Igrexas e capelas
As vinte e nove parroquias que ten o Concello da Fonsagrada dan para un rico patrimonio de igrexas e capelas, que foron descritas nos anos 70 do pasado século no "Inventario artístico de Lugo y su provincia" incidindo no o seu valor artístico. Coñecer ese patrimonio é o primeiro paso para concienciarnos da necesidade de protexelo e conservalo.
A partir do INVENTARIO ARTÍSTICO DE LUGO Y SU PROVINCIA publicado en 1976, Miguel A. Álvarez Pérez fai unha compilación da información sobre o Patrimonio do Concello da Fonsagrada, relacionado con igrexas, capelas e algunha outra edificación das distintas parroquias e aldeas.
A parte da importancia da información artística e descritiva, permítenos coñecer o estado no que se atopaba ese patrimonio nos anos 70, algo moi a ter en conta en moitos casos, se o comparamos co estado actual, para ver a urxencia de actuar e favorecer a súa conservación.
Acompañada dunhas fotos excelentes, cremos que pode ser un instrumento moi útil para coñecer máis a fondo ese patrimonio.
Preme na ligazón máis abaixo para consultar ese traballo

Autoría:
Dos textos:
-Da introdución: Responsables da páxina
-Do artigo anexo: Miguel A. Angel Pérez
Das fotos: Miguel A. Pérez