MENÚ

Constante da Valiña

Constantino Fernández Castelao

Vilar de Calvos, 1930

Nace en Vilar de Calvos, parroquia de Carballido. Vive na casa da Valiña traballando de labrego toda a súa vida. Empezou a tocar, coma todos os gaiteiros da comarca, con pipas de centeo e de castiñeiro. Gran admirador dun gaiteiro da súa parroquia, enseguida se lle espertou o interese por aprender a tocar a gaita. Finalmente consegue unha que lle fai Manuel da Muíña, o mesmo que fixera a de Siderio de Vilarmide. Fai dúo con outro gaiteiro da parroquia, Alberto Rodríguez, “o Caramocho” e con el percorren as festas e polavilas daquela zona da Fonsagrada e da Ribeira de Piquín ata 1951 que teñen que incorporarse ao servizo militar. Remátada a mili, no ano 1954 volve e con outros catro pasa a formar o quinteto “Os Acevedos” con Siderio de Vilarmide (tamén gaiteiro), Paulino de Gonzais (clarinete), Angelito de Pardo (bombo) e Manolo de Leonardo (caixa). A finais de 1955 o quinteto desfaise porque parte deles vanse para a emigración e Constante casou e deixou de tocar a gaita. 40 anos máis tarde volve collela, animado por Siderio e con el e outros participa en numerosas gaitadas.

Bibliografía e webgrafía

-VV. AA: Siderio de Vilarmide. Desiderio Sampayo Rico. Editorial Canela. Tradición oral.  Setembro 2015

ANT. SEG.