aos cincuenta e non casou, é un zulibato.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Zunado

Que persiste obstinadamente nunha idea ou en facer algo.

Non se pode con el, é moi zunado.

A Fonsagrada

San Martín de Suarna

Vilagocende

ANT. SEG.